InicioPolíticaO BNG denuncia o "abandono" do Castro e pregunta pola recuperación da...

O BNG denuncia o “abandono” do Castro e pregunta pola recuperación da cafetaría anunciada hai un ano

"Non se entende que o Concello desatenda desta forma este emblema da cidade, que usan a diario centos de vigueses para pasear, facer deporte ou como punto de encontro", lamentou a nacionalista Ana Martínez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo urxiu ao Concello actuacións no Monte do Castro ante o seu “estado de abandono” e preguntou sobre a recuperación da cafetaría anunciada hai un ano polo goberno local. Nun comunicado, a concelleira nacionalista, Ana Martínez, lamentou a “falta de mantemento” do devandito monte, criticando que non se rexistraron “avances” da reapertura da cafetaría situada na praza e miradoiro Martín Códax, pechada en 2009.

“Non se entende que o Concello desatenda desta forma este emblema da cidade, que usan a diario centos de vigueses para pasear, facer deporte ou como punto de encontro”, lamentou Martínez. Ela ve “inexplicable” que a contorna do miradoiro estea “absolutamente inutilizada” desde o peche da cafetaría hai 16 anos, polo que solicitou ao Concello sobre as súas previsións para a zona, tras anunciar en abril de 2024 a súa intención de recuperalo. “É inaceptable que o tempo pase e o Concello continúe sen prestar atención a este miradoiro absolutamente deteriorado, que supón ademais un perigo para a cidadanía”, engadiu a edil do Bloque.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...