InicioSociedadeAtopan en bo estado o sexaxenario desaparecido o sábado en Vigo

Atopan en bo estado o sexaxenario desaparecido o sábado en Vigo

Manuel Sánchez Noriega foi localizado en Pontevedra

PUBLICADO O

- Advertisement -

O veciño de Vigo Manuel Sánchez Noriega, de 69 anos de idade, a quen a súa familia buscaba desde o pasado sábado, foi localizado en bo estado na cidade de Pontevedra.

Así o confirmaron fontes da Comisaría de Policía de Vigo, que explicaron que o home foi atopado polo seu fillo en Pontevedra e que estaba “en perfecto estado de saúde”.

Manuel fora visto por última vez o sábado sobre as 14,00 horas, cando o seu fillo saíu do piso que ambos comparten na rúa Cervantes de Vigo para comprar pan. Á volta, atopouse coa porta aberta e a vivenda baleira.

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...