InicioPolíticaAbel Caballero denuncia "interferencias" do PP e de Rueda para que o...

Abel Caballero denuncia “interferencias” do PP e de Rueda para que o goberno luso “non priorice o AVE Vigo-O Porto”

A Xunta insiste ao Goberno en que "se tome en serio" o AVE Lisboa-Galicia. Diego Calvo lamenta que, tal e como están os prazos, a liña non chegará ata 2032 ou máis adiante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, volveu a pedir ao Goberno central que “se tome en serio” a Galicia, afeando que non abordasen o AVE Lisboa-Galicia na súa reunión co Executivo portugués. “Unha vez máis se demostra o pouco que lle importa Galicia ao Goberno de Pedro Sánchez”, criticou. Calvo censurou que o secretario de Estado de Transportes reuniuse co seu homólogo portugués para “falar única e exclusivamente” do AVE Lisboa-Madrid, mentres que o galego “non avanza absolutamente nada”. “Tal e como están os prazos a día de hoxe, non imos ter este AVE dispoñible nin en 2030 nin 2032, máis ben no 2034 ou mesmo máis aló”, lamentou. Por tanto, pide que “se tomen a Galicia en serio” e que trasladen a información que falta, xa que a Xunta aínda non ten coñecemento, asegura, do Plan Director do Corredor Atlántico.

CABALLERO ACUSA AO PP DE DICIR A PORTUGAL “QUE NON PRIORICE O AVE VIGO-O PORTO”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este venres “interferencias” do PP nacional e do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no goberno de Portugal, ao que “lle din que non priorice o AVE Vigo-O Porto”. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico asegurou que, na reunión celebrada nas últimas horas entre o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, e o seu homólogo portugués, o representante do Executivo español reafirmou o compromiso de ter para 2030, como “data prioritaria”, a parte do trazado do AVE Vigo-O Porto entre a cidade e a fronteira do río Miño. “Agora é necesario que Portugal acepte o 2030 como obxectivo, e o certo é que Portugal non o asume”, constatou Caballero.

O alcalde incidiu en que “hai interferencias” do PP nacional e de Rueda que “lle din” ao goberno luso que non priorice ese AVE e “que tente convencer ao Goberno de España para atrasalo”. “Esa é a realidade, está a haber unha actuación de Rueda contra a cidade de Vigo, interferindo co goberno de Portugal para que non se priorice”, insistiu. De feito, Caballero asegurou que a reunión deste xoves entre Santano e o representante do goberno luso tiña que celebrarse o novembro pasado, pero atrasouse a petición do país veciño “para que fixese Rueda o seu acto en Vigo”, en alusión ao acto de reivindicación celebrado na cidade o pasado 4 de decembro.

“Dígolle a Rueda que deixe de interferir para conseguir que non haxa AVE Vigo-O Porto, e sei o que digo. Rueda non quere que haxa ese tren no 2030 (…). Se o goberno de Portugal asume o 2030, eu, como alcalde de Vigo, podo dicir que España o mantén”, proclamou. O rexedor insistiu en que España trasladou a Portugal nas últimas horas que a conexión polo eixo atlántico é prioritaria e pediulle que asuma o obxectivo de 2030 como prazo. Caballero tamén remarcou que “do que máis se falou” na reunión “foi do Vigo-O Porto”.

A OPOSICIÓN LAMENTA A FALTA DE CONCRECIÓN NOS AVANCES

Pola súa banda, os grupos da oposición no Concello de Vigo, PP e BNG, lamentaron que a reunión mantida nas últimas horas entre o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, e o seu homólogo portugués, Hugo Espírito Santo, non servise para concretar avances no proxecto de AVE entre Vigo e O Porto. Así, o grupo municipal do PP censurou que os resultados dese encontro deixaron en evidencia que a conexión polo Eixo Atlántico non é prioritaria para o Goberno de Sánchez, que dá máis importancia á conexión Madrid-Lisboa, “tal e como xa fixou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no pasado cume ibérico”. “Desde entón nada cambiou, por moito que Caballero se empeñe en asegurar que o compromiso de España está fixado en lllegar á fronteira lusa en 2030”, sinalou o portavoz ‘popular’, Miguel Martín.

O concelleiro do PP subliñou que xa se empezan a escoitar “as primeiras escusas” porque o prazo que esgrime o alcalde, Abel Caballero, é “practicamente imposible de cumprir”. “A culpa sempre está ao lado portugués ou, como non, da Xunta de Galicia, chegando incluso Caballero a inventarse confabulacións surrealistas”, engadiu, en alusión ás manifestacións do rexedor, asegurando que o presidente do goberno galego, Alfonso Rueda, está “a interferir” no Executivo luso para que atrase a conexión ferroviaria. Ademais, engadiu, que Vigo segue esperando o estudo informativo do saída sur ferroviaria, que o propio alcalde dixo que estaría acabado antes de final de 2024. “Onde está? Porque onte na reunión nin se mencionou ese documento”, advertiu Miguel Martín, que lamentou que o AVE Vigo-O Porto “segue sen un calendario claro e, sobre todo crible”.

Pola súa banda, o BNG de Vigo trasladou a súa “preocupación pola falta de concreción” sobre a conexión tras a reunión das últimas horas. “Que nunha reunión do máis alto nivel, despois de que no cumio de Faro Sánchez dixese que a prioridade era Madrid-Lisboa, non se pasou das boas palabras e as declaracións xenéricas, non é un bo síntoma”, sinalou o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas. O edil advertiu de que a súa formación vai estar “moi vixiante” para que o Goberno de España cumpra o acordo de investidura no que respecta a ese AVE, “e a palabra dada a Galicia e a Vigo”. Para iso, o BNG traballará “en todas as institucións”, exercendo toda a súa “capacidade de presión” para “empuxar” ao Goberno de Sánchez a pasar “das palabras aos feitos” e impulsar o saída sur, e para que entenda que a conexión Vigo-O Porto é “estratéxica e irrenunciable” no prazo de 2030.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...