Inicio Blog Páxina 2171

A insospeitada visión do novo libro de Xurxo Souto: “Vigo e A Coruña son a mesma cidade”

Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Esta é visión que defende Xurxo Souto na súa recente novela editada por Xerais “A Gran Travesía de Chiruca Macallás”, que está a defender nun roteiro intermitente que inclúe Urzaiz, Rúa da Torre, Teis e mais Labañou. Vén de presentala este mesmo luns na libraría Cartabón (Vigo, Urzáiz 125).

“Esta é unha visión como mínimo chocante”, recoñece: “Achego un argumento extenso: todo o mar. Diante dos ollos do océano, Vigo-Coruña son dous puntos de atraque, dunha mesma recalada, no medio da ruta marítima máis importante do mundo”.

“Por terra nada sabemos desta perspectiva, precisamente porque é un gran negocio a propia incomunicación”, lamenta. Un bo amigo seu, Pablo Gallego, profesor na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, comeza cada ano as clases deste xeito: “A carón do mapa de Galiza, un plano do metro de Tokyo. Ambos os dous coinciden en extensión. A principal diferenza, que o que por aquí é unha tortura de peaxes, convértese nun billete de metro pola banda de Xapón”.

“As persoas que viven no Calvario, en Coia ou Teis, son as mesmas persoas que viven nos Castros, Monelos e Labañou. Familias obreiras, de todas as aldeas, que viñeron buscar traballo á beira do mar”, compara.

Xurxo Souto, nun programa para nenos/ Galicia Confidencial

“Pero ninguén lle di á xente dos Mallos onde está Coia, nin aos de Teis onde queda Labañou. Un gran negocio, si, a incomunicación. Sobre todo para as elites dominantes que, dende sempre, procuraron que estas familias esquecesen as orixes para convertelas en dúctil masa popular, sempre disposta a seguir as arengas dos seus intereses localistas, intereses das elites, non dos obreiros”, engade.

“A Coruna é Vigo son a mesma cidade”, repite, “acudo ao aval da toponimia. Onde queda a Falperra? A reposta correcta é en Vigo e na Coruña. O Berbés en Vigo, mais a Berberiana na Coruña. Riazor no norte e tamén Riazó no sur -así o lembra aínda a xente maior- moi preto precisamente do estadio de Balaídos”.

“A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Este aserto é en si mesmo unha provocación. Mais tamén unha proclama de futuro. Que acontecería se a dúas urbes con maior número de habitantes de Galiza superasen os negocietes localistas e comezasen a colaborar?”, pregúntase o autor.

“Pois que non existiría poder portuario maior que o noso“, acrecenta, “pobre Rotterdam pequeniña e os seus oitenta quilómetros de peiraos. E comezaríamos por fin a lle quitar rendemento a ese inmenso negocio que flúe diante dos nosos fociños… cara outros portos”.

Berbes
Barco de baixura, entrando no porto /Miguel Nuñez

“Este país deixaría de ser periferia, para nos converter -centro do mar- nunha verdadeira talasocracia. Por certo, mesmo contribuiriamos a mellorar a propiedade da linguaxe. Porque o día no que A Coruña e Vigo comezasen a colaborar de verdade, ninguén podería impedir que, honrando o seu nome, o Corredor Atlántico -grande eixo de comunicación transeuropeo- chegase por fin a Galiza”, asegura.

“Eu non o verei”, lamenta: “Entre outras razóns porque sobre os portos da Coruña e Vigo non deciden os habitantes da Coruña e nin os de Vigo. Dependen –tíralle do aire- directamente de Madrid. Eu non o verei. Arega de futuro. Quizá a miñas fillas si. Vigo e A Coruña son a mesma cidade… despois está Bouzas”.

A declaración do Corpus de Ponteareas como BIC comeza a tomar forma

0

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, reuníuse hoxe co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, para entregarlle en man o dossier da solicitude do recoñecemento BIC (Ben de Interés Cultural Inmaterial).

Logo de que a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, lle trasladara á dirección xeral da Consellería de Cultura a solicitude, o goberno local segue a traballar “para que todas as institucións implicadas na toma da decisión e na valoración da proposta dispoñan da información e documentación precisa”.

O Consello da Cultura Galega puido coñecer da man do Alcalde “todas as peculiaridades da
nosa festa de interese turístico internacional que conta con máis de 160 anos de historia
documentada e con todos os requisitos necesarios para ser declarado Ben de Interese Cultural Inmaterial”.

“Pola súa tradición, por ser o pobo o portador e transmisor, pola técnica, polos materiais e pola singularidade desta arte floral, as alfombras de Ponteareas reúnen as condicións requeridas para obter maiores e novos recoñecementos”, motivo polo que o goberno da este novo paso diante dun organismo que se encargará de estudar e valorar a proposta, ao ser un órgano de obrigada consulta para obter este recoñecemento.

O Alcalde de Ponteareas adiantou a Villares a súa intención de seguir dando pasos para obter todos os recoñecementos posibles para as alfombras florais de Ponteareas que son para este goberno “algo máis que tradición, son unha arte consagrada que reúne creatividade, técnica, diversidade e calidade de materiais e a coordinación dun equipo humano que traballa de xeito desinteresado”.

Alguén prepara salchichas con alfinetes para os cans dunha veciña de San Miguel de Oia

A Sección da U.M.I.R da Policía Local de Vigo foi requirida este xoves por unha cidadá nun
domicilio da parroquia de San Miguel de Oia debido a que se atopou varias salchichas con alfinetes no seu interior, no terreo da súa propiedade.

Os Axentes no lugar entrevistáronse coa requirente, a cal manifestou que momentos antes,
cando estaba realizando labores de roce na súa leira, viu varias salchichas esparcidas nun
radio duns dous metros aproximadamente e que no seu terreo ten dúas cadelas así como que os seus animais non sufriran danos debido a que a zona onde se atoparon as salchichas atópase valada cunha malla metálica.

Os actuantes posteriormente trataron de pescudar quen puido ser o autor ou autores dos feitos, sen obter polo momento ningún resultado polo que continúan as pesquisas policiais.

O presidente do Porto asegura que a conexión ferroviaria da terminal de Bouzas é “irrenunciable”

0

O presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou que a conexión ferroviaria da terminal de Bouzas é “irrenunciable” e garantiu que sempre defenderá “a solución que máis beneficie á cidade” para dotala desta infraestrutura.

Durante a súa intervención nunha tribuna organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, remarcou a importancia da “transparencia, o diálogo e a implicación de todos” para alcanzar “o mellor proxecto posible para o Porto”. Así, subliñou que as actuacións previstas pola institución que preside “están a facerse ou revisando cos usuarios actuais ou potenciais desas instalacións”.

Nesta liña, resaltou que aspira a “construír un proxecto común metropolitano” baseado “no diálogo e a colaboración institucional e público-privada”, así como a “protexer a actividade portuaria” mentres se ceden espazos á cidadanía e se impulsa a sustentabilidade. Deste xeito, recalcou a necesidade de mellorar o diálogo entre o Porto e o Concello.

Vázquez Almuiña tamén avogou por unha “colaboración institucional” que permita que a planificación urbanística “dea resposta ás necesidades do Porto”, así como que “estas sexan recollidas tamén nos instrumentos de planificación urbanística que desenvolven os propios concellos a través dos seus plans xerais de ordenación municipal (PXOM)”.

Para iso, defendeu que se deben levar a cabo “o maior número de exposicións públicas e explicacións posibles” co obxectivo de alcanzar a “implicación e colaboración de todos”.

Adicionalmente, apostou por potenciar a actividade portuaria e a dixitalización, fortalecer as infraestruturas actuais e consolidar a estratexia de Crecemento Azul. Ademais, afirmou que o Porto “debe de ir un paso por diante da demanda”, polo que lembrou que se planificaron diversos investimentos por valor de 140 millóns de euros de cara ao próximos cinco anos.

Caballero pide aos concellos da área metropolitana que “aforren auga como Vigo”

Abel Caballero enviou unha misiva aos alcaldes de nove municipios da área metropolitana aos que se lles abastece de auga para que activen, como xa fixo Vigo, o ‘modo aforro’ de auga e que recomenden aos seus cidadáns un consumo responsable de auga.

A carta foi enviada aos rexedores de Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos, para urxirlles que tomen estas medidas para frear o gasto de auga e poñan en marcha iniciativas para concienciar os cidadáns das súas vilas sobre a necesidade dun consumo responsable.

“Pido que aforren o mesmo que Vigo, porque de auga non estamos mal pero non hai previsión de choivas en moitas semanas”, alertou o alcalde vigués.

Neste sentido, avisou de que se vai a medir o consumo de auga de cada concello, xa que, segundo os datos que manexa, houbo “algún concello que consumiu un 11 por cento máis de auga que o ano pasado” entre os meses de xaneiro e agosto.

Con todo, en conxunto os municipios da área conseguiron reducir un dous por cento o consumo de auga, aínda que en Vigo o aforro ascendeu ao 4,5 por cento.

Nesta liña, Caballero volveu incidir na necesidade do transvasamento de emerxencia, pero o proxecto, lembrou, “atopouse coa feroz oposición que Feijóo fai a todo o que ten que ver con Vigo”. “Feijóo quere que quedemos sen auga”, sentenciou.

Un incendio nun faiado obriga a evacuar un edificio en Vigo, sen que se producisen danos persoais

Un edificio de catro plantas situado na cidade de Vigo foi desaloxado na madrugada deste xoves ao declararse un incendio nun trasteiro, aínda que non houbo que lamentar danos persoais, segundo informou o 112.

En concreto, o incendio ocorreu nun inmoble situado na rúa Casiano Martínez ao fío das seis desta madrugada, cando o fume provocado polo incendio chamou a atención dun veciño que contactou inmediatamente co 112 Galicia.

Após a chamada de alerta, o 112 avisou aos efectivos do parque de bombeiros de Vigo, que traballaron na extinción do lume até pasadas as 9,30 horas. Segundo explicaron, as chamas arrasaron por completo o trasteiro e chegaron a afectar ao tellado do edificio e ás portas doutro trasteiro lindeiro.

Mentres duraron as tarefas de extinción do incendio, os veciños do inmoble foron desaloxados, sen que se producisen danos persoais. Por precaución, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración das 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Policía Local.

Seguen baixando os casos Covid na área de Vigo

Os casos activos de Covid-19 sitúanse por baixo dos 3.000 ao descender a 2.764 en Galicia e os hospitalizados por este coronavirus baixan a 119 –quince menos–, mentres que os novos contaxios ascenden lixeiramente a 115.

Así se extrae dos datos feitos públicos polo Sergas este xoves –con rexistros ata as 18,00 horas do mércores–, nos que se indica que hai 31 persoas en UCI pola Covid-19 –catro menos– e 88 noutras unidades –once menos–, mentres que 2.645 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende na de Vigo, onde seguen sete en UCI e descenden a 11 os doutras unidades –dous menos–.

En canto aos casos activos, sitúanse por baixo dos 3.000 ao baixar a 2.764, que supoñen 246 menos que os rexistrados o día anterior. Descenden nas sete áreas sanitarias, 30 deles en Vigo, que queda con 434 casos.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentan lixeiramente a 115 no conxunto de Galicia, tres máis que os 112 rexistrados na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse por probas diagnósticas (PDIA) 117 positivos, deles 33 na área de Vigo.

O Morrazo esixe explicacións e “desculpas polo trato” a Fomento, ademais da suspensión das peaxes

Ao redor dunhas duascentas persoas participaron na concentración convocada polos alcaldes de O Morrazo (Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa) para reclamar explicacións ao Ministerio de Fomento e a Audasa sobre as obras pendentes na Ponte de Rande ante os constantes colapsos de tráfico que se rexistran, e para esixir que se suspenda a peaxe mentres duren os traballos.

A concentración realizouse ás 11:30 horas no aparcadoiro situado ante a Igrexa de Domaio (Moaña), xusto en fronte da Ponte de Rande da autoestrada AP-9. Debido a que a decisión de realizar a protesta tomouse este mesmo venres, os convocantes optaron por non realizar unha manifestación, aínda que non a descartan, en caso de non recibir respostas por parte de Fomento.

Leticia Santos (Alcaldesa de Moaña), como megáfono, e mais Xosé Manuel Pazos (alcalde de Cangas), cos brazos cruzados, entre outros.

Na protesta participaron representantes dos municipios convocantes da protesta: a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos (BNG); o rexedor de Cangas Xosé Manuel Pazos (EU-SON); o concelleiro de Relacións Institucionais de Bueu, Fidel Castro (BNG), e o alcalde de Vilaboa, José Luís Poceiro (PSOE). Tamén se sumaron concelleiros do Concello de Vigo.

No manifesto central lido no acto, os gobernos municipais de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa, denunciaron “os prexuízos que a nefasta xestión das obras de ampliación da Ponte de Rande están a provocar aos veciños”.

RECLAMAN QUE SE SUSPENDA O PAGO DA PEAXE

Entre as reclamacións realizadas a Fomento, figura a petición de que mentres duren as obras non se teña que pagar por transitar polo tramo afectado. Ademais, solicitan ao Goberno central que non se aplique “o convenio que permite a subida das peaxes polos incumprimentos da concesionaria“.

Autopista do Morrazo / Miguel Núñez

Os alcaldes criticaron, en especial, a falta de explicacións por parte de Fomento sobre unhas obras que chegan despois de que en decembro se inaugurara “a ampliación da ponte” e, en consecuencia, subírase a tarifa da peaxe.

ESIXEN EXPLICACIÓNS A FOMENTO

Os rexedores puxeron a énfase na esixencia de explicacións, demandando que se lles “facilite toda a información sobre as obras canto antes, que se deixe de discriminar aos veciños de O Morrazo ao obrigalos a circular en dirección a Vigo por un único carril e que se coordinen as actuacións que afecten o tráfico cos concellos afectados”.

Debido ás “molestias” causadas á cidadanía solicitan, ademais, que se “pidan desculpas polo trato” dado aos veciños das localidades afectadas.

Xa desde o seu inicio, segundo lembraron, o proxecto discriminaba á cidadanía da comarca de O Morrazo ao obrigarlles a transitar “exclusivamente polos carrís exteriores”, aínda que “grazas á presión do catro gobernos e do tecido asociativo veciñal” conseguiuse que se cambiase o proxecto, pero “sen que en ningún momento” se trasladara a planificación dos traballos que quedaban por realizar.

 
Nesta liña, o manifesto explica que en decembro de 2017, os gobernos locais declinaron a invitación do Ministerio a asistir á “inauguración da ampliación de Rande”.

Un rexeitamento que xustificaron en que “as obras non estaban acabadas” e na idea de que o acto só servía de “coartada” para “subir a peaxe“. “Ter que pagar as obras a través de peaxes” supón, denuncian, unha “discriminación dobre“, por ser a AP-9 das autoestradas máis caras do Estado.

Tras este acto de inauguración, o 13 de febreiro, os alcaldes souberon “pola prensa” que as obras se retomaban e que suporían o peche ao tráfico dos carrís centrais, alegando obras de mantemento. Tan só uns días despois, o 22 dese mesmo mes, os responsables da obra confirman ao Concello de Moaña que as obras non estaban terminadas.

Os rexedores do Morrazo amosan o seu descontento coas obras en Rande / Miguel Núñez

A confirmación levou aos catro gobernos locais a decidir “actuar conxuntamente”, para solicitar unha “reunión urxente” co ministro de Fomento como “máximo responsable desta infraestrutura”.

Así, transmitiron a Fomento a súa “desconformidade coa falta de información sobre as obras, a falta de coordinación e de planificación respecto diso da repercusión das mesmas sobre o tráfico de vehículos”, debido a que estaba a provocar “retencións diarias durante as horas punta que colapsan a entrada e saída desde a península de O Morrazo”.

Pero ante a falta de resposta, o 16 de marzo celebrouse unha concentración ante o Concello de Moaña e o 30 de abril emprazaron a Fomento a unha reunión, o pasado venres 18 de maio, á que inicialmente se confirmou a asistencia.

Con todo, o “plantón” deste venres, cando se lles comunicou que non asistiría ningún responsable de Fomento, levou aos alcaldes a convocar esta primeira concentración á que xa advertiron que, en caso de non haber respostas, seguirán novas mobilizacións.

As obras na ponte de Rande, que comezaron a mediados de febreiro, provocan retencións e colapsos de tráfico entre a península de O Morrazo e Vigo de forma continua. De feito, tamén o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, esixiu en días pasados que se tomen medidas para evitar que os condutores queden atrapados na autoestrada.

Anunciado un polígono de vivenda protexida de promoción municipal no parque central de Santa Cristina

O Concello de Vigo desenvolverá un polígono de vivenda protexida na parcela que actualmente ocupa o parque central de servizos municipais de Santa Cristina de Lavadores, segundo anunciou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, aínda que non precisou cantas vivendas poderán construírse nesa zona.

O rexedor volveu a defender o “compromiso” do goberno local coa vivenda protexida, ratificado no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que será aprobado inicialmente en pleno antes de que acabe agosto.

Segundo subliñou, o novo plan proxecta 50.000 vivendas, das que 14.500 (un 29 %) terán algún tipo de protección. Tamén explicou que hai cinco ámbitos de novos desenvolvementos residenciais nos que a porcentaxe de vivenda protexida será de entre o 90 e o 100 %.

Respecto diso, apuntou que, en Vigo, hai unhas 5.000 persoas inscritas como demandantes de vivenda pública, aínda que dita demanda pode ser superior en realidade, porque moita xente “desiste, se desanima ao ver que a Xunta non fixo nada en 12 anos”. A novo PXOM, recalcou, daría resposta a esta demanda, e avanzou que a Zona Franca tamén se implicará no impulso da vivenda protexida na cidade.

No caso da actuación de Santa Cristina de Lavadores, explicou que será o propio Concello o que desenvolva as vivendas protexidas e que as instalacións municipais que actualmente están alí trasladaranse á parcela da antiga Afamsa, en Severino Cobas. “E non descarto outros polígonos noutras zonas”, engadiu, á vez que confirmou que a intención do goberno municipal é estudar o financiamento desta operación con cargo a fondos europeos Next Generation.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed