InicioCulturaA banda madrileña Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebra...

A banda madrileña Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebra do 21 ao 24 de agosto en Gondomar

O xoves 21 realizarase a apertura do festival cun concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

banda madrileña de indie pop Los Punsetes únese ao Season Fest, que se celebrará na localidade pontevedresa de Gondomar entre o 21 e o 24 de setembro. Tal e como sinalou a organización, esta é unha das sorpresas que aínda quedan por desvelar e que irán completando a programación do festival que conta xa cun cartel formado por Iván Ferreiro, Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, a artista portuguesa Capicúa ou grupos emerxentes do panorama indie de dentro e fóra de Galicia como Margarita Crebada, Anabel Le, Xenia, Asinado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ.

En canto á programación por días, o venres 22 será a quenda dos Punsetes, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Visions of Johanna e Señora DJ; o sábado 23, Aeronave adolescente, Xenia, Margarita Crebada, Anabel Le, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro, Xoel López, Señora DJ e Diverxente DJ; e o domingo 24, Capicúa, Asinado Carlota, Lusillón, Tarde a todo e Diverxente DJ.

Todas as bandas repartiranse entre os escenarios Vibra Mahou e Fest Galicia. Ademais, a organización adianta que o xoves 21 realizarase a apertura do festival cun concerto exclusivo de Pablo Novoa con convidados sorpresa. O público que queira asistir ao Season Fest pode comprar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán comprar as entradas ao Season Fest cun 15 % de desconto. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...