InicioPolíticaO PP denuncia que o goberno de Caballero "oculta" as queixas de...

O PP denuncia que o goberno de Caballero “oculta” as queixas de Protección Civil a pesar dos avisos de Transparencia

Así, o concelleiro 'popular' Fernango González Abeijón sinalou que pediu no principio do ano ter acceso ás queixas, incidencias e comunicacións da agrupación de voluntarios de Protección Civil e non recibiu resposta por parte do goberno municipal, negando esa información "por silencio administrativo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este mércores que o goberno municipal de Abel Caballero “oculta” as queixas e incidencias presentadas polos voluntarios de Protección Civil dos últimos cinco anos, a pesar das advertencias da Comisión de Transparencia de Galicia. Así, o concelleiro ‘popular’ Fernango González Abeijón sinalou que pediu no principio do ano ter acceso ás queixas, incidencias e comunicacións da agrupación de voluntarios de Protección Civil e non recibiu resposta por parte do goberno municipal, negando esa información “por silencio administrativo“.

O edil do PP recorreu entón á Comisión de Transparencia, en maio pasado, e este organismo admitiu a trámite a súa denuncia e instou ao goberno local vigués a trasladar esa información ao grupo municipal que a requiriu. Con todo, o prazo dado pola Comisión expirou e o goberno local e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, “inciden no seu escurantismo”. Ademais, González Abeijón criticou o “plantón” de Abel Caballero e o seu goberno aos voluntarios de Protección Civil durante a recente entrega de medallas polos seus 25 anos de servizo. No acto, celebrado na Estrada, acudiron representantes de varios concellos galegos, pero “Vigo non tivo ningunha representación municipal”.

“Os voluntarios de Protección Civil non se merecen estes malos tratos. Dan moito á cidade pero, a cambio, o seu máximo representante ignóralles totalmente. Ou peor aínda, móstralles publicamente o seu desprezo. Será probablemente porque, do mesmo xeito que os bombeiros, non lle son dóciles“, engadiu González Abeijón. Finalmente, o concelleiro popular reclamou que se convoquen as eleccións necesarias para conformar a nova directiva da agrupación local deste servizo, que leva anos en situación de provisionalidade.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...