InicioSociedadeAnunciado un polígono de vivenda protexida de promoción municipal no parque central...

Anunciado un polígono de vivenda protexida de promoción municipal no parque central de Santa Cristina

Así o anunciou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que volveu defender o "compromiso" do goberno local coa vivenda protexida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo desenvolverá un polígono de vivenda protexida na parcela que actualmente ocupa o parque central de servizos municipais de Santa Cristina de Lavadores, segundo anunciou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, aínda que non precisou cantas vivendas poderán construírse nesa zona.

O rexedor volveu a defender o “compromiso” do goberno local coa vivenda protexida, ratificado no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que será aprobado inicialmente en pleno antes de que acabe agosto.

Segundo subliñou, o novo plan proxecta 50.000 vivendas, das que 14.500 (un 29 %) terán algún tipo de protección. Tamén explicou que hai cinco ámbitos de novos desenvolvementos residenciais nos que a porcentaxe de vivenda protexida será de entre o 90 e o 100 %.

Respecto diso, apuntou que, en Vigo, hai unhas 5.000 persoas inscritas como demandantes de vivenda pública, aínda que dita demanda pode ser superior en realidade, porque moita xente “desiste, se desanima ao ver que a Xunta non fixo nada en 12 anos”. A novo PXOM, recalcou, daría resposta a esta demanda, e avanzou que a Zona Franca tamén se implicará no impulso da vivenda protexida na cidade.

No caso da actuación de Santa Cristina de Lavadores, explicou que será o propio Concello o que desenvolva as vivendas protexidas e que as instalacións municipais que actualmente están alí trasladaranse á parcela da antiga Afamsa, en Severino Cobas. “E non descarto outros polígonos noutras zonas”, engadiu, á vez que confirmou que a intención do goberno municipal é estudar o financiamento desta operación con cargo a fondos europeos Next Generation.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...