InicioPolíticaA Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos na cidade “bloqueados” polo goberno municipal de Abel Caballero, e puxo como exemplo o centro de asociacionismo, cun investimento previsto de 20 millóns de euros.

Nunha comparecencia ante os medios diante do edificio do antigo xulgado, onde se ía construír esa dotación, Ana Ortiz sinalou que o bloqueo dese proxecto (cuxa obra foi licitada pero non chegou a executarse porque o Concello suspendeu a licenza outorgada) é “o exemplo máis evidente da política de destrución do alcalde”.

Agora, o TSXG deulle a razón á Xunta e concluíu nunha sentenza recente que o Concello non debía ter suspendido a licenza, pero “os danos xa están causados e son irreparables”. De feito, o goberno galego estuda reclamar os custos á administración municipal, xa que tivo que resolver o contrato e indemnizar a empresa adxudicataria das obras.

“Os vigueses teñen dereito a coñecer a verdade e aquí non hai opinións, son feitos. O alcalde bloqueou a recuperación deste edificio nunha actuación lamentable que indica a súa forma de proceder”, denunciou a delegada. Ademais, referiuse a outros investimentos da Xunta que seguen paralizados pola actuación municipal, como o túnel de Elduayen (17,8 millóns), a ETEA (10,5 millóns dos viarios máis 15 millóns da residencia de maiores da Fundación Amancio Ortega) ou as pistas de atletismo de Balaídos (7 millóns), entre outros.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...