InicioPolíticaO PP de Vigo reclama a Caballero accións para captar voos a...

O PP de Vigo reclama a Caballero accións para captar voos a Peinador

Nun comunicado, o concelleiro 'popular' Fernando González Abeijón lembrou que Ryanair deixou de operar en Vigo tras recibir "máis de 6 millóns de euros" en axudas municipais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo reclamou este luns ao goberno de Abel Caballero que poña en marcha unha “política activa” de captación de voos para Peinador, “único aeroporto galego sen voos internacionais” desde o inicio deste 2026.

Nun comunicado, o concelleiro ‘popular’ Fernando González Abeijón lembrou que Ryanair deixou de operar en Vigo tras recibir “máis de 6 millóns de euros” en axudas municipais, o que confirma o “fracaso” da política de subvencións do goberno local, “que non logrou consolidar nin unha soa ruta”.

“Ao alcalde importáballe Peinador cando podía presumir de estatísticas e até exercía como portavoz de Aena informando cada mes das porcentaxes, pero agora desapareceu da súa axenda”, reprochou.

O grupo municipal do PP sinalou que a petición do alcalde á Xunta e á Deputación para que acheguen recursos económicos para a captación de voos, así como as manifestacións asegurando que o goberno galego subvenciona voos desde Lavacolla, son un intento de “desviar a atención”.

Mentres, advertiu de que a actividade na terminal viguesa ha quedado reducida á “mínima expresión”, sen conexións internacionais e con apenas catro destinos domésticos (Madrid, Barcelona, Gran Canaria e Tenerife). “Sen que AENA nin o goberno de Abel Caballero sexan capaces de tomar ningunha medida para relanzalo”, engadiu González Abeijón.

 

ÚLTIMAS

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...

A Xunta inaugura un mural de Lula Goce no espigón de Baiona como exemplo de arte pública

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a conselleira do...

O conselleiro de Sanidade di descoñecer o “estado actual” da cirurxía robótica en Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, considera que a saída de 8.000 pacientes...

O Porriño dá un paso máis para ter novos símbolos oficiais: escudo e bandeira reciben informe favorable

O Concello do Porriño está máis preto de contar con novos símbolos oficiais propios,...