Inicio Blog Páxina 302

Dous homes detidos en Vigo por tráfico de drogas en dous narcopisos no barrio do Calvario

0

Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, grupo UDYCO III (Unidade de Drogas e Crime Organizado) detiveron dous homes por tráfico de drogas, á vez que desmantelaron dous ‘narcopisos’ no barrio do Calvario na cidade olívica.

Segundo informou nunha nota de prensa, a investigación comezou hai aproximadamente tres meses. Unha das causas do inicio deste operativo, explicou a Policía, foron as queixas veciñais, que levaron a determinar a existencia de dous pisos cuxos moradores se dedicarían á elaboración e venda de sustancias estupefacientes (heroína, cocaína e haxix) a compradores que acudían ás vivendas ou as súas proximidades.

Durante a investigación, incautáronse a compradores distintas cantidades de heroína, cocaína cociñada, cocaína basee e haxix.

Así, a Policía realizou a entrada e rexistro en ambos os inmobles, e a detención dos dous investigados, intervindo no domicilio do primeiro detido básculas de precisión, hornillos, moldes para cociñar a droga, sopletes, amoníaco, unha caixa forte, unha pistola de aire comprimido, e 11 blísteres de medicación para a súa venda, entre outros efectos.

Ademais, no domicilio do segundo detido intervéñense unha báscula dixital, 12 pastillas para a súa venda, 11 gramos de cocaína cociñada, moldes para cociñar a droga e amoníaco. Así mesmo, entre os dous rexistros incautáronse máis de 1.500 euros en efectivo.

Ferido un motorista tras caer mentres circulaba pola Avenida de Castrelos

0

Un motorista resultou ferido na tarde deste venres en Vigo tras sufrir un accidente na Avenida de Castrelos da cidade olívica. Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron ao redor das 18.30 horas e foi o condutor do vehículo de dúas rodas o único implicado no incidente. Así, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, debido a que a persoa resultou ferida tras caer da súa moto.

Denunciados varios condutores por infraccións e delitos contra a seguridade viaria, tres deles sen carné

0

A Policía Local de Vigo identificou nos últimos días a varios condutores por cometer infraccións ou delitos contra a segurida viaria, tres deles circulando co carné retirado. A primeira intervención produciuse na tarde do pasado 14 de decembro, cando unha dotación acudiu acudiu a un accidente ocorrido na parroquia de Valladares. O condutor implicado, de 21 anos de idade, presentaba signos de estar baixo os efectos do alcol. Ao realizarlle as probas, estas arroxaron un resultado de 0,50 mg/l (infracción administrativa) e, ao verificar os seus datos, os axentes comprobaron que circulaba sen carné, ao perder vixencia o seu permiso de conducir.

Ese mesmo día, a Policía Local acudiu a outro accidente, na Avenida de Madrid, e comprobou que un dos condutores implicados, de 41 anos de idade, estaba baixo os efectos do alcol. As probas confirmaron unha taxa de 1,13 e 1,10 mg/l, o que supón un delito contra a seguridade viaria. O 16 de decembro, a Policia sorprendeu a outro condutor, un veciño de Mos de 28 anos, que circulaba nun turismo cun moi deficiente estado de conservación. Os axentes déronlle o alto e comprobaron que circulaba coa ITV caducada e sen carné, ao perder vixencia o seu permiso, polo que foi denunciado.

O pasado martes, outra patrulla interceptou a un condutor no Camiño das Ánimas, ao decatarse de que realizaba unha condución errática. O home, veciño de Mos de 49 anos de idade, deu positivo nas probas de alcoholemia (1,13 mg/l). Finalmente, este mércores, nunha intervención conxunta coa Policía Nacional, foi interceptado de madrugada un condutor de Nigrán, de 23 anos, na rúa Travesía de Vigo. Os axentes comprobaron que lle figuraba unha perda de vixencia do permiso de conducir, e foi denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Caballero, feliz de que a A-52 entre Vigo e O Porriño está “absoluta e irreversiblemente en marcha”

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores que, coa publicación no BOE da apertura do prazo de información pública do novo trazado en túnel da A-52 entre Vigo e O Porriño, esta obra está “absoluta e irreversiblemente en marcha” e esixiu a quen afirmaron que a obra non se fará “que se desculpen”.

Nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que este é “un paso importantísimo” para a construción dese novo tramo de autovía, e destacou que, na súa tramitación ambiental, adoptaranse medidas para a protección da contorna do río Eifonso, a petición do Concello de Vigo.

“O Ministerio (de Transportes) e o Concello cumprimos, dixemos que o trazado se sometería a información pública neste segundo semestre e hoxe abriuse a información pública”, proclamou Abel Caballero, que tamén destacou que o documento inclúe tamén o proxecto construtivo.

Así, unha vez finalizado o prazo de información pública e o estudo de alegacións, iniciaranse as obras dunha infraestrutura que, en materia de estradas e segundo o alcalde, é a actuación “á que o Ministerio dá máis importancia de toda España”.

Finalmente, destacou que esta actuación é “unha gran demanda” da cidade olívica e repetiu que Alberto Núñez Feijóo, sendo presidente da Xunta, “díxolle á entón ministra, Raquel Sánchez, que non a fixese, que non se necesitaba”.

A UVigo aprobará este venres un orzamento con 248,3 millóns para 2025, un 0,18% menos

0

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobará este venres o orzamento da entidade para 2025, que estará dotado de 248,3 millóns de euros, o que supón practicamente a mesma cantidade que en 2024 (-0,18%).

Así, este xoves a xerente Yolanda Lesmes foi a encargada de explicar as principais liñas das contas do ano que vén que, tras ser aprobadas polo consello de goberno, terán que ser referendadas polo Consello Social a semana que vén.

O proxecto de orzamentos foi presentado este xoves ante o claustro como “equilibrado e sustentable”, mantendo a “coherencia de gasto” dentro da senda marcada pola Xunta de Galicia para 2025 e nos próximos exercicios, segundo explica o Diario da Universidade (DUVI).

Lesmes indicou que baixo o paraugas destas contas seguirase avanzando na execución dos compromisos adquiridos no programa de goberno, pondo o foco nas actuacións en materia de consolidación de emprego, promoción profesional, substitución xeracional, internacionalización, desenvolvemento da investigación e infraestruturas.

En canto aos ingresos, as transferencias correntes representarán o 63% do total, con 156,4 millóns de euros, un 6% máis, mentres que as transferencias de capital supoñen un 18%, con 45 millóns. A variación de activos financeiros representa o 12%, con 29,2 millóns, que se complementan con contas menores como as taxas e prezos públicos, con 15,3 millóns e ingresos patrimoniais e variación de pasivos financeiros.

En canto a gastos, o principal será o de persoal, cun 59% do total, mentres que a segunda maior cifra é aquela ligada a investimentos, cun 23% do orzamento, ata 57,1 millóns. Os gastos correntes en bens e servizos suporán un 14% do total, con 35 millóns.

Entre outras cousas, durante a xornada tamén se presentou o informe anual do reitor, dando conta do cumprimento dos obxectivos das vicerrectorías nestes últimos 12 meses. Ademais, Manuel Reigosa anunciou os resultados conseguidos en I+D+i en 2024, con 29,1 millóns de euros.

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

0

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e as responsabilidades sobre determinados asuntos e servizos (en Galicia temos claros exemplos cos SAFs e con algúns conservatorios). Eso si, esas competencias, que na maioría das veces recaen nos concellos, o fan sin ningún ou escaso orzamento asociado.

Certo é que todo o que teña que ver co eido local ven recollido na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) do ano 1985, no Real Decreto Lexislativo 781/1986 e en unhas cantas leis máis, incluídas as tan famosas Leis Montoro.

Pero, ¿son suficientes estas leis para poder funcionar correctamente a dinámica municipal?

Dada a irrupción da informática á hora da tramitación de información, expediente e no xeito de relacionarse o público cos concellos, as administracións máis próximas á veciñanza, ¿deberiamos cando menos reformar parte de esta lexislación?

¿Teñen os concellos total independencia en certos aspectos como recolle a Lei de bases, ou simplemente só se cita esta independencia na autorregulación interna, organigrámica sin que por iso os concellos poidan regular máis aló do que diputacións, gobernos autonómicos ou o goberno central lles permitan ben por cesión ou ordenación?

Certa é que as competencias e esa suposta independencia dos concellos pode quedar un pouco en entredito á hora de ver as limitacións tanto administrativas como lexislativas que se atopan tanto os propios dirixentes municipais como a veciñanza que acude a estas institucións.

Tras a elaboración da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) no ano 1985, coa conseguinte refundición das normas que supuxeron o Real Decreto Lexislativo 781/1986 e a desaparición do Instituto de Estudios da Administración local, no noso país centráronse forzas e fondos en artellar unha estrutura autonómica esquecéndose da administración máis cercana á veciñanza: os concellos.

Este esquecemento vese evidente cando as políticas financeiras e decisións de rango competencial quedan lonxe das capacidades lexislativas dos entes locais e as CC.AA. exercen un excesivo control fronte a capacidade de obrar dos concellos.

Moitos alcaldes e alcaldesas ao longo das últimas catro décadas teñen invertido moito tempo nos despachos autonómicos e estatais na procura de melloras, investimentos e subvencións, a maioría das veces para dar servizos que se teñen derivado inxustamente nos concellos pero que en ningún momento se derivaron fondos nin medios asociados para cubrir ditos servizos, sirva de exemplo os antes citados…

Tamén vemos como ese abandono do municipal é palpable dende as propias administracións superiores, pois non existe representación específica nas institucións que tramitan as leis e lle dean un enfoque local, salvando a Comisión de Entidades Locais do Senado. Esto fai que as veces as normas xerais non teñan a efectividade e o rigor preciso cando regulan a organización da administración local. Mostra de iso é, por exemplo, a cita que fai o artigo 31.4 c. da Lei 19/2013, de un órgano inexistente nos gobernos municipais:

“4. La competencia para la imposición de sanciones corresponderá:

a) Al Consejo de Ministros cuando el alto cargo tenga la condición de miembro del Gobierno o Secretario de Estado.

b) Al Ministro de Hacienda y Administraciones Públicas cuando el responsable sea un alto cargo de la Administración General del Estado.

c) Cuando el procedimiento se dirija contra altos cargos de las Comunidades Autónomas o Entidades Locales, los órganos que tengan atribuidas estas funciones en aplicación del régimen disciplinario propio de Administraciones en las que presten servicios los cargos contra los que se dirige el procedimiento o, en su caso, el Consejo de Gobierno de la Comunidad Autónoma o el Pleno de la Junta de Gobierno de la Entidad Local de que se trate.”

A esto súmaselle a propia nomenclatura usada e aos termos “Corporacións” ou “Entidades Locais” en vez de usar os máis axeitados “Concellos”, “Gobernos Municipais” ou “Institucións Locais”.

Visto esto se ve necesaría a implantación de modificacións que acurten un pouco este distanciamento real que hai do lexislador con respecto ao funcionamento e necesidades reais dos concellos. E para iso temos que ter moi claro e definidas as competencias estatais e autonómicas no tocante ao réxime local.

Partimos do artigo 137 da CE, onde “ la base de organización territorial del Estado que se establece en Municipios, Provincias y Comunidades Autónomas que gozan de autonomía para la gestión de sus respectivos intereses, garantizándose constitucionalmente a los municipios conforme a lo dispuesto en los artículos 140, así como la suficiencia financiera para la gestión de sus competencias.”

Esta definición respira da idea schimittiana da garantía institucional elaborada en Alemaña por Weimar. Esta óptica sempre estivo envolta en polémica, pois aínda que o que se buscaba era delimitar claramente o termo provincia deixa totalmente desencabuxado o verdadeiro alcance da autonomía municipal.

A dificultade de articular e delimitar as competencias dos concellos é moi difícil ao non existir unha lexislación constitucional clara e específica sobre a autonomía municipal (o capítulo II do título VIII da CE é claramente algo para esquecer).

Tamén se teñen redactado certos intentos de delimitar esas competencias, pois en materia de réxime local, nin o goberno central nin as CC.AA. poder ter competencias de execución, porque a execución é a propia esencia dos concellos. Pero eso non impide que o goberno central e as CCAA poidan articular vias de cooperación e colaboración.

Pero estas fórmulas de actuación non deben nunca confundirse con técnicas xurídicas obrigatorias ou unha subordinación directa dos concellos. Porque si así foise habería que definir entón ata que punto hai sometemento e ata que punto se busca un control administrativo de esa autonomía local. Este control administrativo é o maior defecto que se lle pode achacar á LrBRL pero que lonxe de interpretarse como unha imposición tense que utilizar como unha ferramenta de control sobre a legalidade de certos actos. Dentro de esa lóxica fiscalizadora deberían darse unha serie de modulacións que lonxe de afectar a súa rixidez tiñan que buscar mellorar o seu alcance. En este senso é significativo a distinción respecto á suspensión administrativa dos actos locais e a súa consideración como ferramentas de defensa das competencias propias das administracións autonómicas, competencias que non deixan de ser outra cousa de interese supramunicipais.

A LrBRL ten tido multitude de modificacións puntuais, unhas 25, e varios proxectos de reforma. As máis significativas a do ano 1999 e a de 2003. Esta última supuxo melloras substanciais no eido local, pero tamén algún empeoramento en certos temas de control executivo, como o fortalecemento da figura do alcalde que pasa a ter funcións e competencias que ata o de agora viñan sendo do Pleno. Bueno, todo é mellorable.

Esta perda de competencias do pleno só respondía no seu momento a unha presunta eficacia que non deixa de ser celeridade no mellor dos casos e inténtase compensar con unha definición dicotomizada das sesións plenarias: unha primeira parte decisoria e unha segunda de control e fiscalización política ao grupo de goberno.

E chegados a este punto, é de necesaria mención o informe CORA. Un acordo do Consello de Ministros do 26 de outubro de 2012 crea a denominada Comisión para a Reforma da Administración Pública. Esta remata na Lei 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Unha lei que impón un criterio moi restritivo na evolución do gasto público, o denominado teito de gasto, con incrementos de dito gasto moi por baixo tanto das necesidades sociais como dos propios ingresos públicos, co fin último de ir reducindo e precarizando o peso do público na economía.

De todos estes cambios e modificacións feitas na LrBRL, o modelo que se adoptou para asegurar a suficiencia financeira dos concellos, mencionada no art. 137 da CE, foi o de reducir competencias ( e subsidiariamente dar esas competencias e capacidades ás diputacións) en lugar de ampliar recursos para o seu financiamento. Un erro que queda ben plasmado no xeito caciquil que teñen algunhas figuras políticas á hora de dirixir esas diputacións e á hora de facer o reparto de fondos entre os concellos facendo predominar a cor política e non as necesidades reais de cada ente local.

Cumpre pois, dotar de certo criterio independente e sobre todo de autoxestión e racionalización interna aos concellos, modificando certos criterios da LrBRL así como derogar distintas leis que van en contra de esa autonomía impositiva que se dá dende outras administracións superiores ( a Lei Orgánica 2/2012 ou a Lei 27/2013 entre outras).

Dende a miña perspectiva, e sendo aínda bastante descoñecedor de certas dinámicas internas no eido local, creo que se deberían afrontar modificacións substanciais e de carácter urxente tanto na Lei de Bases como no R.D. Lexislativo 781/1986, sin que por elo teñamos que deixar atrás outras normas asociadas a estes entes administrativos como puidesen ser a Lei de facendas Locais, a Lei de Función Pública ou a Lei de Contratos do Sector Público no que ao ámbito municipal se refire, por citar algunhas.

A finalidade é clara: buscar unha mellora na visualización e autoxestión dos concellos e que estes non sexan sempre a última administración á hora de xestionarse e financiarse, porque á hora de acudir a cidadanía a demandar, solicitar ou reclamar moitos servizos son, de feito, a primeira administración a onde imos, xustamente.

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia “toda a información” sobre o anteproxecto do túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión de Infraestruturas para falar desta obra.

Nun audio gravado e difundido aos medios de comunicación, o rexedor asegurou que o Executivo galego enviou ao goberno local unha carta na que se informaba sobre o cálculo do custo que suporía o túnel de Beiramar, máis de 100 millóns de euros.

Caballero solicitou saber a que zonas afectará, como se deseñará o túnel e demais información que teña dispoñible a Xunta, polo que remitiu unha nova carta á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para pedila.

Así mesmo, subliñou que a prioridade actual do Concello é o túnel de Elduayen, asegurando que ambas as obras “están paradas na Xunta de Galicia”.

Noutra orde de cousas, tamén noutro audio enviado aos medios de comunicación desde o gabinete de Alcaldía, Caballero indicou que o goberno local aprobou a licenza para un edificio de 38 vivendas que se proxecta na ampliación de Navia, a cal fora reclamada en varias ocasións pola Xunta.

As obras da bancada de Gol comezarán a finais de xaneiro e a Avenida de Madrid en marzo, anuncia Caballero

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as obras da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos comezarán o 28 de xaneiro, mentres que os traballos de humanización da Avenida de Madrid iniciaranse en marzo.

Así o sinalou o rexedor olívico durante unha comida de Nadal organizado polo Concello cos medios de comunicación, onde Caballero apuntou que, nas primeiras semanas, é posible que a actual bancada sígase utilizando durante os partidos, mentres as obras permítano.

Pola súa banda, os traballos na Avenida de Madrid serán “complexos”, polo que durarán case dous anos, debido a que nas horas punta terán que estar abertos catro carrís da vía, debido á cantidade de tráfico que transita.

Caballero aproveitou a ocasión para falar doutros investimentos que levará a cabo o Concello de Vigo a principios do ano que vén, indicando, por exemplo, que a finais do mes de xaneiro adxudicarase a redacción do proxecto das novas ramplas de Gran Vía, que se prevé que supoñan un investimento duns 25 millóns de euros.

Ferida unha octoxenaria tras ser atropelada nun parking público da rúa Manuel Álvarez

0

Unha octoxenaria resultou ferida na mañá deste mércores en Vigo tras ser atropelada nun parking do barrio de Lavadores. Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 09.30 horas nun aparcadoiro público da rúa Manuel Álvarez. Foron os propios profesionais de Urxencias Sanitarias os que alertaron de que unha muller fora atropelada, indicando que parecía “grave”. Por iso, deuse aviso tamén á Policía Local. Fontes coñecedoras do accidente consultadas por Europa Press indicaron que a muller se deu un golpe na cabeza tras ser golpeada por un descoido da condutora, estando a vítima en prognóstico reservado.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed