InicioVigo e contornaO PorriñoDavid Alonso será o candidato para a Alcaldía do Porriño, onde se...

David Alonso será o candidato para a Alcaldía do Porriño, onde se elixirán 4 edís máis

David Alonso afronta o reto de recuperar a Alcaldía para os socialistas, despois da etapa de Eva García de la Torre, que foi rexedora desde xuño de 2015 ata a súa dimisión en novembro de 2021

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea local do PSdeG-PSOE do Porriño ratificou por unanimidade a David Alonso como candidato á Alcaldía para as eleccións do 28 de maio neste municipio, onde se elixirán catro edís máis, para formar unha corporación de 21 membros, ao superar os 20.000 habitantes.

Alonso, que foi concelleiro no goberno da falecida Eva García de la Torre, iniciouse na política da man de Manuel Carrera (ex-PP e actual líder de Unión Democrática da Louriña, UDDL) e, posteriormente, presentouse nas listas do PSdeG.

Agora, como candidato á Alcaldía, agradeceu a confianza do seu partido e proclamou que se pon en marcha “un novo PSOE” no Porriño, cun equipo “renovado e con capacidade e compromiso social”.

Acompañarán a Alonso na súa candidatura, entre outros, a xornalista Sthela Táboas, a docente e orientadora Celia Alonso, a profesional do sector comercial Alba Romeu, o actual concelleiro Sergio Quintas, ou o membro da comunidade de montes de Torneiros Juan Carlos Domínguez. A asemblea tamén ratificou a Helder Gonçalvez Barreiro como candidato socialista á Entidad local Menor de Chenlo.

David Alonso afronta o reto de recuperar a Alcaldía para os socialistas, despois da etapa de Eva García de la Torre, que foi rexedora desde xuño de 2015 ata a súa dimisión (para tentar evitar unha moción de censura, que finalmente si se votou) en novembro de 2021.

En decembro de 2021, Manuel Alejandro Lorenzo ‘Caroca’, asumiu a Alcaldía do municipio tras unha moción de censura. Nese pleno, a esquerda perdeu o goberno ao absterse Manuel Carreira na votación e negar o seu apoio á socialista Lourdes Moure (Carreira condicionara o seu voto a que fose David Alonso o candidato do PSdeG). Un mes despois dese cambio político no Porriño, Eva García da Torre faleceu tras sufrir un infarto.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...