InicioSociedadeComezan os controis na fronteira con Portugal para asegurar o peche de...

Comezan os controis na fronteira con Portugal para asegurar o peche de Galicia durante a ponte

Axentes das forzas da orde controlan o tránsito na ponte transfronteiriza e dan o alto a todos os vehículos que por alí circulan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na mañá deste sábado comezaron os controis na fronteira con Portugal para velar polo cumprimento do peche perimentral de Galicia decretado polo Goberno autonómico durante a ponte da Constitución.

Despois dunha xornada de venres na que puido observarse movementos a ambos os dous lados da fronteira en puntos como a ponte que conecta a localidade lusa de Vilanova da Cerveira con Tomiño sen que existisen controis policiais, estes comezaron a instalarse pasada a primeira hora deste sábado.

Así as cousas, axentes das forzas da orde controlan o tránsito na ponte transfronteiriza e dan o alto a todos os vehículos que por alí circulan. Cabe lembrar que só están permitidas as entradas e saídas de Galicia, tanto co país veciño como co resto do Estado, con causas xustificadas.

O venres, tras difundirse a ausencia de controis policiais, a Xunta demandou á Delegación do Goberno que incrementase a presenza de axentes na fronteira.

Antes, o propio representante do Executivo español en Galicia, Javier Losada, sinalara que as fronteiras como tal “non están pechadas”, senón que o está Galicia. Neste sentido, lembrou a quen entren en Galicia “que non poden pasar de Tui” ou “ten que aterse ás restricións que existen”.

ÚLTIMAS

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...