InicioVigo e contornaVigoVigo pide á Xunta "toda a información" sobre o túnel de Beiramar...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitou saber a que zonas afectará, como se deseñará o túnel e demais información que teña dispoñible a Xunta, polo que remitiu unha nova carta á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para pedila

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia “toda a información” sobre o anteproxecto do túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión de Infraestruturas para falar desta obra.

Nun audio gravado e difundido aos medios de comunicación, o rexedor asegurou que o Executivo galego enviou ao goberno local unha carta na que se informaba sobre o cálculo do custo que suporía o túnel de Beiramar, máis de 100 millóns de euros.

Caballero solicitou saber a que zonas afectará, como se deseñará o túnel e demais información que teña dispoñible a Xunta, polo que remitiu unha nova carta á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para pedila.

Así mesmo, subliñou que a prioridade actual do Concello é o túnel de Elduayen, asegurando que ambas as obras “están paradas na Xunta de Galicia”.

Noutra orde de cousas, tamén noutro audio enviado aos medios de comunicación desde o gabinete de Alcaldía, Caballero indicou que o goberno local aprobou a licenza para un edificio de 38 vivendas que se proxecta na ampliación de Navia, a cal fora reclamada en varias ocasións pola Xunta.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...