Inicio Blog Páxina 2073

O Centro Oceanográfico de Vigo oferta un contrato predoutoral no marco do proxecto Impress

O Centro Oceanográfico de Vigo ofertou un contrato predoutoral no marco do proxecto Improving scientific advice to fisherymanagement for resources of interest for Spain in Atlantic waters (Impress) –Mellora do consello científico para a xestión de recursos pesqueiros de interese para España en augas atlánticas–.

O contrato, que se enmarca nas axudas públicas do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación, ten por obxectivo a realización dunha tese enmarcada no proxecto Impress.

Para a tese, dirixida por María Grazia e Santiago Cerviño, proponse un enfoque metodolóxico “novo”, para unha implementación “efectiva” do coñecemento espacial e ecolóxico, segundo recolle nun comunicado o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

“Isto permitiría abarcar a xestión espacial das especies dunha maneira operacional, proporcionando un enfoque máis holístico e baseado no ecosistema”, subliñou o Ministerio.

Na elección do candidato valorarase o expediente académico, o dominio do inglés, os estudos de máster en estatística/bioestadística ou titulacións equivalentes e a experiencia acreditada en investigación, entre outras cousas.

A persoa seleccionada incorporarase ao equipo de avaliación e terá a oportunidade de participar en grupos de traballo internacionais, así como en congresos e cursos de especialización.

As competicións de Fortnite chegan a Vigo: quen quedará en pé?

A primeira competición do videoxogo de disparos en terceira persoa máis de moda, o Fortnite, chega a Galicia. Celebrarase nas os días 29 e 30 de xuño de xeito simultáneo nas HYPE Station do Centro Comercial Gran Vía de Vigo e o Centro Comercial As Termas de Lugo.

Os usuarios que logren quedar os últimos en pé dunha partida de Fortnite levaranse unha medalla creada en exclusiva para o evento. Para participar na competición hai que ser socio de HYPE Station e inscribirse de forma presencial nas Hype Station dos centros comerciais ou mediante WhatsApp no teléfono 674 658 499. Ademais, pódese participar tantas veces como se queira, sempre seguindo as normas de cola e aforo do área.

O BNG acusa á Xunta de someterse aos intereses privados da concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro

O vindeiro mércores 13 de xuño someterase a debate na Comisión 5ª do Parlamento unha  proposición onde se insta ao Sergas “a que abandone a política de confrontación co persoal técnico de coidados auxiliares de enfermería do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como a súa submisión á concesionaria do novo hospital”, declaran dende o BNG.

“A decisión do Partido Popular de construír o Novo Hospital de Vigo sobre un modelo de privatización non só converteu a concesionaria na responsábel do proxecto de construción, senón que supuxo cederlle a explotación e xestión de moitos servizos”, engaden.

Dentro destes servizos está a limpeza e a lavandería, “sendo a intención do Sergas que pase o persoal TCAE a realizar parte das labores que realizaba o persoal de limpeza, en concreto o traslado das bolsas de roupa sucia desde a porta das habitacións”.

Hospital Alvaro Cunqueiro
Hospital Alvaro Cunqueiro / Miguel Núñez

Ademais, “o Sergas en lugar de esixir a realización destas tarefas á empresa concesionaria dotándose do persoal necesario, toma a decisión de sobrecargar aínda máis ao seu propio persoal, creando deste xeito un conflito coas TCAE”, denuncian.

Desde o BNG esixen “unha rectificación por parte do Sergas para que deixe de protexer á empresa concesionaria e defenda ao seu persoal, pasando dunha política de confrontación a unha de diálogo co persoal TCAE”, explica Montse Prado, deputada do BNG.

Por último, na iniciativa presentada tamén se demanda do Sergas a que proceda á retirada dos expedientes sancionadores iniciados, e se absteña de abrir outros novos a profisionais, polo conflito xerado en torno á discrepancia competencial no traslado das bolsas de roupa sucia.

A Xunta presume dos peregrinos que durmiron no seu albergue desde o 1 de xullo

Un total de 473 peregrinos pasaron xa polo albergue ‘Juan Manuel López-Chaves’, que abriu as súas portas no Casco Vello de Vigo o pasado 1 de xullo, segundo informou a Xunta de Galicia.

A delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias destacou a “boa acollida” deste servizo, e lembrou que o Camiño Portugués pola Costa, que atravesa a cidade de Vigo, segue sendo unha das rutas xacobeas “máis demandadas” e é elixida, xunto coa vertente polo interior, polo 25 % dos peregrinos que chegan a Santiago.

Desde a súa posta en servizo, o albergue vigués acolleu peregrinos de diversas procedencias, o que pon de manifesto a “popularidade” do Camiño en diferentes territorios, e incidiu en que a ruta portuguesa pola costa foi unha das que rexistrou maior incremento de afluencia en 2019 “e mantense en auxe”.

O albergue ‘Juan Manuel López-Chaves’ foi reservado por peregrinos de 29 países, como República Checa, Italia, Romanía, Francia, Eslovenia, Alemaña, Estados Unidos, México, Australia, Rusia ou Suecia, entre outros. Por outra banda, tamén recibiu visitantes doutras Comunidades de España (Andalucía, Baleares, Canarias, Estremadura, Aragón, Valencia, Navarra, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Madrid e Murcia).

O albergue, que ten seis plantas, conta cunha capacidade de de 93 prazas, aínda que o aforamento reduciuse actualmente como medida de prevención ante a Covid.

Esta é a historia do tuit dun veciño do Porriño que viralizaron varios ministros

Cada conflito social e cada tempo teñen as súas propias palabras ou expresións, as que definen parte do momento, as que se apoderan e condicionan o debate. Un dos conceptos máis utilizados durante a emerxencia sanitaria que está a provocar o coronavirus é, sen dúbida, “Capitán a Posteriori“. Trátase dun personaxe da serie de debuxos animados ‘South Park‘ que rescatou, a través das redes sociais, un mindoniense, Suso Amieiro.

Ocorreu o 17 de marzo, días despois de que o Goberno decretase o estado de alarma. Amieiro, enxeñeiro de telecomunicacións asentado no Porriño, veu a polémica levantada arredor da xestión da pandemia, con moitas persoas que aseguraban ter predecido o seu impacto. “Todo o mundo sabía o que hai que facer e o que se debeu facer antes; en España hai 38 millóns de seleccionadores de fútbol”, expón. Daquela, fedellando, atopouse cun vídeo que retrataba a situación, ao seu xuízo, á perfección. Era do “Capitán Posteriori” da serie South Park. Toda a información en Xornal da Mariña.

A Brilat acode a Vigo para desinfectar unha residencia

A Brilat realizará misións de desinfección cos equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) na Residencia DORAL en Vigo.

Así mesmo, as patrullas da Brilat teñen previstas tarefas de colaboración coa Garda Civil de control fronteirizo nas localidades pontevedresas de Arbo, Salvaterra, Tui e Tomiño.

Estas actividades da Brilat realízanse no marco da ‘Operación Balmis’ que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus COVID-19.

Nova ‘Noite Branca’ en Vigo: museos abertos ata a madrugada e diversas actividades

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a ‘Noite Branca’, que englobará distintas actividades nos museos municipais da cidade, que abrirán desde as 20,00 horas este venres ata as 2,00 horas do sábado.

Durante unha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, o rexedor olívico detallou que este evento englobará visitas guiadas ás instalacións museísticas, unha ducia de concertos, representacións e talleres.

En concreto, terá lugar nos espazos que compoñen a Rede Museística do Concello: o museo Quiñones de León do Parque de Castrelos, o Verbum-Casa das Palabras, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes e o Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Adicionalmente, os xacementos arqueolóxicos do Castro, o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, Naturnova, o Museo do Mar de Galicia e Salinae acollerán distintas actividades enmarcadas na ‘Noite Branca’.

Caballero avanzou que ás 21,00 horas se celebrará unha actuación musical no Marco, e ás 22,00 horas na Pinacoteca. Ás 23,00 horas terá lugar un concerto de música medieval no museo Quiñones de León e outra interpretación no Verbum, mentres que a Praza da Princesa acollerá unha actuación musical ás 00,00 horas. Ás 20,30 e ás 00,00 horas tamén se ofrecerán concertos na Casa das Artes, ademais doutras actividades.

O alcalde puxo en valor este evento dado que os museos “se enchen” e destacou que estes espazos son a “forma de entender a cultura” na cidade.

XUNTA DE GOBERNO

Por outra banda, avanzou a aprobación en xunta de goberno dun convenio co Banco de Alimentos por un orzamento de 45.000 euros e a destinación doutros 50.000 para a Asociación Amigos da Ópera de Vigo co obxectivo de desenvolver o programa ‘Outono Lírico 2019’.

Noutra orde de cousas, explicou que se reuniu cos representantes de Vigomar, a festa do marisco da cidade, que se celebrará entre o 5 e o 8 de agosto. Segundo indicou Abel Caballero, no encontro acordouse o reforzo deste evento no seu desenvolvemento e na súa divulgación. Así, expuxo a posibilidade de dotalo dun compoñente musical.

Cifras de récord nun día na consulta sobre as praias sen fume de Vigo

A consulta popular activada este martes sobre a posibilidade de prohibir fumar nalgunhas praias de Vigo rexistrou en apenas un día 24.848 votos, o 77,84% dos cales a favor desta iniciativa.

Menor actividade rexistrou, de momento, a consulta sobre prohibir ou non fumar no estadio de Balaídos, de propiedade municipal, xa que participaron na mesma 9.159 cidadáns, dos que o 83,02% mostráronse a favor de pór coto ao fume.

A votación, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa realízase por teléfono móbil e o sistema só permite un voto por cada dispositivo.

O Concello de Mos, a pola máxima limpeza en 6 meses

0

O Concello de Mos adxudicou o pasado mércores 9 de maio o servizo de desbroce e limpeza de cunetas das vías municipais, e con esta última contratacion bota a andar un servizo que formará parte do plan Mos Limpo, tal e como informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez.

Neste plan de actuación a catro bandas, traballarán coordinadamente a brigada municipal de parques e xardíns que chegará a contar con 15 membros xunto con 3 empresas, a de mantemento de parques e xardíns, a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos e por último a empresa responsable do desbroce e limpeza de cunetas.

Este plan integral permanecerá a pleno rendemento ata outono, sobre o mes de outubro aproximadamente, para acadar o obxectivo de manter os lugares públicos en estado de máxima limpeza.

Este cronograma de actuación ven marcado polas condicións climatolóxicas destes meses, que favorecen o maior crecemento da vexetación, así coma a celebración de máis actividades ao aire libre nas que se xeneran unha maior cantidade de residuos e desperdicios nos espazos públicos.

Concello de Mos

As brigadas municipais faranse cargo tamén do mantemento de fontes e lavadoiros, da limpeza de determinados viais, e do mantemento do paseo do río Louro así como o camiño de Santiago. Prestarase especial atención e coidado ao mantemento en perfecto estado do mobiliario urbano (marquesinas autobús, bancos, papeleiras, etc).

Tamén se solicitou por parte do Concello á contratación de 2 persoas preceptoras da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA) que comezarían a traballar en xullo, e na contratación de 4 peóns forestais solicitados a través do programa APROL da Xunta (que comenzarían no mes de xuño), como acción preventiva de lumes e para evitar queimas a raíz dos incendios do pasado mes de outubro de 2017. Dito persoal adicarase tamén á limpeza de maleza en fincas e taludes.

Deste xeito, nun prazo de medio ano (de maio a outubro), o goberno local mosense pretende lograr “un Mos Limpo con maiúsculas para uso e disfrute das persoas”.

Campaña da Policía Nacional para evitar o acoso a menores por redes

0

A Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela puxo en marcha unha iniciativa para previr o acoso sexual a menores mediante redes sociais, coñecido como ‘child grooming’, e o uso indebido das novas tecnoloxías. Fontes policiais sinalaron que o crecente uso das novas tecnoloxías e dispositivos móbiles que permiten acceder a redes sociais poden levar unha exposición a riscos para os menores como o acoso sexual por Internet.

En concreto, explicaron que a modalidade de acoso coñecida como ‘child grooming’ consiste nunha serie de condutas realizadas por unha persoa para atraer a atención de menores co obxectivo de establecer un vínculo de amizade ou unha conexión emocional con eles mediante redes sociais e xogos en rede. Deste xeito, estas persoas poden chegar a conseguir imaxes pornografía infantil para consumo propio ou para proceder á súa distribución e venda.

Ademais, advertiron de que, en casos moi excepcionais, poden chegar a abusar sexualmente dos menores cos que establecen os vínculos emocionais. Así, as mesmas fontes puxeron o foco en que esta modalidade delituosa pode ser daniña en gran medida para as vítimas debido á súa idade. Por este motivo, a Comisaría de Vigo-Redondela puxo en marcha unha iniciativa para concienciar e informar sobre medidas preventivas para evitar o acoso a menores a través de Internet.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed