Inicio Blog Páxina 555

A banda madrileña Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebra do 21 ao 24 de agosto en Gondomar

A banda madrileña de indie pop Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebrará na localidade pontevedresa de Gondomar entre o 21 e o 24 de setembro. Tal e como sinalou a organización, esta é unha das sorpresas que aínda quedan por desvelar e que irán completando a programación do festival que conta xa cun cartel formado por Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, a artista portuguesa Capicúa ou grupos emerxentes do panorama indie de dentro e fóra de Galicia como Margarita Crebada, Anabel Le, Xenia, Asinado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ.

En canto á programación por días, o venres 22 será a quenda dos Punsetes, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Visions of Johanna e Señora DJ; o sábado 23, Aeronave adolescente, Xenia, Margarita Crebada, Anabel Le, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Xoel López, Señora DJ e Diverxente DJ; e o domingo 24, Capicúa, Asinado Carlota, Lusillón, Tarde a todo e Diverxente DJ.

Todas as bandas repartiranse entre os escenarios Vibra Mahou e Fest Galicia. Ademais, a organización adianta que o xoves 21 realizarase a apertura do festival cun concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa. O público que queira asistir ao Season Fest pode comprar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán comprar as entradas ao Season Fest cun 15 % de desconto. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto.

A Audiencia ratifica a sentenza que obriga á Comunidade de Montes de Cabral a aceptar novos membros

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación interposto pola Comunidade de Montes de Cabral, en Vigo, e confirma a resolución de instancia que lle obriga a aceptar a seis veciños como novos comuneiros. Na resolución, de xullo pasado, o tribunal provincial insiste en que os seis veciños cumpren os requisitos para formar parte da entidade e que realizaron a solicitude correctamente. Así mesmo, a Audiencia rexeita que o tribunal de primeira instancia (o número 6 de Vigo) non fixese unha correcta valoración da proba.

Deste xeito, a Audiencia desestima o recurso de apelación interposto pola Comunidade de Montes e, ademais de ratificar a sentenza anterior, impón as costas ao apelante. Este conflito comezou hai anos, por mor da presentación do errado proxecto de Porto Cabral, cando membros críticos coa xunta directiva do órgano comezaron a mobilizarse. Posteriormente, o enfrontamento recrudeceuse despois de que a Comunidade de Montes iniciase unha ofensiva para facerse coa titularidade de varios terreos (nalgúns dos cales hai empresas asentadas) alegando a súa propiedade desde tempos inmemoriais, e logrando que os tribunais lles desen a razón.

En marzo de 2019, nunha Asemblea Extraordinaria, denegouse a entrada de novos veciños á Comunidade de Montes. Desde entón, un grupo deles, entre os que está a presidenta da Plataforma Galega de Afectados das Comunidades de Montes, Beatriz Ucha, tentaron entrar a formar parte do organismo sen éxito. Os aspirantes recorreron á vía xudicial, tendo en conta que a Comunidade de Montes negouse a volver levar a Asemblea as súas solicitudes, alegando que non cumprían os requisitos nin presentaran as peticións de forma correcta.

En febreiro de 2022, o xulgado de primeira instancia 6 de Vigo deu a razón aos demandantes e ordenou á Xunta Directiva da Comunidade de Montes que aceptase a súa inclusión como comuneiros, pero a entidade presentou recurso de apelación, que agora foi desestimado. “Sinxelamente, non nos deixan entrar porque somos incómodos para a actual xunta reitora. A falta de democracia no seo dunha comunidade de montes da importancia como o é a de Cabral é notorio e non atenden nin aos requirimentos da administración de xustiza”, criticou Ucha.

“Fai máis dun ano, no fallo de 2022, xa se instaba á Comunidade a que nos incluíse no libro de comuneiros despois do que ocorreu en 2019, cando o presidente incitou ao non nunha asemblea que tiveron que convocar, por certo, tamén, por orde da Audiencia Provincial”, engadiu. Segundo explicaron os demandantes, esta situación afecta a moitos outros veciños desta parroquia, que non conseguen entrar na Comunidade “por non estar de acordo coa actual xunta reitora dirixida por Luís Rodríguez”.

Recompensa de 1000€ a quen atope a este cadelo de catro meses en Sabarís

0

ATOPADO
Alba, propietaria dun caniche de 4 meses perdido en Sabarís ofrece unha recompensa de 1000€ a quen atope ao seu cadeliño.

Hoy he perdido a mi caniche de 4 meses en la zona de Sabaris, pero puede estar por la zona de Baiona incluso Nigrán. Si alguien la encuentra que me llame al 619938781 (Alba) La recompensa por encontrarla será de 1000€.

ATOPADO

Localizan con vida á veciña de Nigrán desaparecida logo de deixar unha mensaxe de despedida en redes

0

Policia e Garda Civil buscaban dende onte á tarde a Bibiana Fernández, veciña de Mañufe (Nigrán) logo de que familiares e amigos non desen contactado contactado con ela, logo de non acudir á casa do pai e principalmente logo de deixar un vídeo e unha mensaxe de despedida contando a súa doenza mental e o sucedido na sua vida nos últimos anos.

O contido da mensaxe activou a alarma ante a posibilidade real de autolesión ou suicidio.

As 13:30h deste sábado era localizada pola policía local de O Grove avisando de que fora atopada consciente pero nun estado depresivo en sen capacidade de fala polo que foi trasladada en ambulancia ao centro médico de O Grove

Teléfono 024 prevención suicidio.

Se tes problemas chama ao 024

A liña 024 non pretende substituír nin ser unha alternativa á consulta presencial cun profesional sanitario cando sexa necesario. Os destinatarios da liña son persoas con ideación ou comportamento suicida, así como familiares ou amigos íntimos de vítimas de suicidio ou persoas con ideación suicida. O 024 é un servizo nacional (accesible desde todo o territorio nacional), gratuíto, confidencial e dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Dous accidentes en Gondomar mobilizan os servizos de emerxencias

0

Os servizos de emerxencias tiveron que intervir este sábado en dous accidentes ocorridos no municipio pontevedrés de Gondomar.

O primeiro deles, unha saída de vía, produciuse pouco despois das 14,30 horas no quilómetro 6 da estrada PO-332, na parroquia de Vilaza.

Alí, os Bombeiros do Porriño tiveron que excarcerar a unha muller que viaxaba no vehículo sinistrado e que tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Para este operativo foron mobilizados, ademais dos bombeiros, os servizos sanitarios, o GES do Val Miñor e a Garda Civil de Tráfico.

Por outra banda, sobre as 15,30 horas, os servizos de emerxencias desprazáronse á parroquia de Vincios, á altura do quilómetro 16 da PO-331, onde se produciu outra saída de vía.

Neste caso, segundo afirmou o 112, o coche saíu da vía debido a unha vertedura sobre o asfalto. A ferida foi evacuada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

ACCIDENTE NA CAÑIZA

Dúas persoas resultaron feridas tras chocar o vehículo no que viaxaban contra outro turismo na estrada EP-5003, ao seu paso polo municipio pontevedrés da Cañiza.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar ás 17,20 horas no punto quilométrico 4 desta vía, á altura da parroquia de Valeixe.

Varios particulares alertaban a esa hora deste sinistro, indicando ademais que unha das persoas feridas permanecía no interior do vehículo, semiinconsciente.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, membros do GES-Speis de Ponteareas e persoal sanitario, que se encargou de atender aos dous feridos e de evacualos ao centro hospitalario de Ourense. Ademais dunha ambulancia, o 061 desprazou tamén o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Pola súa banda, o outro condutor non precisou asistencia sanitaria.

Denuncian sete despedimentos en Metalships, dous deles membros do comité de empresa

O sindicato CC.OO. denunciou o despedimento de sete traballadores este venres no estaleiro vigués Metalships, entre eles, o de dous integrantes do comité de empresa “en plena negociación do convenio”.

Nun comunicado, Comisións Obreiras sinalou que “a conduta represiva e antisindical non é nova” nesta compañía, xa que “o pasado ano xa despediu ao presidente do comité de empresa e a outro compañeiro”.

Con estes novos despedimentos, asegurou o sindicato, son “máis de 25 os traballadores despedidos desde a chegada do novo CEO a Metalships”.

Nesta liña, CC.OO. denuncia “a especulación e desmantelamento” que a empresa “leva anos facendo co estaleiro”. “Máis aínda cando hai poucos meses negouse a vender ante unha oferta que garantía a carga de traballo durante anos”, apunta o sindicato.

Así, Comisións insta á empresa a paralizar os despedimentos e a que “cesamento no seu ataque e vulneración dos dereitos da clase traballadora”. Ademais, convocará unha rolda de prensa este luns, ás 09,30 horas, ás portas do estaleiro para tratar este tema.

Abertas as solicitudes para as bolsas de estudo dos matriculados en Turismo no campus ourensán da UVigo

Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo, coa financiación da Deputación de Ourense, convoca Bolsas de Estudo para o estudantado que se matricule en primeiro curso do Grao en Turismo ou PCEO Turismo-Xeografía e Historia (axudas que van desde os 900 aos 1.350 euros). As solicitudes poden presentarse ata o 13 de outubro.

O sector turístico ten un carácter estratéxico para o Campus e a Deputación de Ourense, mantendo a oferta do primeiro grao público en Turismo do SUG. O grao en Turismo presenta un nivel de empregabilidade moi elevado, de feito, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense ten asinados centos de convenios de prácticas coas principais cadeas hoteleiras e axentes públicos e privados do sector.

A Facultade, co Grao en Turismo, responde coa súa oferta académica a unha necesidade crecente e non cuberta do sector turístico, de profesionais cualificados a nivel superior, para dirixir e xestionar empresas e institucións públicas e privadas.

Froito dos máis de 14 anos de docencia e investigación no grao en Turismo de Ourense, o perfil dos graduados está relacionado coa dirección internacional de hoteis (España, Europa ou Centroamérica), a xestión de eventos, compañías aéreas, guía turística, xestión patrimonial ou a intermediación de reservas.

Confirman como abusivos os gastos dunha hipoteca para un piso en Vigo asinada en 1998

A Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou como abusivos os gastos dunha hipoteca asinada para un piso en Vigo en 1998, hai 25 anos, e ordenou a devolución de 921 euros –entón, foron 153.242 pesetas–.

Os maxistrados, nun fallo ditado o 7 de xuño de 2023, confirmaron unha sentenza previa de decembro de 2021, na que o Xulgado de Primeira Instancia número 14 de Vigo declaraba nula a cláusula dos gastos a cargo do prestatario da hipoteca.

En xaneiro de 1998, o demandante asinou unha hipoteca co Banco Pastor –agora, o Santander– cun préstamo de 11,4 millóns de pesetas a devolver en 20 anos. Entón, pagou tamén 153.242 pesetas (921 euros) por honorarios notariais, o arancel rexistral e o imposto sobre actos xurídicos documentados.

En 2017, dous anos despois da doutrina sentada polo Tribunal Supremo sobre as cláusulas hipotecarias abusivas, o cliente enviou unha carta ao Santander para reclamar a contía, pero o servizo de atención ao cliente rexeitouno porque transcorreran xa “máis de seis anos desde a produción dos feitos sen oposición algunha”.

En 2020, decidiu acudir ao Xulgado de Primeira Instancia para solicitar a contía, máis outros 302 euros polo 50 por cento dos dereitos notariais e o arancel rexistral, máis intereses. O xuíz deulle a razón e ordenou ao banco a pagar as costas.

No entanto, o Santander presentou recurso por entender que “concorren serias dúbidas de dereito” non só cos efectos da nulidade por cláusulas abusivas, senón tamén porque xa transcorreran os prazos para realizar a reclamación.

Con todo, os maxistrados da Audiencia Provincial lémbranlle que “as consecuencias derivadas da declaración de nulidade, aínda que a doutrina non é unánime, a xurisprudencia (do Supremo) inclínase por limitar a imprescriptibilidade á declaración de nulidade”.

Un accidente múltiple en Vigo obriga a intervir aos servizos de emerxencias

Un accidente con tres vehículos implicados na avenida Antonio Palacios, en Vigo, obrigou a intervir aos servizos de emerxencias na mañá deste sábado.

Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, un vehículo saíu da vía contra a mediana nesta avenida antes da saída cara ao Centro Comercial Gran Vía.

Un particular alertou sobre as 10,00 horas á central de emerxencias para solicitar asistencia sanitaria para unha persoa que había resultado ferida, aínda que xa se atopaba fóra do vehículo.

A continuación, a Policía Local, que se trasladou ata lugar do sinistro, informaba ao 112 de que había tres vehículos implicados neste accidente.

Ademais, tamén foron mobilizados os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender aos implicados no suceso.

ACCIDENTE PORRIÑO

Así mesmo, o 112 tamén tivo coñecemento nas últimas horas dun accidente na localidade pontevedresa do Porriño no que unha muller tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Neste caso, a central de emerxencias tivo constancia do sinistro a través do aviso de emerxencia do teléfono móbil dun dos implicados, ao fío das 05,00 horas deste sábado. Pouco despois, un veciño da zona contactaba para indicar que presenciara un accidente na parroquia de Chenlo.

Ademais, unha das persoas implicadas chamou ao 112 para alertar de que unha muller permanecía tendida no chan, inconsciente. Finalmente, despois de prestarlle atención médica no punto, o persoal sanitario evacuou á ferida ao centro hospitalario vigués.

Identificados dous exemplares de mosquito tigre en Vigo

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) confirmou este venres a detección de dous exemplares de mosquito tigre no Concello de Vigo, concretamente na parroquia de Lavadores. Un aviso cidadán a través da aplicación móbil ‘Mosquito Alert‘ permitiu a súa identificación por parte de especialistas en entomoloxía, polo que o comité técnico do mosquito tigre agradeceu a colaboración da cidadanía.

A rede, formada polas Consellerías de Sanidade e Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, aumentou a vixilancia sobre o insecto instalando novas trampas, que se sumarán ás que ReGaViVec xa mantiña en puntos estratéxicos da cidade olívica antes da detección por primeira vez do mosquito tigre en Galicia, concretamente en Moaña. De feito, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa adquiriu novas trampas para poder ser distribuídas e localizar larvas, coa finalidade de evitar a diseminación do mosquito ‘Aedes albopictus‘ na comunidade.

Sanidade confirmou, non entanto, que ningún dos exemplares identificados en Moaña ou Vigo teñen vinculación con enfermidades transmisibles ás persoas. Así mesmo, na última reunión do comité técnico do mosquito tigre, a área sanitaria de Vigo confirmou que non detectara un incremento significativo no número de picaduras de insecto tratadas nos centros de saúde da comarca do Morrazo.

CONSELLOS PARA A CIDADANÍA

Para continuar coa colaboración científica e que sexan especialistas en entomoloxía quenes confirmen a presenza ou non de máis exemplares de mosquito tigre, a Xunta recomendou a descarga da aplicación móbil ‘Mosquito Alert’, coa que facer chegar fotografías para o seu estudo por parte dos investigadores.

En canto á picadura, para evitala aconséllase o uso de repelentes específicos que se poden atopar nas listaxes de produtos autorizados polo Ministerio de Sanidade e pola Axencia Española do Medicamento, ademais de vestir con manga e pantalóns longos, calzado pechado ou colocar mosquiteras en portas e xanelas.

Para evitar a proliferación do mosquito ‘Aedes albopictus‘, a forma máis efectiva é evitar a posta de ovos e o crecemento das larvas. Por iso, débense eliminar puntos de auga estancada como bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións. Debe procederse simplemente ao seu baleirado ou renovación da auga cada 4-5 días.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed