InicioPolíticaNovo desafío no Nadal vigués, poden as luces ser Patrimonio Inmaterial da...

Novo desafío no Nadal vigués, poden as luces ser Patrimonio Inmaterial da Humanidade?

Podería esta iniciativa unir a Alfonso Rueda e Abel Caballero?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pode Abel Caballero declarar as luces de Nadal de Vigo como un ben patrimono inmaterial da humanidade?. Por poder, pode, pero aínda non o fixo. O caso é que, con permiso do 1 de abril, que en Galicia é o día dos enganos ou día das petas, e “onde van os burros onde non deben ir”, aproveitando que este xoves é 28 de decembro, e, polo tanto, Día dos Santos Inocentes, este medio tivo o atrevemento de preguntarlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se recibira a chamada do alcalde de Vigo, para apoiar esta creativa iniciativa para esta cidade.

Pensei que me ía preguntar polo PXOM de Vigo –aprobado xustamente este xoves–, porque ía dicirlle que a Xunta tivo moito que ver nesta aprobación”, respondía Rueda. “Do outro acabo de enterarme por vostede e… “. O xornalista cortou a resposta. Mellor deixalo aí non vaia a ser que se cree un novo conflito entre a Xunta e Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...