InicioVigo e contornaPiden fondos para reparar o bote tradicional irlandés que fixo o camiño...

Piden fondos para reparar o bote tradicional irlandés que fixo o camiño desde Dublín

O bote foi utilizado por un grupo de amigos irlandeses en 2014, que o construíron para emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín a Santiago, nunha viaxe de 2.500 quilómetros por mar e que se fixo de forma espaciada durante tres anos.

PUBLICADO O

A Asociación Galega para o Patrimonio Industrial ( Buxa) iniciou unha recollida de fondos para poder reconstruír a embarcación tradicional coa que catro amigos irlandeses viaxaron de Dublín a Santiago en 2014 e que se converteu en símbolo do Camiño Xacobeo por mar.
O bote, chamado Naomh Gobnait, está depositado no Museo do Mar de Galicia en Vigo despois de que varase en Portugal. Será reconstruído coa colaboración da asociación irlandesa Meitheal Mara e serán os propios remeiros os que realicen os traballos, que comezarán en xuño. Os interesados en colaborar na iniciativa, que puxo en marcha Buxa, poden facelo a través dun donativo na súa páxina web www.asociacionbuxa.com.
Os traballos de restauración poderán verse no marco da exposición ‘O camiño por mar’ que poderá visitarse no Museo do Mar do 7 ao 31 de outubro. O bote foi utilizado por un grupo de amigos irlandeses en 2014, que o construíron para emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín a Santiago, nunha viaxe de 2.500 quilómetros por mar e que se fixo de forma espaciada durante tres anos.
Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o bote bordeou costas españolas, para desembarcar finalmente no porto da Coruña. Desde alí, os tripulantes continuaron a peregrinación a pé ata Santiago de Compostela.
A aventura concluíu con éxito en 2016. Pero un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer un roteiro pola costa galega, que acabou cun fatídico accidente en Caminha, no que falecido un dos tripulantes da embarcación.
 

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...