Inicio Blog Páxina 1983

Cronoloxía completa do conflito político e a investigación tralo accidente do Marisquiño

O acontecido o pasado domingo no Marisquiño, resultando feridas máis de 400 persoas, está a provocar consecuencias políticas moi diversas, mentres que a policía científica e a xudicial están traballando para esclareceu o que realmente aconteceu.

Tanto o Concello de Vigo como o Porto e o organizador do evento teñen que presentar diferente documentación para demostrar que cumprían un plan de seguridade. Tanto os motivos do afundimento do peirao como as responsabilidades non parecen claras polo momento. O xulgado decidiu abrir unha peza separada por cada un dos prexudicados.

Mentres tanto, a zona permanece precintada, e infografistas e enxeñeiros estudan a situación actual do peirao, material que se porá a disposición dos xulgados.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

En Marea e o BNG,ademais de criticar o intercambio de acusacións entre Autoridade Portuaria e Concello, piden a comparecencia de María Ornella (presidenta de Portos do Estado) no Congreso, para que responda as preguntas sobre o afundimento do peirao.

Desde En Marea acusan a PP e PSOE de “utilizar as institucións como feudos partidarios” e denuncian a posibilidade de “pactos que oculten as responsabilidades”.

O BNG pediu, ademais, unha aclaración de por que se decidiu celebrar un evento multitudinario nunha zona que xa sufrira “advertencias reireradas”. E recordou que a Lei de Espectáculos atribúe aos concellos a función de avaliar os espazos que se van a utilizar, así como tamén preguntou a Feijóo se continúa a proporcionar o seu total apoio ao presidente do porto de Vigo, López Veiga, nomeado polo presidente da Xunta.

Forte presencia policial no lugar dos feitos/ Miguel Núñez

Dende o PSOE, a socialista Noela Blanco defendeu “que hai que esperar a que todos os afectados estean nos seus fogares” antes de falar de responsabilidade e atribuílas.

CRONOLOXÍA

18:00 En Marea reclama a presencia da presidenta de Portos do Estado para aclarar cales son as responsabilidades deste ente sobre o ocorrido en Vigo.

17:40 O programador de eventos Alfonso Vilanova, un dos organizadores do festival Armadiña Rock, sinalou que “alguén terá que depurar nalgún momento” as “consecuencias” que se deriven do accidente ocorrido na clausura do Marisquiño.

40. A Xunta de Galicia constatou que, no rexistro electrónico oficial de plans de autoprotección da Dirección Xeral de Emerxencias, “non hai constancia da inscrición do plan de seguridade correspondente á organización do Marisquiño, a pesar de ser un dos requisitos legais para obter a licenza por parte do Concello de Vigo”

15.00. O grupo municipal Marea de Vigo rexistrou este martes unha petición para que se cre unha comisión de investigación sobre o accidente e reclamou ao goberno municipal que achegue toda a documentación sobre os plans de seguridade do evento.

14.50. O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar este martes “todo o expediente” sobre a celebración do festival O Marisquiño, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que faga público o informe porque “se non existe, o alcalde ten que marchar”.

O peirao, tralo accidente do Marisquiño/ Miguel Núñez

14.28. En Marea e BNG censuran o “lamentable espectáculo” ofrecido polo Concello e o Porto de Vigo co seu enfrontamento polo accidente, mentres que o PSdeG pediu “respectar os tempos” e a “investigación xudicial” aberta para aclarar o ocorrido.

14.15. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Concello cumpriu os requisitos legais para autorizar a celebración do concerto do Marisquiño e sinalou que, días antes do festival, houbo unha reunión con presenza de bombeiros, Policía e técnicos, sen que ninguén puxese ningunha “obxección” á seguridade.

13.50 A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo acordou que tanto policía científica como xudicial realicen “as tarefas necesarias para o esclarecemento” do accidente na clausura do festival O Marisquiño.

Os medios de comunicación, no lugar dos feitos/ Miguel Núñez

11.50. A Consellería de Sanidade confirmou que se eleva a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) após o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.

11.05. A Xunta tamén ataca ao Concello de Vigo polo acciente no concerto do Marisquiño. Alfonso Rueda destaca que é o Concello o que “podía dicir que non se celebrase a actividade e dixo que si”, ao conceder a licenza aos organizadores do evento.

10.59. O Porto de Vigo insiste en botarlle a culpa do accidente de Vigo a concello e organizadores. “Creo que o importante é investigar o que pasou e repartir responsabilidades. É evidente que tamén a teñen os propios organizadores, o único que fai o porto é pór o terreo”, asegura o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

Marisquiño / Miguel Nuñez

19.40. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu este luns en que a zona do paseo marítimo que se afundiu durante a celebración do concerto estaba asentada sobre unha estrutura de formigón antiga, mesmo anterior ao proxecto ‘Abrir Vigo ao Mar’, e que, ademais, é allea ao convenio asinado entre Porto e Concello en 1992 para o mantemento de zonas de confluencia entre o Porto e a cidade.

18.20. A portavoz municipal do PP, Elena Muñoz, afirmou que “todo Vigo sabe como estaba ese paseo” cuxo derrube provocou máis de 300 feridos durante o último concerto do festival O Marisquiño, ante o que esixiu “respostas” ao alcalde e “máxima transparencia” ao goberno local.

17.30. A Autoridade Portuaria de Vigo asegurou que, aínda que a titularidade do espazo no que se produciu o derrube durante os concertos do Marisquiño correspóndelle, a “autorización e vixilancia” dun evento destas características recae no Concello.

Operativo de Emerxencias no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

15.00. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este luns explicacións e información “sen ningún tipo de andrómenas”, tanto a Concello como a Porto de Vigo, tras o colapso de parte dun paseo no porto deportivo, no que se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño.

13.53. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que “tempo haberá” para investigar e, “se había algunha responsabilidade, determinala”. Apunta, ademais, que “constaba algún aviso” sobre que a infraestrutura “non estaba en bo estado”.

13.20. O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, agradeceu a “resposta magnífica” do persoal público que “desde o primeiro momento acudiu a auxiliar” aos accidentados no festival do Marisquiño, así como a da xente que estaba nas inmediacións e “botou unha man”.

Persoas son atendidas logo do accidente no concerto do Marisquiño / Miguel Núñez

13.15. O cantante Rels B (Daniel Vidal), que se atopaba actuando no momento do derrube este domingo ocorrido no festival ‘O Marisquiño’, expresou o seu pesar polo ocorrido e enviou as súas condolencias aos máis de 300 feridos.

13. 10. O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, expresou a través de Twitter o seu apoio aos máis de 300 feridos do concerto do festival ‘O Marisquiño’

12.50. Os deputados e deputadas de En Marea, no Parlamento e no Congreso, e os concelleiros de Marea de Vigo solidarízanse cos afectados, recoñecen o traballo do servizo sanitario e forzas de seguridade e emerxencia e piden responsabilidades ao Concello e ao Porto de Vigo polo acontecido.

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

12.14. O deputado do PSdeG Julio Torrado mostrou o seu “afecto e apoio” aos feridos nun dos concertos do Marisquiño, aos que desexa unha “pronta e moi boa recuperación”.

12.05. O equipo de comunicación do Festival O Mariquiño vén de publicar, 12 horas despois do accidente, un comunicado sobre o acontecido na súa tráxica última xornada. Nel, lamentan profundamente o accidente da pasada noite “e solidarízanse con todos os feridos e os seus familiares, que agora mesmo son a prioridade absoluta para todos”, subliñan.

12.00 O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, mostrou o seu “apoio e solidariedade” aos feridos que asistían a un concerto do festival O Marisquiño, en Vigo, á vez que reclama “investigar as causas” e “analizar o ocorrido”.

Así quedou a estrutura do Porto de Vigo tras o accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

11.37. O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, publicou na mañá deste luns, ás 10.48 horas, unha mensaxe solidaria dirixida aos feridos e de recoñecemento aos equipos de emerxencias.

 

Mobilízanse efectivos de toda a provincia e de Valença para apagar o incendio do polígono da Granxa

1

A acción para atallar o incendio do polígono da Granxa está a ser inmediata. Mobilizáronse a Garda Civil, os efectivos contra incendios do Consorcio Provincial da Deputación de Pontevedra, os parques do Porriño e do Morrazo, efectivos de Ponteareas e dos Parques do Concello de Vigo e Vilagarcía… Entre todos intentan apagar o lume. Hai que sumar o xesto dos bombeiros voluntarios de Valença, que se ofreceron a colaborar e unir forzas.

Por outra banda, o 112, que incorporou un helicóptero ás tareas de extinción, prega aos condutores que deixen libres as vías de acceso ao lugar de intervención (planta de aterrizaxe de Alumisel, Polígono da Granxa, O Porriño) para os servizos de emerxencia.


O 112 tamén informou da activación do convenio Ariem polo incendio. Ten como obxectivo, textualmente, “o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante urxencias nas zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns (informáticas e de comunicacións), a formación e implantación de métodos e protocolos de intervención comúns a todos os servizos”.

En definitiva, trátase de “crear un espazo común en materia de xestión de urxencias onde todos axuden a todos”. O proxecto foi aprobado o 2 de marzo de 2011.

Incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño
Incendio na nave de Alumisel no Polígono Industrial A Granxa, no Porriño / 112

A tartaruga “Antares” continúa este martes a súa viaxe ata o Caribe trala súa recuperación

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), situado na Illa de Arousa, despide este martes á tartaruga bautizada como Antares, achada en decembro de 2017 nun aparello de pesca, para proceder á súa liberación após culminar a última fase da súa recuperación, parte da cal foi realizada nas instalacións do Cemma en Nigrán.

A tartaruga apareceu o 6 de decembro de 2017 no aparello de pesca dunha embarcación que faenaba preto da Illa Coelleira, no Vicedo. De alí, foi trasladada á UCI da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) de Nigrán, para a súa estabilización e atención das “consecuencias leves” que sufriu na súa captura.

Alí tivo unha evolución favorable, e posteriormente, dado que en Galicia non hai instalacións con auga mariña e temperatura ambiental axeitadas para ela (xa que é unha especie propia do Caribe), o animal foi trasladado a L’Oceanografic de Valencia, onde proseguiu a súa recuperación.

Unha vez que recobrou o seu aspecto, condicións de saúde, mobilidade, peso e alimentación, foi trasladada ao Igafa para a última fase do seu tratamento e adaptación ás condicións mariñas onde, despois de tres semanas, vai ser liberada para continuar o seu camiño cara augas do Caribe. A tartaruga ten 71 centímetros e pesa 24 quilos.

A Xunta destacou que esta acción forma parte da colaboración que mantén desde 2013 coa Cemma, para a recuperación de mamíferos mariños e outras especies que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos. Pola súa banda, desde 2013 o Igafa participou na recuperación de oito exemplares de lobo mariño.

España comezará o mundial cunha dianteira celeste… ou case

O celtismo agarda o máximo número de minutos posible e un rol importante no mundial de Rusia para a súa icona, Iago Aspas. Pero, en realidade, toda a dianteira vermella pasou polo Celta, tamén Diego Costa e Rodrigo Moreno.

Coincidiron os tres no club olívico durante a tempada 2007-2008, en conxuntos distintos: Costa cedido no primeiro equipo, Aspas no Celta B e Rodrigo cos xuvenís.

Hoxe venres será a primeira proba para os de Fernando Hierro, ás 20:00 horas contra Portugal.

Santina Giardina-Chard, mestra internacional de ioga: “Se es infeliz, aínda non atopaches o teu propio camiño”

“Se non tivera á miña familia, o Ashtanga e a psicoloxía Gestalt, estaría agora mesmo morta ou no cárcere. Sen dúbida“. Estas son as palabras de Santina Giardina-Chard, experta mundial de Ashtanga Ioga e gran mestra Gestalt.

Ela aboga por un traballo de disciplina diario que nos conecta co noso verdadeiro eu: “Se non estás decidido, nada vai pasar. Necesitas estar totalmente comprometido contigo mesmo, ser devoto do teu propio crecemento e tomar responsabilidades. Pero a maioría da xente non quere tomar responsabilidades sobre a súa vida, prefire que lle digan o que ten que facer“.

Yoga en Caledonia
Santina Giardina /Miguel Nuñez

Seis meses do ano, Santina viaxa por todo o mundo. Nesta ocasión, visitou en Vigo Caledonia Yoga, co obxectivo de impartir conferencias e ofrecer clases maxistrais. Maite Pousada- Curros Buendía é a dona do local: “Eu era xornalista, pero desde os 15 anos estiven practicando ioga, así que o camiño do ioga sempre foi paralelo ao meu camiño como xornalista, e nun momento dado viaxei a Escocia. Aquí enténdese por ioga algo moi estático, que é o que a xente ve nos anuncios de iogures. Pero hai moitos estilos. Un deles é o Ashtanga, que é dinámico. Ao volver, decidín incorporar un centro con estilos dinámicos, entre elllos o Ashtanga ou o aeroioga”.

Así que a pasada semana acudiu Santina ao seu establecemento, como experta internacional de ioga que imparte clases ata a atletas de élite para que melloren tanto física como mentalmente. Ademais, Santina concedeunos a presente entrevista.

Caledonia Yoga
Clase en Caledonia Yoga impartida por Santina Giardina / Miguel Nuñez

P- Están conectados mente e corpo?

R- Empézanse practicando as posturas físicas porque o corpo é a mellor forma de acceder á mente. O ashtanga é unha práctica espiritual, un camiño para abrir a túa conciencia e entender que es máis que esta experiencia neste corpo. Ashtanga significa 8 partes, ten moito que ver co carreiro de Buda, as 8 bienaventuranzas, vén de moi atrás.

Noutros estilos haberá profesores que tamén conseguirán o seu gran obxectivo, este  caracterízase polo compromiso total. Obriga a asumir a túa propia responsabilidade sobre a túa viaxe espiritual. Noutros estilos non tes que practicar, só vas a clases guiadas. Aquí ti fas a túa práctica, tes que estar comprometido cunha práctica persoal.

P- Cal é a motivación para o ioga?

R- O principal obxectivo é limpar os obstáculos no teu corpo, a túa mente e o teu corazón para experimentar altos niveis de coñecemento espiritual. Demasiada comida, demasiado traballo, demasiados medicamentos e drogas, atrápante.

A metodoloxía para chegar alí é moi variada. Se o teu corpo está colapsado, embrutecido, ti xa non podes sentir toda a magnitude do que es, só vives na dor, estás atrapado na dor e crees que algo ou alguén che virá a salvar del, o cal xa te bloquea totalmente.

Yoga en Caledonia
Santina Giardina en Caledonia Yoga/Miguel Nuñez

P- Estás posuído, alienado polo estrés?

R- Ti como neno naces case libre, como un disco duro, hai algúns apegos pero máis ou menos es libre. Pero naciches nunha familia determinada, experimentas eventos no teu corpo e no teu espíritu, e vanse invandindo de ideas e concepcións sobre a vida e sobre quen es.

A comida que comes, a xente coa que estás, as ideas que escoitas, os libros que les, inundan a túa mente. E non te sintes satisfeito. Hai meridianos, canles enerxéticos no corpo, que temos que limpar. Ademais, nesta práctica súase muchísimo, o cal nos desintoxica.

E empezas a experimentar unha perspectiva diferente da realidade, empezas a ser consciente ao fin da ilusión que estabas vivindo. Pero non podes ver iso se o teu corpo está totalmente envenenado. Primeiro hai que limpar o corpo, as canles enerxéticos, a mente, a psique máis profunda.

P- Co nivel de estrés que existe na sociedade occidental actual, o ioga faise máis necesario?

R- A maior nivel nivel de estrés, maior nivel de desconexión. Ti, mirando o móbil a cada momento, sempre rodeado con xente, perdes a túa conexión con Deus, co teu espírito. E logo volves ao ioga e atopas o xeito de alcanzar máis conciencia, unha maior comprensión.

Clase de Yoga en Caledonia
Santina Giardina /Miguel Nuñez

P- Entón o ioga reláxanos, fainos comprender mellor, e tamén nos fai máis felices?

R- Iso depende da profundidade que alcances co ioga. Para experimentar a maior marabilla, o radiante do yoga, tes que ir primeiro ás zonas escuras de ti mesmo, e non moita xente está disposta a iso, a deixalo aflorar. A través da práctica, da limpeza dun mesmo, todo o que non dixerimos emerge.

É moi normal que cando a xente empeza a practicar ioga en serio afloren vellas feridas emocionais, que se estiveron tapando, bloqueando e evitando. Os primeiros dous anos a xente atópase mellor fisícamente, durme mellor, adelgaza, é marabilloso. Pero chega un momento en que dis: isto é moi duro. Chega un momento en que tes que ir ás túas sombras mentais. E sairás máis claro desas sombras, sen apegos, sen querer manipular a ninguén para ser feliz.

P- Faste menos tóxico con quen te rodea?

R-  Si. Deixas de manipular a outras persoas e consegues o teu propio camiño, deixas de ser autodestructivo contigo mesmo e cos demais. Pero para chegar alí tes que visitar as túas sombras e iso non é nada cómodo.

Yoga Caledonia
Clase de ioga de Santina Giardina / Miguel Nuñez

P- E como manipulamos diariamente aos demais? 

R- O teu marido está enfadado, e faite sentir mal. Para arranxalo, fago o que el queira, para aplacalo. Iso é unha manipulación. Doulle o que quere para non ter que enfrontarme a seu enfado.

Día a día comportámonos para cumprir as nosas necesiades, de forma pouco auténtica, pouco clara. Eu como profesora podería deixar de ser genuina para asegurar que me traian de novo, pero estou para ser auténtica, vulnerable e sentir unha profunda conexión con outras persoas. 

P- Comportámonos de determinada maneira para conseguir cousas?

R- Si, en lugar de estar agradecidos para gozar o que xa está aquí para nós. En calquera aspecto da nosa vida. Non pasa tempo sen confundir nin manipular aos demais para cumprir as nosas necesidades. Eu non soporto esas manipulacións. Pero a claridade que teño para detectalas non me sería posible se non traballase no Ashtanga. 

Yoga Caledonia
Santina Giardina nunha postura de ioga / Miguel Nuñez

P- Somos monicreques, ás veces dos demais, ás veces de nós mesmos?

R- Exactamente. Todos nós. Queres facer á túa nai feliz, e fas cousas que che fan infeliz para conseguilo. Tes que ir en contra do que di a sociedade que fagas, e escoitar a túa chamada interior, que é o que ti queres para ti.

P- Pero a miúdo podes pensar que é un pensamento propio e estar inculcado, non?

R- Claro. A nosa cultura, cada liña que liches está impresa en ti. Por iso nalgún momento da túa viaxe espiritual vas ter que apartarte da túa sociedade e da túa familia, e é incómodo, porque vas estar só. E dá medo. Porque estades só ti e mais Deus.

Non tes que atopar a túa voz, tes que escoitala. Sempre estivo alí. Nunca é demasiado tarde. Tes que conseguir o tempo. E é fácil espertarse. O difícil é permanecer esperto. Pola comida, as relacións, a tecnoloxía, por apegos psíquicos dos que non es consciente. Consegues un momento de claridade, e vaise. Outro, xa se foi.

Caledonia Yoga
Santina/ Miguel Nuñez

P- O ioga esixe unha práctica diaria.

R- Cada mañá tes un compromiso, unha cita contigo mesmo, para limpar o que sucedeu onte, fai unha semana, anos atrás.

P- Antes foi crítica coa alimentación. 

R- Toda a comida que tomas, se non está procesada da forma debida, intoxica o teu organismo. Todo é enerxía, todo o que metes no teu corpo afecta ao teu sistema. As graxas transxénicas, o azucre, os químicos… Colápsano, impídente facer certos movementos.

A comida non é para satisfacción, é unha medicina. Se eu comera o que come o meu marido, non podería facer a miña práctica. Pero el é feliz con ela, cada un ten a súa propia elección e o seu camiño.

Eu en cambio necesito para ser feliz realizar a miña práctica, camiñar… se non, acabaría sendo heroinómana. Xa o fun no pasado, e esta práctica salvou a miña vida. Este método non é para todo o mundo, meu marido consegue sen ioga ser unha persoa agradable. Cada un debe atopar o seu propio camiño. Se es infeliz, aínda non o atopaches. 

Caledonia Yoga
Santina Giardina/Miguel Nuñez

P- E que efectos tería o tabaco a nivel enerxético?

R- Impídeche respirar coa capacidade real dos teus pulmóns. E conxestiona os meridianos do teu corpo: impídete ver claramente.

P- Como atopaches o ioga?

R- Cheguei ao ioga pola heroína. Estaba en Australia cos meus pais, e era heroinómana. Os meus pais coidábanme en casa, intentando sacarme dese mundo. Intentárono moitos centros de rehabilitación, pero sempre volvía. Ata que cumprín 28 anos e nunhas vacacións fun a unhas discotecas, ía por unha dose. E o meu actual marido camiñaba en sentido oposto.

Eu paseaba atractiva, con minisaia e top, facendo movementos sensuais porque quería conseguir heroína. E el seguiume porque lle parecín fermosa. Tiña unhas entradas para a discoteca, pero pola súa mirada souben que non contaba coa droga que eu precisaba. Tiña cocaína, marihuana, pero eu era unha ionqui: só quería heroína. Deixeille. 

Pero el seguíame. Collemos o bus de volta e empezamos a fumar marihuana, e foi a primeira vez na miña vida de ionqui que un home me deu droga sen pedirme sexo a cambio. E pensei: isto é moi raro, é un cabaleiro. El chamábame, enviábame diñeiro para que volvese con el, pero o diñeiro eu o metía en vena todo.

Pasou un mes, chamou a casa dos meus pais, pediu falar coa miña nai e solicitoulle unha conta bancaria para enviar máis diñeiro e que fora en avión xunto a el, a onde nos coñecimos. Xa levamos dezaoito anos casados.

Eu fun alí, el nin sequera me dixo que deixase as drogas, só díxo: ven. Entón metinme no Programa de Metadona, terminei Dereito na Universidade, corrín, fixen boxeo… para limpar o meu sistema. E entón… atopei o ioga. Saín da clase cos ollos abertos. Cando o meu marido me viu chegar, preguntoume: volviches ás drogas?

 

Baixan os hospitalizados na área de Vigo na que seguen crecendo os contaxios

Os casos activos de covid-19 e a presión hospitalaria que deixa a pandemia en Galicia volveron a experimentar lixeiros ascensos nos datos deste domingo, a pesar das baixadas do sábado. Con todo, os novos contaxios de coronavirus detectados nas últimas horas en Galicia descenderon ata os 174.

Así o recollen os datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18,00 horas do sábado, momento no que o total de ingresados con covid-19 ascendía a 214 –catro máis que o día anterior–, repartidos entre a UCI –51, un máis– e as unidades convencionais –163, tres máis–.

Por áreas sanitarias, a de Vigo non variou no total de hospitalizados covid, que se mantén nos 41, 12 deles na UCI.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, Galicia volveu a anotar nos datos deste domingo unha suba, despois da baixada conxuntural experimentada o sábado. Por áreas sanitarias, os pacientes de coronaviruis aumentaron nas áreas de Vigo, ata os 945 en total (+6).

MÁIS CONTAXIOS

Pola súa banda, os contaxios detectados con calquera tipo de proba nas últimas 24 horas volvéronse a situar por baixo dos 200. Así, dos 174 novos casos, 146 foron por positivo en PCR. A área que máis novos contaxios achega nos datos deste domingo é a de Vigo con 46 casos –cinco máis que a xornada anterior–.

Todo iso nunha xornada na que as probas PCR realizadas desde o inicio da pandemia ascenderon a 2.065.796, despois das 8.430 feitas nas últimas 24 horas –unhas 600 menos que o día inmediatamente anterior–.

Deste xeito, repuntou lixeiramente a taxa de positividade das PCR, ata o 1,9%, aínda que segue sendo unha das cifras máis pequenas desde o verán pasado e está moi por baixo do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

“Pola Santa coca perdín o demo da misa”

 

O alcalde de Tui: “Foi unha explosión terrible e moitas das casas están afectadas”

Trala explosión nas aforas de Tui do almacén pirotécnico clandestino ás 16:25 horas, mobilizáronse ao seu epicentro os corpos de bombeiros, Garda Civil e Policía Local. A tensión é moi alta á espera de coñecer o número de feridos, posto que polo momento só hai un confirmado.

O alcalde de Tui lamenta a gravidade da explosión, que calificou coma terrible, quedando afectadas moitas das casas do redor, máis de dez segundo confirmou a Garda Civil, e cunha explosión que afectou quilómetros á redonda pola súa onda expansiva de catro quilómetros que esnaquizou os cristais de numerosas vivendas e vehículos.

 

Un documental para lembrar a loita do Tameiga contra a cidade deportiva do Celta

A área de Vigo é coñecida en Galicia polas súas múltiples historias de mobilización veciñal. O episodio de máis sona dos últimos anos podería vir da Comunidade de Montes do Tameiga, que poucos meses atrás pechou un auténtico combate de David contra Goliat ao lograr botar abaixo o proxecto da nova cidade deportiva do Celta, Afouteza.

A loita dos comuneiros do Tameiga, tratada ao longo do tempo por este xornal, queda agora retratada para a posteridade da longametraxe Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal, que vén de elaborar a plataforma Ecoloxistas en Acción e que será presentado o vindeiro sábado 16 no auditorio do centro social As Pedriñas.

O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para “defender” o seu monte, como apuntan dende a asociación ecoloxista. A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva e “macro centro comercial” como “un feito consumado” ata a actualidade, na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir as instalacións nos montes comunais de Tameiga.

A narración do largometraxe, subliñan dende a plataforma, aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o “pelotazo urbanístico” e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescátanse antigas imaxes das mobilizacións que resultan mesturadas coas entrevistas.

“Coa realización desta testemuña audiovisual, Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para que a súa afouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos”.

O vindeiro sábado realizaranse dous pases, ás 18 proxección exclusivamente para a veciñanza comuneira e ás 20h para persoas e colectivos convidados. Ao remate de cada proxección terá lugar unha pequena charla para recoller as impresións dos asistentes.

O acusado de agredir sexualmente a unha muller de 75 anos en Bueu di que esa noite estivo na súa casa en Marín

O veciño de Marín acusado de agresión sexual, lesións e roubo a unha muller de 75 anos en Bueu insistiu este xoves na súa inocencia no xuízo oral que se celebra na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.

“Esa noite estiven en Marín na miña casa”, asegurou o acusado, J.L.G.M., en relación aos feitos ocorridos na madrugada do 3 ao 4 de marzo de 2017 polos que se lle xulga. Na xornada do pasado mércores, a esposa do acusado confirmou esa cortada de que o home se atopaba na súa casa de Marín durante o tempo que ocorreron os feitos.

Este xoves o acusado expuxo que a súa muller “ten o sono lixeiro” e “sería imposible” que el se marchase da vivenda sen que ela o soubese. O home di non saber por que apareceron restos biolóxicos seus na vivenda da vítima. Tampouco ten explicación do motivo para que un repetidor situase o seu teléfono móbil a menos de dous quilómetros en liña recta da vivenda da anciá ás 4,00 horas da madrugada, hora na que se produciu o asalto.

É máis, este home afirmou que o teléfono o comprou en xuño, aínda que a fiscal lembroulle que a documentación de Orange recoñéceo como titular deste dispositivo desde febreiro.

COÑECÍA Á VÍTIMA

O acusado admitiu que coñecía á vítima e o seu domicilio por traballar como albanel para facer obras nesa vivenda en varias ocasións, pero indicou que antes da súa detención, o 7 de novembro de 2017, “pasaran catro ou cinco anos desde que estivese na súa casa”. Tamén recoñeceu que sabía que vivía soa e que quedara viúva.

Cando foi detido, o xulgado de Instrución número 2 de Marín autorizou un rexistro no domicilio do detido no que os gardas civís localizaron, entre outros obxectos, cinta illante azul e unha corda “coincidentes nas súas características morfológicas e na súa composición química” coas empregadas durante a agresión á septuaxenaria. Sobre este extremo, este xoves o home dixo ante o tribunal que ten cinta illante “de todas as cores” e que a corda “era para o tendedero”.

PERITOS

Na sesión deste xoves, a terceira neste xuízo, declararon os peritos do servizo de Criminología da Garda Civil, que explicaron os motivos do descarte doutros familiares sospeitosos nas mostras de ADN e demais restos biolóxicos recolleitos na investigación.

Tamén as psicólogas forenses deron conta das lesións causadas durante o brutal ataque. Tamén detallaron as secuelas psicofísicas que padece a vítima como un trastorno neurótico e o tratamento que necesitou.

O xuízo retomarase o vindeiro luns coa lectura dos informes das partes. Saberase entón se a fiscal mantén ou modifica a súa petición de condena. Inicialmente, pola agresión sexual a representante do Ministerio Público solicitaba que este home que sexa condenado a 15 anos de cárcere; polo roubo, a 4 anos; e polas lesións, a 2 anos de prisión. Tamén reclama que indemnice á vítima en 8.460 euros polas lesións e as secuelas, ademais de que lle devolva os 1.250 euros que lle roubou.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed