InicioVigo e contornaMosAbel Losada supervisou as obras na A-55 no tramo Vigo-Porriño

Abel Losada supervisou as obras na A-55 no tramo Vigo-Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, supervisou este martes en Mos as actuacións de pavimentación que o Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes, desenvolve na A-55, no tramo Vigo-Porriño.

Na visita, que realizou acompañado do xefe provincial de Estradas, Pablo Domínguez, Losada subliñou que estas obras pon de relevo o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa conservación e mellora das estradas de titularidade estatal da provincia de Pontevedra.

A intervención acométese no marco dun contrato de emerxencia de 6 millóns de euros que, ademais da pavimentación da A-55, inclúe o acondicionamento da A-52 e da circunvalación de Vigo VG-20. Con todo, o subdelegado informou de que se priorizou especialmente o tramo de Mos polas malas condicións nas que se atopaba. Os asfaltados neste municipio terminarán cara ao 10 de agosto e, a continuación, executaranse os tramos restantes da A-55 en Vigo e O Porriño.

Calcúlase que no termo municipal de Mos estendéronse aproximadamente ao redor de 5.000 toneladas de firme novo, por un importe aproximado de 1 millón de euros, o que suporía máis do 40% do total da emerxencia declarada para a A-55 e VG-20 (é dicir, exceptuando o previsto para a A-52, que é o viario de maior lonxitude).

Losada lembrou que os asfaltados están a se realizar en horario nocturno para non prexudicar á circulación rodada nunha vía con moito tráfico e, máis aínda, coincidindo nun período no que hai moita circulación vacacional accedendo a Vigo e a toda a provincia.

Doutra banda, o subdelegado tamén anunciou que o Goberno está a traballar nun proxecto para a colocación de pantallas acústicas que minimicen o problema do ruído xerado polo tráfico nesta zona.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...