O Concello de Mos adxudicou o pasado mércores 9 de maio o servizo de desbroce e limpeza de cunetas das vías municipais, e con esta última contratacion bota a andar un servizo que formará parte do plan Mos Limpo, tal e como informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez.
Neste plan de actuación a catro bandas, traballarán coordinadamente a brigada municipal de parques e xardíns que chegará a contar con 15 membros xunto con 3 empresas, a de mantemento de parques e xardíns, a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos e por último a empresa responsable do desbroce e limpeza de cunetas.
Este plan integral permanecerá a pleno rendemento ata outono, sobre o mes de outubro aproximadamente, para acadar o obxectivo de manter os lugares públicos en estado de máxima limpeza.
Este cronograma de actuación ven marcado polas condicións climatolóxicas destes meses, que favorecen o maior crecemento da vexetación, así coma a celebración de máis actividades ao aire libre nas que se xeneran unha maior cantidade de residuos e desperdicios nos espazos públicos.
As brigadas municipais faranse cargo tamén do mantemento de fontes e lavadoiros, da limpeza de determinados viais, e do mantemento do paseo do río Louro así como o camiño de Santiago. Prestarase especial atención e coidado ao mantemento en perfecto estado do mobiliario urbano (marquesinas autobús, bancos, papeleiras, etc).
Tamén se solicitou por parte do Concello á contratación de 2 persoas preceptoras da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA) que comezarían a traballar en xullo, e na contratación de 4 peóns forestais solicitados a través do programa APROL da Xunta (que comenzarían no mes de xuño), como acción preventiva de lumes e para evitar queimas a raíz dos incendios do pasado mes de outubro de 2017. Dito persoal adicarase tamén á limpeza de maleza en fincas e taludes.
Deste xeito, nun prazo de medio ano (de maio a outubro), o goberno local mosense pretende lograr “un Mos Limpo con maiúsculas para uso e disfrute das persoas”.