Inicio Blog Páxina 2209

Piden fondos para reparar o bote tradicional irlandés que fixo o camiño desde Dublín

A Asociación Galega para o Patrimonio Industrial ( Buxa) iniciou unha recollida de fondos para poder reconstruír a embarcación tradicional coa que catro amigos irlandeses viaxaron de Dublín a Santiago en 2014 e que se converteu en símbolo do Camiño Xacobeo por mar.
O bote, chamado Naomh Gobnait, está depositado no Museo do Mar de Galicia en Vigo despois de que varase en Portugal. Será reconstruído coa colaboración da asociación irlandesa Meitheal Mara e serán os propios remeiros os que realicen os traballos, que comezarán en xuño. Os interesados en colaborar na iniciativa, que puxo en marcha Buxa, poden facelo a través dun donativo na súa páxina web www.asociacionbuxa.com.
Os traballos de restauración poderán verse no marco da exposición ‘O camiño por mar’ que poderá visitarse no Museo do Mar do 7 ao 31 de outubro. O bote foi utilizado por un grupo de amigos irlandeses en 2014, que o construíron para emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín a Santiago, nunha viaxe de 2.500 quilómetros por mar e que se fixo de forma espaciada durante tres anos.
Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o bote bordeou costas españolas, para desembarcar finalmente no porto da Coruña. Desde alí, os tripulantes continuaron a peregrinación a pé ata Santiago de Compostela.
A aventura concluíu con éxito en 2016. Pero un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer un roteiro pola costa galega, que acabou cun fatídico accidente en Caminha, no que falecido un dos tripulantes da embarcación.
 

A Xunta inicia a tramitación ambiental do plan de urbanismo de Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou a tramitación ambiental do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo.

Segundo precisou a Consellería nun comunicado, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático publicou a documentación do proxecto na páxina web de Avaliación Ambiental Estratéxica.

Precisamente, o Concello de Vigo remitiu o Documento Inicial Estratéxico e Borrador do plan e as emendas de documentación sinaladas pola Dirección Xeral de Urbanismo, polo que durante dous meses permanecerá aberto o prazo de consultas previas.

Posteriormente, terá lugar a aprobación inicial do plan de urbanismo por parte do Concello e o seu sometemento a información pública e informe sectorial das administracións públicas afectadas. Precisamente, o goberno local prevé que a aprobación inicial da PXOM se realice no primeiro trimestre de 2021 e, a definitiva, en 2023.

Tras o período de información pública e a integración do seu resultado, o Concello deberá solicitar a emisión da Declaración Ambiental Estratéxica, o que permitirá finalizar o támite ambiental iniciado este luns, antes de realizar a aprobación provisional da PXOM.

LEI DO CHAN DE GALICIA

Adicionalmente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lembrou que a Lei do chan de Galicia fixa medidas que permiten axilizar a tramitación de normas urbanísticas, como o informe único e o prazo máximo de tres meses, para o que opera o principio de silencio positivo.

Ademais, remarcou que o urbanismo é competencia municipal, polo que os promotores destas iniciativas deben ser os concellos. Con todo, destacou que o Goberno galego sustenta de modo económico e técnico os traballos destas administracións para iniciar, avanzar e concluír a tramitación dos plans urbanísticos.

Tamén apuntou que, tras a anulación da PXOM de 2008 da cidade olívica por sentenza, a Xunta “traballou para dar unha solución á situación urbanística de Vigo”, para a que incidiu en que a única resposta debe pasar pola aprobación dun novo plan.

Por este motivo, a Consellería lembrou que “tendeu a man” ao goberno local vigués mediante un convenio de colaboración para a redacción do plan que fixa a achega autonómica en máis de 1 millón de euros.

Vídeo: Buenafuente reúne a Led Zeppelin e Caballero para cantar por máis luces de Nadal

Desde logo en Movistar + non escatiman no que respecta ás parodias de Caballero, como pode verse nestes dous vídeos que republicaron vía Twitter os de Late Motiv, o coñecido programa de Buenafuente, incombustíbel cómico e presentador.

Velaquí un dos momentos álxidos do derradeiro programa: o imitador do rexedor olívico interpreta ‘Stairway to heaven’ coa súa banda de cabeceira. Por suposto, falamos de Led Zeppelin.

El alcalde de Vigo está que se sale.#LateMotiv pic.twitter.com/7v36bjgXrX

— Late Motiv en Movistar+ (@LateMotivCero) 14 de febrero de 2019

E se querías caldo toma dúas tazas:

Xunta e Norte de Portugal piden manter abertos os máximos pasos posibles na fronteira

0

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicita que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas e se manteñan abertos os máximos pasos posibles, para amortecer os efectos do peche de fronteiras emprendido polo país luso para conter a pandemia.

O obxectivo é tentar paliar ou “limitar no posible o impacto negativo” que poida ter tanto na economía “como na vida cotiá” dos habitantes da ‘raia’, para que non se repita a situación creada o pasado ano que obrigou a traballadores a realizar grandes desprazamentos debido aos poucos puntos de cruzamento permitidos.

Advertiron de que manter estes puntos en Verín e o de Salvaterra suporá “volver ao peor momento” do pasado ano e podería ocasionar, de novo, “obstáculos na circulación” e problemas para estes traballadores transfronteirizos.

Detido en Vigo por agredir sexualmente a unha muller que se atopou mal tras unha copa

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 36 anos de idade e de nacionalidade dominicana, como presunto autor dun delito de agresión sexual cara a unha muller, á que levou ao seu domicilio co pretexto de axudala, porque ela se atopaba mareada despois de tomarse unha copa.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a principios do pasado mes de marzo, e as pescudas foron asumidas polo grupo UFAM da Brigada de Policía Xudicial, que realizaron unha complexa investigación para dar co suposto autor da agresión.

A vítima relatou á Policía que se atopaba de madrugada nun local de copas da rúa Churruca cando, despois de tomarse unha bebida que lle ofreceu un home, empezou a atoparse mareada e saíu do establecemento para coller aire e tentar recuperarse.

Neses momentos achegóuselle outro home que se ofreceu a axudala e díxolle que podía ir á súa casa, que se atopaba preto. A pesar de que a muller respondeu que só quería tomar un taxi, este home insistiu en acompañala cara á rúa Urzáiz e, en lugar de levala a unha parada de taxis, aproveitando que se atopaba mal, acabouna levando ao seu domicilio, onde abusou dela.

Ao día seguinte, o sospeitoso díxolle que tiña que irse, porque debía ir traballar, e a moza foise a casa dun amigo, ao que lle relatou o que ocorrera, a pesar de que non lembraba demasiado ben os feitos. Por indicación do seu amigo, a muller trasladouse a un centro médico para facerse un recoñecemento e, posteriormente, presentou denuncia na Policía.

No transcurso da investigación destes feitos, os axentes lograron localizar un número de teléfono que podería ter relación co autor da agresión, aínda que comprobaron que o titular do cartón non era o sospeitoso (senón que este sospeitoso estaba a usar ese cartón telefónico a nome doutra persoa).

Esta pista permitiu á Policía acoutar as pescudas e, finalmente, identificou a un home como sospeitoso dos feitos denunciados. A vítima identificouno, polo que foi detido. Unha vez en Comisaría, os axentes comprobaron que o detido ten varios antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 4 de Vigo.

Hostaleiros e comerciantes de Vigo manifestaranse semanalmente para pedir o seu “rescate”

0

Hostaleiros e comerciantes de Vigo uníronse nunha mesa de traballo para sumar forzas e trasladar as súas reivindicacións ante as diferentes administracións, ás que volveron a esixir un plan de “rescate” para salvar empresas e emprego destes sectores, que se atopan en situación “crítica” debido á pandemia de COVID.

Así, representantes de ambos os colectivos (que representan a organizacións como a Federación Provincial de Hostalaría, Apemer Lecer Nocturno, comerciantes e hostaleiros de Torrecedeira, de Zona Náutico, Bouzas, Casco Lanuxe, Travesas ou Teis, entre outros) confirmaron que se manifestarán semanalmente e este luns concentráronse ante o edificio administrativo da Xunta na cidade olívica para incidir nas súas demandas.

Segundo lembraron coa lectura dun manifesto, estes sectores reclaman flexibilidade e axilidade na aplicación dos ERTE, e que poidan ampliarse ata maio de 2021; axudas directas para alugueres e subministracións; exoneración de tributos (ou polo menos a parte proporcional á paralización de actividade); suspensión do pago da cota de autónomos; moratorias en préstamos e hipotecas; habilitación de crédito en condicións vantaxosas; e axudas directas, entre outras medidas.

Un irmán de Sinaí Giménez e outros seis acusados volven a xuízo polo roubo de cocaína a un grupo arousán

0

Un dos irmáns de Sinaí Giménez (coñecido como o ‘rei dos xitanos’ de Galicia), Marino Giménez, e outros seis acusados (entre eles un exgarda civil) volverán sentar no banco dos acusados, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, despois de que o Tribunal Supremo ordenase repetir a vista na que foron condenados por estes mesmos feitos, en 2017.

A repetición dese xuízo fora fixada para decembro do ano pasado, pero tivo que aprazarse pola ausencia dun dos letrados defensores. Finalmente, a vista celebrarase na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, entre o 2 e o 5 de marzo.

AS PENAS ÁS QUE SE ENFRONTAN

Os feitos polos que sentarán no banco estes 7 acusados xa foron xulgados en 2017, momento no que se ditaron condenas que oscilaron entre os 7 anos e medio e os 4 anos de cárcere. Con todo, o Tribunal Supremo anulou ditas penas, por considerar que se vulnerou o principio de imparcialidade do tribunal (algúns maxistrados tiveron participación na resolución de recursos na fase de instrución) e ordenou repetir o xuízo.

A Fiscalía pide para Marino G.J. penas que suman doce anos de cárcere por ser cooperador necesario nun delito de tráfico de drogas, por integración en grupo criminal, e por tenencia ilícita de armas. Para o exgarda civil, Enrique P.M., pide un total de nove anos e medio de prisión, como autor dun delito de tráfico de drogas e outro de pertenza a grupo criminal; e para o resto de acusados solicita penas de cárcere que van desde os nove anos e medio ata os catro anos e medio de prisión.

ROUBO FRUSTRADO DUNHA PARTIDA DE COCAÍNA

Os feitos tiveron lugar a principios de 2014 cando, segundo o Ministerio Público, Marino G.J. (ao que considera xefe), Enrique P.M., Marcos G.B., Alfredo I.G. e Alfonso P.C. integraban un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas. O grupo ideou un plan para roubar unha partida de cocaína a outro grupo de narcotraficantes arousáns, para o que era indispensable a participación do entón axente da Garda Civil, Enrique, que debía simular un control policial e facilitar a subtracción da droga.

Así, concertaron unha cita en Poio (Pontevedra) cos outros dous acusados, Modesto D.A. e Benito O.O., que eran os provedores da substancia estupefaciente. Ata alí desprazáronse, nun coche Marcos e Alfonso para recoller a droga; mentres que Marino e Alfredo fixeron o mesmo para vixiar a operación e avisar a Enrique dos movementos do transporte cara ao Porriño, de maneira que este estivese prevido e puidese darlles o alto nas inmediacións dunha gasolineira en Mos.

O plan consistía en que, cando o garda lles dese o alto, Marcos (que traía a droga nun coche cos dous contactos arousáns) aproveitaría para subtraer o paquete de cocaína, de algo máis de medio quilo.

XA ESTABAN A SER INVESTIGADOS

Con todo, tal plan frustrouse, porque os acusados estaban a ser investigados pola Policía Nacional, que os interceptou no momento no que se dispuñan a simular ese control da Garda Civil e a apropiarse da cocaína.

Tras a detención, a Policía atopou, na casa de Marino G.J., en Tomiño (Pontevedra), unha pistola cos seus correspondentes cartuchos, un revólver de fogueo, tres navallas, 13 teléfonos móbiles (ademais dos outros dous que levaba encima no momento de ser arrestado), unha máquina de contar diñeiro e diversas cantidades de cocaína, heroína e cannabis.

Comezan os controis na fronteira con Portugal para asegurar o peche de Galicia durante a ponte

0

Na mañá deste sábado comezaron os controis na fronteira con Portugal para velar polo cumprimento do peche perimentral de Galicia decretado polo Goberno autonómico durante a ponte da Constitución.

Despois dunha xornada de venres na que puido observarse movementos a ambos os dous lados da fronteira en puntos como a ponte que conecta a localidade lusa de Vilanova da Cerveira con Tomiño sen que existisen controis policiais, estes comezaron a instalarse pasada a primeira hora deste sábado.

Así as cousas, axentes das forzas da orde controlan o tránsito na ponte transfronteiriza e dan o alto a todos os vehículos que por alí circulan. Cabe lembrar que só están permitidas as entradas e saídas de Galicia, tanto co país veciño como co resto do Estado, con causas xustificadas.

O venres, tras difundirse a ausencia de controis policiais, a Xunta demandou á Delegación do Goberno que incrementase a presenza de axentes na fronteira.

Antes, o propio representante do Executivo español en Galicia, Javier Losada, sinalara que as fronteiras como tal “non están pechadas”, senón que o está Galicia. Neste sentido, lembrou a quen entren en Galicia “que non poden pasar de Tui” ou “ten que aterse ás restricións que existen”.

Tui despide o entroido co enterro do Bacallau

0

O Entroido despediuse este domingo 24 de marzo en Tui coa celebración do Enterro do Bacallau, no que participaron miles de persoas que partiron ás 19.30 h dende a praza de San Fernando.

O percorrido transcurriu polas rúas Seixas, Porta da Pía, Ordoñez e Paseo da Corredoira até o Cantón de Diomedes onde se leron as coplas, e continuou pola praza da Inmaculada, as rúas Augusto G. Besada, Betanzos, Praza de Galicia, e rúa Lugo até a traseira da Área Panorámica para proceder a incineración do bacallau.

Enterro do Bacallau, Pablo Nunes/ Miguel Núñez

Segundo o recollido nas bases do Entroido, o bacallau é portado pola comparsa gañadora do concurso-desfile do pasado domingo “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro.

A escola musical foi realizada tamén pola comparsas de Pexegueiro, gañadora en acompañamento musical, mentres que o bacallau foi elaborado pola asociación “En Loureiro coma sempre” de Salceda, que coa carroza de “O Mundo de Shrek” levaron o primeiro premio nesta categoría.

Gran satisfacción de Caballero cos PGE: “Teñen absolutamente todo o que demandaba”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse este xoves “moi satisfeito” coas partidas dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) destinadas á cidade, porque recollen “absolutamente todo” o que demandaba, e puntualizou que “non poden recoller máis” porque os grandes proxectos, como o AVE ou o saída sur ferroviaria, foron “paralizados” polo PP e aínda teñen que pasar por estudos e informes antes da súa execución.

Así o trasladou o rexedor olívico nunha rolda de prensa na que apuntou que as contas presentadas polo Goberno de España recollen proxectos como a Biblioteca do Estado, a sede do Instituto de Investigacións Mariñas na ETEA, a electrificación do ferrocarril, o estudo do AVE a Madrid directo por Cerdedo, investimentos no aeroporto ou a supresión da peaxe de Redondela.

Ademais, incidiu, contémplase o inicio do estudo para a conexión ferroviaria entre Vigo e a fronteira con Portugal, é dicir, a saída sur, que será de alta velocidade para pasaxeiros e mercadorías.

Segundo o rexedor, “todas as grandes deficiencias” de Vigo teñen o seu reflexo en investimentos no PGE, e fixo especial fincapé nas conexións ferroviarias. “Como non vou estar satisfeito!”, proclamou, e constatou que “Vigo, en España, vai tendo o seu peso”.

Abel Caballero matizou que, se os investimentos non son maiores nos grandes proxectos, é pola “paralización” do PP, que obrigou ao Goberno de Pedro Sánchez a reactivar os trámites no punto en que quedaron. “Está todo o que a cidade pode ter, non pode ter máis porque o pararon gobernos do PP, de Feijóo, Rajoy e Ana Pastor”, aclarou.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed