Inicio Blog Páxina 197

‘Romaría’, de Carla Simón, terá a súa estrea nacional este martes en Vigo, onde se rodou a película

0

A cidade de Vigo acollerá este martes, 26 de agosto, o primeiro do tres grandes preestreas organizadas para ‘Romería’, dirixida por Carla Simón e rodada na mesma cidade olívica durante o 2024. Esta será a primeira proxección que se realizará en España da cinta, que participou na Sección Oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes.

Este é a terceira longametraxe de Carla Simón, tras ‘Alcarrás’ (Oso de Ouro da Berlinale) e ‘Estiu 1993’ (Goya á Mellor Dirección Novel). En ‘Romaría’, que chega ás salas españolas o 5 de setembro, a cineasta segue explorando as relacións familiares e inspírase esta vez nas orixes da súa familia biolóxica paterna.

O Auditorio Mar de Vigo é o lugar escollido para a estrea nacional, que arrincará ás 19.00 horas e contará coa presenza do equipo. Antes da súa chegada a cinemas, tamén se poderá ver en Barcelona (28 de agosto ás 20.00 en Mooby Aribau) e Madrid (3 de spetiembre ás 22.00 en Cibeles de Cinema).

Para asistir á proxección de Vigo é necesario contar cunha invitación, que xa non se pode conseguir. A produtora e distribuidora da película, Elastica, puxo a disposición das persoas interesadas as últimas dispoñibles estea sábado a través do seu perfil de Instagram. Con todo, os pases esgotáronse na ligazón habilitada en menos de 24 horas. Nos casos de Madrid e Barcelona, onde as entradas estaban á venda a través das páxinas das respectivas salas, están igualmente esgotadas.

(Vídeo) Da ficción á realidade: o deporte de “darse de paus” que conquista Vigo

0

En 1989 estreábase The Blood of Heroes (Salute of the Jugger nos EUA), un filme de acción e estética postapocalíptica protagonizado por Rutger Hauer. A súa trama, ambientada nun futuro árido e violento, xiraba arredor dun deporte brutal e cheo de contacto físico. O que naquela altura era só unha idea de guion, acabaría inspirando, anos máis tarde, un deporte real.

“O deporte nace dunha película de hai moito tempo, pero todo nace primeiro en Alemaña. Á xente de Alemaña gustáballe moito o deporte e, a partir do que vían na película, creárono. O deporte foise estendendo a outras localidades e o resto de países, á xente foille gustando e por aí anda”, contan desde o Club Deportivo Olívico de Jugger, en Vigo.

UN DEPORTE DE FICCIÓN QUE MEDRA NO MUNDO REAL

O Jugger comezou a practicarse a principios dos 90 en Alemaña, onde se fixo popular entre grupos xuvenís e asociacións deportivas alternativas. Pronto se expandiu a outros países europeos, Australia e América, sempre cunha dobre cara: a parte lúdica, que recorda a súa orixe cinematográfica, e a parte competitiva, con regras claras e organizacións que fan torneos.

A mecánica é directa pero intensa: dous equipos de cinco xogadores compiten para levar o jugg —unha pelota similar a unha de rugby— ata a base rival. Unha única persoa por equipo, chamada escolta ou qwik, pode coller o jugg, mentres os outros catro xogadores manexan pomfs (armas acolchadas) para protexelo e deter ao rival.

“É un cinco contra cinco onde se ten que meter o jugg na base inimiga. A persoa que de cada equipo leva o jugg non pode usar armas, e os outros catro son os as utilizan e escóltano ata que meten puntos. De media, o partido só acaba cando o primeiro equipo mete 10 puntos”, explican desde o club.

COMO CHEGOU O JUGGER A VIGO

O Club Deportivo Olívico de Jugger non naceu dunha estrutura formal, senón da paixón dun pequeno grupo de persoas. “O noso club empezou basicamente cun grupo que quería empezar a xogar. Eu empecei a expor adestramentos, a xente quixo unirse e cada vez foi máis. Comezamos a facer eventos, á xente gustoulle e quedou”, relatan.

O crecemento foi orgánico: primeiro partidas informais, logo encontros con outros grupos, e finalmente a creación oficial do club, que hoxe organiza liguiñas locais, participa en campionatos galegos e nacionais e mesmo hai competicións con equipos internacionais nun torneo celebrado en Madrid.

QUEN PODE XOGAR E COMO SE ADESTRA

O club marca a idade mínima en 14 anos para evitar riscos físicos nos máis pequenos, pero o abanico de perfís é amplo. “Calquera persoa que queira pasalo ben, que goce facéndoo, pode integrarse” din.

O adestramento típico é completo:
“O que adoitamos facer é primeiro quecemento, que facémolo todos os que participamos no adestramento. Logo pasamos a unha pequena parte física para mellorar a forma dos xogadores, e logo seguimos con adestramentos máis centrados en estratexia e outros tipos de elementos para coñecer mellor a técnica. Para terminar, adoitamos facer partidos para meternos en práctica e ver como é realmente o deporte.”

A clave, din, non é só a forza física: “O importante é sobre todo a comunicación, é a clave. A visión, manter a cabeza fría, boa actitude. É un deporte autoarbitrado, así que hai que resolver rápido, con comunicación clara e compañeirismo”.

O AMBIENTE: UNHA PEQUENA FAMILIA

Nun deporte onde o contacto e a intensidade física son constantes, o clima de confianza é fundamental. “En xeral é unha comunidade moi próxima. Somos moi amigos e tal, levámonos moi ben. O típico: saímos dun adestro e imos tomar algo. É un ambiente moi acolledor, coma se fósemos unha pequena familia”, contan. Ese espírito acompáñaos tamén fóra dos adestramentos e torneos, reforzando vínculos que van máis alá da pista.

OS BENEFICIOS: MÁIS QUE UN DEPORTE

Ademais de mellorar a condición física, o Jugger potencia a comunicación, a coordinación e a confianza persoal. “Melloramos moitísimo a aeróbica. Como é un deporte moi explosivo, tamén necesitamos traballar o tema de abrirse, falar, gritar… Obrígache a falar cos demais e interactuar, co cal te achegas máis á xente. Axuda moito a mellorar a confianza en ti mesmo e a autorrealización cando ves que os adestramentos dan os seus frutos e vas mellorando” explican.

PLANS A FUTURO: ESCOLAS E NOVAS INSTALACIÓNS

O club ten plans ambiciosos: mellorar as condicións de adestramento con instalacións municipais e crear unha escola para achegar o deporte aos colexios. “Queremos inculcarlles desde pequenos a deportividade e o bo rollo que hai en Jugger. Por iso queremos facer colaboracións cos colexios e poder inculcarlles desde pequenos esa filosofía”.

A mensaxe para quen queira probar é directa: “Sobre todo, o tema é vir pasalo ben. É un deporte que queima moita enerxía, e á xente encántalle. Se hai algún tipo de vergoña, hai que deixalo de lado. Aquí vimos darnos de paus e á xente encántalle… vimos gozar e facer amigos”.

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

0

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei Xoán Carlos I retirado do seu pedestal e colocado entre entullos durante unhas obras na praza que leva o seu nome. Non puiden evitar pensar que aquela escena era moito máis ca un simple accidente urbano. Para min foi unha metáfora dun tempo histórico que se esgota, dunha memoria que se esvae e, ao mesmo tempo, da oportunidade que se abre en Vigo para facer xustiza con quen deu a súa vida pola democracia.

Nese intre veu á miña mente a figura de Emilio Martínez Garrido, último alcalde republicano da cidade, industrial e político socialista, executado en agosto de 1936 tras un consello de guerra sumarísimo. A súa traxectoria sempre me pareceu exemplar: en poucos anos foi quen de impulsar proxectos sociais e culturais como as Colonias Escolares do Rebullón ou as bases do actual Museo Quiñones de León. Mais o que máis me impresiona del non son os logros materiais, senón a súa coherencia e o seu compromiso. Foi detido apenas un día despois do golpe, xulgado sen garantías e fusilado xunto a outros compañeiros, como o alcalde de Lavadores, José Antela Conde, e os deputados Antonino Bilbatúa, Ignacio Seoane e Enrique Heraclio Botana. Cada vez que penso no seu destino sinto que o seu nome non pertence só aos libros de historia, senón que segue a ser un símbolo de dignidade e resistencia fronte á barbarie.

Non podemos esquecer que Vigo foi un dos escenarios máis duros da represión franquista. Unha cidade cunha forte tradición obreira e sindical viu como se impoñía a sangue e lume unha nova autoridade que destituíu e asasinou aos seus representantes lexítimos. A eliminación de Martínez Garrido non foi un feito illado, senón un aviso a toda a cidadanía do que significaba o novo réxime. Por iso, cada vez que paso pola praza de Juan Carlos I e vexo agora o pedestal baleiro, pregúntome que queremos que diga ese espazo sobre nós. ¿Queremos seguir rendendo homenaxe a un monarca designado por Franco, cuxa figura hoxe divide e esperta rexeitamento, ou preferimos dedicarlle ese lugar a un alcalde e veciño que pagou coa súa vida a defensa da legalidade republicana?

Son consciente de que esta decisión non se toma só na rúa. O actual alcalde, Abel Caballero, ten nas súas mans a posibilidade de canalizar este debate e transformalo nun xesto institucional. Confío na súa intelixencia política e na súa sensibilidade cara á memoria histórica, e creo que saberá ler a oportunidade que se abre. Cambiar o nome da praza non sería un simple trámite, senón un acto de reparación e de xustiza, unha maneira de reconciliarnos co noso pasado e de educar ás novas xeracións sobre o que aconteceu en Vigo en 1936.

A imaxe do busto entre entullos, tan patética como reveladora, inspírame máis esperanza ca tristura. Dime que podemos deixar atrás símbolos incómodos e construír un espazo público que honre a quen deu a súa vida pola democracia. Eu non teño dúbidas: quero unha Praza Emilio Martínez Garrido no corazón da miña cidade. Sería unha maneira de mirar cara ao futuro sen esquecer, de dicir en voz alta que Vigo se recoñece en quen defendeu a liberdade e non en quen a negou.

Falece un home en Vigo tras caer dun tellado mentres o arranxaba

0

Un home perdeu a vida no lugar de Medeiro, en Vigo, tras caer dun tellado que estaba a arranxar pola súa conta. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 17.00 horas deste venres e foi un particular o que deu a voz de alarma.

Ata o punto mobilizáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e a Local.

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que recupere a convocatoria de axudas para libros de texto (de 205 euros por alumno), para contribuír a paliar os efectos da ‘volta ao cole’ no peto dos vigueses.

Así, o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, lembrou que o goberno de Abel Caballero outorgou esas axudas en 2023, nas semanas previas ás eleccións municipais (nas que volveu obter maioría absoluta), e pediu que volva convocalas ante o “esforzo económico” que supón ese gasto para as familias.

Tras lembrar que a Xunta de Galicia ampliou as súas axudas á compra de libros de texto de face ao novo curso escolar, o concelleiro sinalou que é “incomprensible” que Caballero incremente a súa “voracidade recadatoria” cunha nova subida de impostos (do 4 %) para 2026 pero, ao mesmo tempo, “esquézase dos problemas dos cidadáns” eliminando subvencións como esta.

“Mentres sablea os petos dos vigueses para presumir de débeda cero e superávit, os cidadáns ven como o seu poder adquisitivo mingua a cada paso”, expuxo. Ao seu xuízo, esta situación é “difícil de entender salvo polo interese de Caballero de priorizar as contas do Concello sobre as economías particulares”.

Miguel Martín criticou que o goberno vigués acórdese das familias “só cando hai eleccións”, como demostrou ao eliminar esta axuda unha vez pasados os comicios, e deixando claro “o seu carácter plenamente electoralista”.

Finalmente, remarcou que a convocatoria destas subvencións é unha cuestión de vontade política “e non é necesario xustificala cunha subida do IPC”. “Que non nos vinga con falsas escusas. Se quere facelo, pode. Só ten que consignar unha partida nos orzamentos municipais”, indicou.

BNG insiste en que os parques de bombeiros de Vigo operan por horas extra

0

O grupo municipal do BNG en Vigo saíu este venres ao paso das palabras do alcalde nas últimas horas, cando Abel Caballero asegurou que os parques de bombeiros “cumpren sobradamente” coa dotación mínima necesaria para funcionar e negou que ese mínimo fóra de 20 bombeiros.

Tras esas manifestacións do rexedor, que chamou “mentireiros” a BNG e PP por denunciar que o servizo municipal non chega a ese número mínimo, o portavoz do grupo nacionalista lembrou que existe un acordo da Xunta de Goberno de 2010 e un informe do xefe de bombeiros máis recente, de abril de 2024, nos que os responsables do servizo estipulan que 20 é o número de efectivos necesarios como mínimo para que este servizo poida funcionar de forma ordinaria.

De feito, no informe de abril de 2024, que se elaborou no marco da negociación do acordo para realizar horas extras neste servizo (un programa de reforzo voluntario negociado precisamente polos problemas de falta de efectivos), o xefe de bombeiros sinala que o número “óptimo” sería de 22 ou 23 bombeiros, pero o mínimo ordinario fíxase en 20 funcionarios. Este informe contou coa conformidade da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez. Respecto diso, o edil do BNG tamén lembrou que foi o propio goberno local o que reduciu de 24 a 20 o número mínimo de efectivos imprescindibles, nun acordo de maio de 2010.

Nas últimas horas, tanto o rexedor como a edil de Seguridade aseguraron ante os medios que ese número non é válido, senón que os efectivos necesarios responden a criterios técnicos. Segundo eses criterios, ese número sería de 16 bombeiros, aínda que dita cifra non aparece reflectida en ningún documento, segundo os nacionalistas.

PARQUES ABERTOS “GRAZAS ÁS HORAS EXTRAS”

Con todo, Pérez Iglesias advertiu de que, se fose así, a cidade tamén incumpriría ese mínimo de 16 efectivos en numerosas xornadas. Por iso, o BNG vai solicitar ao goberno local ter acceso á relación de bombeiros que estiveron activos en cada xornada desde o 27 de agosto do ano pasado (momento en que se iniciou o programa de reforzos voluntarios).

“A realidade que nega Abel Caballero é que os dous parques de bombeiros da cidade están abertos grazas a que se están facendo moitas horas extra por causa do insuficiente número de bombeiros”, sinalou o concelleiro do BNG, que esixiu ao rexedor que “deixe de enganar e manipular” e volveu a advertir de que “Vigo sen bombeiros non é segura”.

Prisión para os tres detidos polo asalto a un ancián ao que agrediron e roubaron na súa casa de Vigo

0

O maxistrado do xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dos tres homes detidos pola súa presunta implicación nun asalto a un ancián na súa vivenda da parroquia viguesa de Coruxo, onde o agrediron para roubarlle.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tres detidos (arrestados este mércores pola Policía Nacional) están investigados por roubo en casa habitada, pertenza a grupo criminal, detención ilegal, lesións, estafa e furto de uso de vehículo a motor.

A detención dos tres investigados produciuse na mañá deste mércores nunha vivenda de Coruxo (a mesma parroquia onde perpetraron o roubo), nun operativo no que participaron efectivos do Grupo de Operacións Especiais de Seguridade (GOES) e da Unidade de Intervención Policial (UIP) de Vigo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de xullo, cando catro persoas encapuchadas entraron ao domicilio e ameazaron cun arma de fogo e un coitelo ao ancián nonaxenario, ao que ataron a unha cadeira e golpearon de forma violenta ata lograr que lles entregase 20.000 euros en efectivo e un cartón bancario coa súa clave.

Os ladróns fuxiron do lugar co botín e trataron de extraer, sen éxito, diñeiro dun caixeiro automático próximo. Tres días despois, regresaron ás inmediacións da vivenda da vítima para roubarlle unha furgoneta con diversa maquinaria de obra no seu interior. O vehículo foi posteriormente abandonado, con numerosos danos, no parque forestal de Coruxo.

Tras a detención de tres dos implicados, no rexistro da vivenda onde estaban a Policía interveu, entre outros efectos, dúas armas de fogo simuladas, pezas de roupa utilizadas nos actos delituosos, caretas, diñeiro en efectivo e diverso material que podería estar relacionado con dous delitos cometidos na provincia na última semana e con outros delitos anteriores. A investigación segue aberta.

Buscan a un mozo de 19 anos desaparecido en Vigo este luns

0

A Comisaría da Policía Nacional en Vigo recolleu nas últimas horas unha denuncia pola desaparición dun mozo de 19 anos de idade, do que non se sabe o seu paradoiro desde o pasado luns, 25 de agosto.

Fontes policiais confirmaron que se interpuxo denuncia e que se iniciaron as pescudas para saber onde pode estar o mozo, Cristian F.R. Segundo a alerta difundida por SOS Desaparecidos, a última vez que foi visto, o mozo, de pelo escuro, 1,80 m e complexión delgada, levaba unha chaqueta vermella e pantalón escuro.

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

0

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme ‘Romaría’ (a estrea será o 5 de setembro), a terceira longametraxe da cineasta Carla Simón, co que pecha a triloxía dedicada a explorar a súa memoria familiar, que foi rodada na urbe olívica e a súa contorna, e que supón o retorno ao lugar onde os seus pais biolóxicos viviron a súa historia de amor.

Así, tal e como sinalou a propia Simón nunha entrevista a Europa Press, “tiña todo o sentido do mundo” contar esta historia desde Vigo, de onde era o seu pai, a pesar de que a película busca reivindicar a memoria de toda unha xeración, azoutada polo consumo de heroína e logo pola irrupción da SIDA, e que reflicte unha historia que “puidese pasar en calquera lugar”.

“Para min tiña algo case místico ou máxico, o feito de volver aos lugares onde os meus pais viviron a súa historia de amor. É un exercicio de recuperar a memoria que non teño”, explicou a directora sobre ‘Romaría’, que relata a viaxe desa moza de 18 anos, que foi ela mesma, á ría viguesa para reconstruír o pasado dos seus pais e o seu propio pasado.

Precisamente, o contexto onde se desenvolve a película ten un peso importante, polo protagonismo que tiveron Galicia e Vigo neses anos 80 no ámbito cultural, musical e mesmo da entrada da heroína en España. “Non foi casual, viviron aquí porque aquí estaban a pasar cousas”, apuntou.

Nese sentido, o equipo de Carla Simón tivo que enfrontarse ao reto de buscar un “equilibrio” e rodar dunha “maneira orgánica” para que a paisaxe non roubase protagonismo á historia e puidese estar “integrado”, tendo en conta que “a Ría o condiciona todo”.

Outro dos retos (conseguidos) pola película é o de achegarse á historia sen xulgar aos seus protagonistas. “Eu aos meus pais non lles xulgo. Foi unha putada o que lles pasou, nun contexto moi concreto”, explicou, e lembrou que os seus proxenitores, Neus e Kin, foron mozos que creceran no franquismo, “cunha represión absoluta” e, coa chegada da liberdade, “queren explorar en todos os sentidos”. “Non tiñan coñecemento profundo do que podía pasar coas drogas, e logo chegou a SIDA (que levou a ambos os)”, engadiu.

REIVINDICAR UNHA XERACIÓN

Con todo, Carla Simón ten moi claro que “hai que reivindicar a esa xeración, pola en valor”, algo que non se fai en moitas ocasións “polo estigma e a dor que causa nas familias”, como se reflicte en ‘Romaría’. “Non falamos moito deles, pero foron os que romperon con todos os valores conservadores da sociedade española dese momento. Aos que hai que agradecer que esteamos onde estamos”, proclamou. A directora catalá subliñou que foron precisamente eses mozos quen introduciron en España “ideas progresistas que en Europa xa facía moitos anos que estaban”.

Con todo, apuntou que existía “o perigo” de contar esta historia “xulgando, desde un lugar cruel ou mesmo idealizando”. “Atopar o ton adecuado foi algo que falamos moito no equipo, poder atopar a medida xusta para tentar contar algo que, á fin e ao cabo, eu non vivín”, sinalou.

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

0

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de Iberia procedente de Madrid e con destino o aeroporto vigués de Peinador, á primeira hora da mañá deste martes.

Segundo confirmaron fontes da aerolínea, o voo IB465 con chegada prevista a Vigo ás 8,40 horas finalmente non puido aterrar na terminal viguesa debido á falta de visibilidade, e a nave acabou regresando ao aeroporto de Madrid-Barallas Adolfo Suárez.

Con todo, o voo de Iberia con chegada ás 12,50 horas aterrou sen novidade en Vigo, e tamén se operou sen incidencias a saída de Peinador en dirección a Madrid das 13,15 horas.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed