InicioPolíticaBesteiro esixe a comparecencia de Rueda no Parlamento para explicar o "malgasto"...

Besteiro esixe a comparecencia de Rueda no Parlamento para explicar o “malgasto” de 470 millóns no Cunqueiro

O grupo parlamentario socialista rexistrou unha batería de iniciativas en relación co "sobrecusto e outras irregularidades" na licitación do hospital vigués e avanzou que enviará unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que lle demanda a súa comparecencia urxente no Pleno por este asunto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, informou este sábado de que o grupo parlamentario socialista rexistrou unha batería de iniciativas en relación co “sobrecusto e outras irregularidades” na licitación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e avanzou que enviará unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que lle demanda a súa comparecencia urxente no Pleno por este asunto.

Tras coñecerse o pasado mércores o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión do centro hospitalario vigués publicado por Contas, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído), Besteiro volveu a sinalar que este documento confirma que o contrato foi “un desastre financeiro e administrativo” que causou “graves prexuízos” á cidadanía galega.

Así mesmo, en declaracións aos medios antes de asistir á Feira do Bonito de Burela, cualificou de “inaceptable” o sobrecusto, debido a “malas decisións” ás que se une unha “total falta de transparencia” no proceso de licitación. “Falamos de case 500 millóns de euros tirados ao lixo”, lamentou o líder do PSdeG, que remarcou que se trata de diñeiro “de todos os galegos” que foi “malgastado de maneira irresponsable”.

CARTA A RUEDA

Ademais das iniciativas rexistradas na Cámara galega, Besteiro avanzou que enviará unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que lle demanda a súa comparecencia urxente no pleno, así como a do conselleiro de Sanidade na comisión de Calidade Democrática e Transparencia.

Insistiu tamén en que Feijóo, presidente cando se licitaron as obras, e Rueda, como vicepresidente nese momento, “non poden seguir escondéndose” e deben dar explicacións sobre “o malgasto” de 470 millóns de euros. Neste sentido, afirmou que “non se pode xustificar o inxustificable”, en referencia ás declaracións realizadas este venres polo conselleiro de Sanidade.

Así, Besteiro defendeu que durante a pandemia o presidente do Goberno “tomou as decisións que había que tomar” e os profesionais sanitarios “deixáronse a pel”. Por iso, manifestou que dicir que “as obras combateron a covid é repetir o mantra de Ayuso co Zendal” e deixar claro que “para o PP, a sanidade é un negocio, neste caso, inmobiliario”.

ÚLTIMAS

Pleno de Vigo pide a Rueda o cesde de Diego Calvo e “apoio” para esixir á RFEF as puntuacións de sedes do mundial

O pleno de Vigo aprobou este luns, só cos votos a favor do PSOE e...

Covocado un paro en Aimen este martes para denunciar a súa perda de poder adquisitivo

O persoal do centro tecnolóxico Aimen, con sedes no Porriño (Pontevedra), anunciou a convocatoria dun...

Piden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual e de roubo con violencia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe...