Inicio Blog Páxina 1935

As hospitalizacións por covid en Vigo mantéñense estables malia os novos contaxios

O número de persoas con COVID ingresadas en hospitais de Galicia descendeu ata 431 (30 menos que hai 24 horas), das que 67 están en Unidades de Coidados Intensivos (2 menos que o día anterior), segundo os datos que fixo públicos este mércores a Consellería de Sanidade, e que se refiren a información solicitada ata as 18,00 horas do martes.

Así, os pacientes con coronavirus ingresados en centros hospitalarios baixaron en todas as áreas sanitarias, aínda que hai algunhas que manteñen ou mesmo aumentan o número de infectados que necesitan coidados críticos. Por áreas, A Coruña e Cee segue sendo a que ten máis casos ingresados en hospital, con 128, dos que 22 están na UCI (os mesmos que hai un día) e 106 están en unidades convencionais de hospitalización (un menos). Na área sanitaria de Vigo hai 82 persoas ingresadas, das que 17 están en UCI (sen cambios na cifra) e 65 ‘en planta’ (dúas menos que o día anterior).

AUMENTO DE CASOS CRÍTICOS EN PONTEVEDRA

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é a única que rexistra un aumento no número de casos críticos e pasou de 6 a 8 pacientes con COVID ingresados en UCI. A eles súmanse outros 50 pacientes que están ‘en planta’ (6 menos que os notificados hai 24 horas). Na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 47 persoas hospitalizadas (dez menos), aínda que se mantén en 6 o número de ingresados en UCI; mentres que na área de Ferrol baixaron a 7 os pacientes en coidados críticos (un menos) e permenecen ‘en planta’ 39 persoas (dúas menos).

Na área sanitaria de Santiago e Barbanza hai 38 pacientes hospitalizados (un menos) e baixaron os casos en UCI de 7 a 5; por contra, os ingresados en unidades convencionais de hospitalización pasaron de 32 a 33. Finalmente, a área de Lugo, Monforte e A Mariña é a que ten menos casos de COVID nos hospitais, cun total de 32. Deles, hai 2 pacientes en UCI (un menos) e outros 30 ‘en planta’ (oito menos).

O ministro Illa apoia as novas restricións de Galicia pola “concordancia coa estratexia nacional”

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, manifestou o seu “apoio” ás novas restricións anunciadas pola Xunta para Galicia e destacou que se atopan en “concordancia coa estratexia nacional” para frear o avance da pandemia.

Preguntado tras unha visita ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o ministro apuntou que, aínda que a situación de Galicia é “mellor” que a doutras comunidades, “a prudencia é sempre boa conselleira”.

En concreto, Galicia ampliará as restricións a 60 concellos galegos e establecerá o seu confinamento perimetral e o peche da hostalaría e a limitación do deporte á práctica individual nos mesmos desde este sábado.

Así as cousas, o titular da carteira de Sanidade considerou “moi acertado actuar con prevención” e “precaución” ante o avance da segunda ‘onda’ da pandemia e chamou á cidadanía a “cumprir” as medidas establecidas.

De cara ao futuro, rexeitou concretar se se estudará decretar un novo confinamento domiciliario durante o Nadal, aínda que asegurou que estas “non serán como as do ano pasado”.

Neste sentido, remarcou que se traballa para dobrar a curva da ‘onda’, pero insistiu en que España “non está ben” en relación á pandemia. Deste xeito, lembrou que a incidencia a nivel nacional sitúase ao redor dos 500 casos por 100.000 habitantes e insistiu na importancia de lograr que se coloque por baixo dos 100.

En todo caso, Salvador Illa volveu a reiterar a importancia de esperar “dúas ou tres semanas” tras a aplicación de restricións para avaliar o seu resultado e decidir se se estenden. Así, sinalou que, se se adopta unha medida “un domingo”, non se poden observar as súas consecuencias “o martes” e recalcou a importancia de respectar as restricións que se establezan. “É tan importante tomar medidas como cumprilas”, resolveu.

RESTRICIÓNS EN GALICIA

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, defendeu a ampliación da vixencia das restricións impostas o pasado venres con motivo de evitar desprazamentos desde zonas urbanas, que acumulan unha maior incidencia de casos, a municipios rurais con motivo da festividade de Todos os Santos.

Con todo, recalcou que, cando se adoptaron esas medidas, sinalouse que se reevaluarían este martes, cando se decidiu amplialas ao non observarse unha tendencia de mellora da situación.

Nesta liña, Julio García xustificou a adopción das novas restricións e a extensión das mesmas a máis municipios dado o funcionamento desta estratexia no Carballiño, onde lembrou que a incidencia acumulada de casos logrouse reducir “máis dun 50%”.

Vigueses atrapados no Perú: “Déronnos coa porta nos fuciños por temor ao contaxio”

Uns 10 galegos atópanse entre os case 200 españois que permanecen en Perú á espera dunha solución para poder volver a España, despois de que o país andino decretase a suspensión de conexións aéreas co exterior e o peche de fronteiras.

Así o trasladou a Europa Press unha desas persoas, unha médica viguesa, Sofía García, que se atopa en Lima, á espera de poder saír do país, e que está en contacto con decenas de españois na mesma situación.

Esta galega sinalou que levaba uns 20 días viaxando e facendo turismo por Latinoamérica, con outras dúas compañeiras de carreira (unha do País Vasco e outra de Burgos), e que cando iniciou esa viaxe “non había casos de coronavirus confirmados” nin en Perú nin en España.

O pasado 12 de marzo, á vista de como evolucionaban os acontecementos, Sofía García decidiu volver a casa, do mesmo xeito que decenas de españois, pero ao chegar a Lima, “o aeroporto era un caos, estaba desbordado porque todos querían saír do país e non había medios, a embaixada estaba desbordada e non ofrecía solucións“.

O 13 de marzo o Goberno peruano anunciou a suspensión dos voos con Europa e Estados Unidos e, posteriormente, a suspensión total de todas as conexións aéreas. “Foi imposible conseguir un billete”, lamentou esta viguesa, quen sinalou que, do mesmo xeito que outros españois, viuse obrigada a buscar aloxamento en Lima, mentres non hai alternativa para que os turistas poidan abandonar ese país.

A ese respecto, denunciou as dificultades que os españois están a atopar en hoteis, apartamentos e outros aloxamentos. “Déronnos coa porta na cara nunha chea de sitios ao saber que eramos españois, por medo ao contaxio. Moitos hoteis botaron á xente, e agora co estado de alarma, non se pode saír a ningún sitio”, indicou Sofía que, finalmente, “tras 14 intentos”, logrou alugar un apartamento coas súas compañeiras.

CON BILLETE E SEN PODER VIAXAR

Unha historia parecida é a doutra viguesa, Raquel Martín, que levaba tres meses viaxando por Latinoamérica e chegou o pasado 12 de marzo a Perú, desde México, e con intención de regresar a España.

Segundo relatou a Europa Press, tras a suspensión das conexións aéreas con Europa, logrou comprar un billete a Sao Paulo para, desde esa cidade brasileira, poder voar a Lisboa. Ese voo estaba previsto para este xoves, pero tamén foi suspendido, ao anularse todas as rutas.

Raquel Martín denunciou que, desde o momento en que o goberno de Perú anunciou que restrinxiría os voos, “o aeroporto e a embaixada colapsáronse” e, os afortunados que lograron comprar un billete e saír do país fixérono a prezos “elevadísimos”.

Como no caso da doutora Sofía García, Raquel tivo que buscar aloxamento, no seu caso nun ‘hostel’ onde comparte espazo con outros turistas “atrapados”, e coincidiu en denunciar que “se es español, xa che miran mal, e non che aceptan nos hoteis e aloxamentos”.

Ademais, incidiu, os turistas españois (igual que os chineses, italianos ou franceses) debe permanecer confinados durante 14 días nas súas habitacións, segundo unha orde publicada pola Cámara Nacional de Turismo de Perú. Se van abandonar esas estancias, deben comunicalo á Policía do país.

Segundo apuntaron tanto Sofía García como Raquel Martín, hai uns 200 españois na mesma situación, e deles, “entre 8 e 10 galegos”, que permanecen en Perú, onde o Goberno confirmou, polo momento, 145 casos positivos por Covid-19, 111 na capital.

Peinador, o único aeroporto galego que perde pasaxeiros

Os aeroportos da Coruña e Santiago gañaron pasaxeiros no primeiros catro meses do ano, fronte ao de Vigo, que rexistrou un leve descenso. Así, ás portas de maio, os tres aeroportos xuntos superaban xa o millón e medio de usuarios, tal e como publicou este luns Aena.

Por aeroportos, nos primeiros catro meses de 2019 a terminal de Lavacolla rexistrou 808.873 usuarios, un 2,2% máis que no mesmo período do ano anterior; mentres que A Coruña creceu un 8,9%, ata 402.686. Finalmente, Vigo experimentou un lixeiro retroceso do 0,4%, ata os 315.927 pasaxeiros.

En canto aos voos, diminuíron un 1,6% no Aeroporto de Peinador, ata 3.594, mentres que se incrementaron un 1,3% en Santiago, con 6.508, e experimentaron un lixeiro aumento (do 0,2%) na Coruña, onde se operaron 5.185 voos.

En canto aos datos do mes de abril, o Aeroporto de Santiago experimentou un incremento do 8,8% na súa cifra de viaxeiros, ata os 253.393 usuarios, mentres que A Coruña creceu un 10,1%, ata 111.809 usuarios, e Vigo caeu en porcentaxe similar, un 10,8%, e quedou algo por baixo dos 88.000 pasaxeiros.

O alcalde de Vigo avanza que Peinador contará con conexións ‘low cost’ a Barcelona, Londres e outras dúas cidades

LOW COST

Por outra banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o aeroporto de Peinador contará con voos ‘low cost’ a Barcelona, Londres e outras dúas cidades, unha española e outra de fóra do país.

Preguntado tras unha rolda de prensa celebrada este luns en Vigo, Abel Caballero concretou que o acordo coa aerolínea pecharase proximamente e que, en virtude do mesmo, a cidade condal contará con dous voos diarios á olívica. Ademais, asegurou que a súa intención é que a outra cidade española coa que se conecte a Vigo a través desta aerolínea ‘low cost’ sexa Madrid, aínda que indicou que a urbe aínda non foi determinada.

Así mesmo, achacou o descenso dos datos de pasaxeiros do aeroporto vigués durante o mes de abril ao abandono do mesmo por parte da aerolíneaa Ryanair, que prestaba conexións con varias cidades europeas.

O Festival de Cans explorará o documental e o cinema experimental en curtametraxes

0

O Festival de Cans seleccionou nove curtametraxes que exploran variantes do documental e do cinema experimental para proxectalos o próximo 25 de maio no marco da competición de non-ficción FuraCans.

Deste xeito, búscase mostrar unha panorámica do traballo que levan a cabo as xeracións máis novas do cinema galego, na súa maior parte, nacidas ao redor da década dos 90, segundo trasladaron os organizadores.

As entradas están dispoñibles desde este martes a un prezo de seis euros na páxina web do festival e o aforamento será limitado, xa que só poderán asistir 180 persoas ao pase matinal e 90 ao de tarde.

En concreto, proxectarase a documental ‘Hora silenciosa’, de Noelia Muíño, que aborda a vida das monxas de clausura do convento de San Paio de Antealtares; así como a obra de Brandán Cerviño ‘Na boca da mina’, gravada na antiga cidade mineira do Cobre, en Cuba.

Tamén se presentarán ’16-11-2016 / 13-5-2017′, que explora parte da vida de Marta Valverde, e ‘Devalar’, no que Mar García retrata a súa aldea. ‘Cando mamá pechou as caixas’ tamén ten un compoñente persoal, xa que aborda o peche dun negocio da familia da súa creadora, Arancha Brandón.

Ademais, ‘Palmira’ presenta a historia dunha antepasada de Rebeca Lareira, mentres que ‘In touch with the infinite’, de Alejandra Pombo, viaxa cara aos adentros da natureza. FuraCans tamén proxectará dúas pezas experimentais en canto ás imaxes e os sons, ‘Como desaparecer’, de Carlos Martínez-Peñalvar; e ‘Caerán lóstregos do ceo’, de Adrián Canoura.

Pais e nais de Cangas acusan á Xunta de non cubrir as baixas dos profesionais médicos

A representante do colectivo de pais e nais que, baixo a lema ‘Por un servizo pediátrico de calidade en Cangas’, esixe a cobertura da asistencia na localidade, Elisa Pidal, denunciou que o Concello de Cangas só conta cun pediatra dispoñible e achacou esta situación a que a Xunta non cubrise as baixas laborais dos demais profesionais.

Lembrou que o Centro de Saúde de Cangas contaba con dous pediatras na quenda de mañá e un de tarde. Con todo, sinalou que, debido a que as baixas laborais de dúas deles non foron cubertas, este mércores, o centro só contaba cun profesional, e que iso levou que algunhas familias se visen obrigadas a desprazarse ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para acceder a este servizo.

Elisa Pidal tamén recalcou que un dos profesionais está de baixa “desde hai un mes” e o outro desde hai “polo menos unha semana” e, con todo, segundo subliñou, a Consellería de Sanidade aínda non cubriu estas prazas. Ademais, remarcou que a Casa do Mar de Aldán, que dá cobertura ás parroquias de Aldán e O Hío, tamén conta cunha praza de Pediatría sen cubrir.

RESPOSTA DA XUNTA

pOLA SÚA BANDA Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo asegurou que o Centro de Saúde de Cangas do Morrazo (Pontevedra) conta con dous pediatras e que as outras dúas prazas vacantes debido ás baixas laborais dos titulares non poden ser cubertas debido á falta de especialistas nas listas de contratación.

No entanto, a EOXI afirmou que a prestación do servizo de Pediatría está “garantida” debido a que o centro conta con dous especialistas desta rama sanitaria e con profesionais de Medicina Familiar e Comunitario.

Absolta a traballadora do SERGAS que accedeu ao historial da súa filla, polo que esta lle esixía 15.000 euros

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu a M.J.O.A, traballadora do Sergas que foi xulgada en Vigo por un delito de revelación de segredos, tras acceder en reiteradas ocasións ao historial médico da súa filla, supostamente sen o permiso desta.

O tribunal considera probado que a acusada accedeu, entre xuño de 2012 e abril de 2014, ata en 68 ocasións ao historial clínico da súa filla, facendo uso das súas claves como traballadora do Servizo Galego de Saúde. Con todo, precisa que “non se acreditou que devanditos accesos se realizasen pola acusada sen o consentimento da súa filla”.

Así, na sentenza, dado que as versións da acusada e da súa filla (que exerceu a acusación particular) son opostas, o Tribunal centrouse en valorar se a declaración da vítima pode valer por si soa para desvirtuar a presunción de inocencia da nai. E todo iso tendo en conta que o obxecto de controversia é se os accesos ao historial fixéronse con ou sen consentimento.

A ese respecto, a Audiencia Provincial sinalou que “non pode descartarse un ánimo espúreo na declaración da vítima, dada a mala relación existente coa súa nai”, e, por outra banda, sinala algunhas contradicións na declaración da denunciante, con respecto á suposta ausencia total de contacto coa acusada.

Por iso, entende que non se pode descartar que a filla pedise ou autorizase á nai a acceder aos seus datos médicos, xa que si mantiveron relación e contacto, aínda que este fóra con altibaixos.

A Fiscalía pedía para M.J.O.A. 4 anos de cárcere e 9 de inhabilitación, mentres que a acusación particular pedía a mesma pena de prisión e 12 anos de inhabilitación, ademais de 15.000 euros de indemnización para a filla.

Con todo, o tribunal considera que os feitos dos que se acusou a M.J.O.A. “non foron acreditados de modo suficiente e certeiro, máis aló de toda dúbida razoable”, polo que ditou sentenza absolutoria. A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante o TSXG.

‘Talladas’, o porteiro que deixou os campos de terra e pedras de Redondela para triunfar en Brasil co Galicia F.C.

José Túnel Cabaleiro naceu na vila de Redondela o 3 de agosto de 1912.
O seu pai tiña unha pequena empresa de transporte de pasaxeiros con carruaxes de cabalos que levaba aos seus veciños de Redondela ata as aldeas veciñas. A familia Túnel tivo seis fillos. A pesar da situación difícil que atravesaba Galiza os pais de José podían manter decorosamente a súa familia numerosa.

Dende pequeno sempre lle gustou o fútbol. Cando podía escapábase da casa para xogar cos seus amigos. Soñaba con ser porteiro, na súa Redondela natal. En 1931 iniciou a súa carreira profesional xogando na segunda división co Redondela. Alí bautízano co nome de “Talladas” alcume que o acompañara de por vida.

“Cando eu era un neno xogaba de porteiro e pedíalle sempre aos adversarios que se xuntase bastantes na portería, porque eu quería estrear. Incluso intentaba que os meus compañeiros non puxeran barreira, para poder ter unha mellor visión. Teño que aclarar que aqueles campos de fútbol do meu pobo, na maioría dos casos eran de terra ou de pedras. Eu, poñía o meu corpo e a miña alma naquelas prácticas, mancándome en todo o meu corpo e as conseguintes talladas. Por isto os meus compañeiros puxéronme “Talladas” alcume que me quedara para toda a vida”.

O seu fillo José Luis cóntanos algúns aspectos da súa historia:

“O meu pai comezou a destacar pola súa gran axilidade. Por ser unha persoa dunhas condicións físicas extraordinarias para o fútbol. Era un porteiro moi áxil de reflexos, inclusive o foi ata os seus últimos anos. Naquel equipo de Redondela destacaba o meu pai, Cabezo un xogador que posteriormente foi profesional do Celta e Chicha.”

Despois dunha estancia de tres anos nese clube, pasou á primeira división. Logo será fichado polo Porriño Fútbol Club. Con este equipo logra un campionato local. As actuacións destacadas de “Talladas” defendendo os tres paus da portería do Porriño, permitiralle meses despois, ser fichado por uns dos equipos máis importantes de Galiza de aqueles anos, o Unión Sporte Club de Vigo.

En 1934 logra con este equipo o campionato galego. A súa fama comeza a trascender as propias fronteiras galegas. Xogando para o Sporting, en representación de Galiza, enfrontase co Oviedo, que naquel ano gañara o campionato Asturiano. O equipo asturiano tiña na súa dianteira a Casuco, Herrerita, Lángara, Felipe e Emilin, un quinteto que por aqueles anos era moi recoñecido pola súa calidade futbolística. Mentres que a Unión Sporting formaba con Talladas; Pazos e Pierla; Manolito, Leonardo e Farruco; Echegaray, Cons, Chicha, Herodes e Morla. A Unión Sporting lograra na tempada 1935-36 xogar na segunda división xunto o Celta de Vigo. O seu modesto campo de fútbol quedaba o lado do Celta nun lugar chamado “La Florida”. Os seguidores daquel equipo eran na súa maioría veciños de Lavadores, que por aqueles anos era un concello independente.

“Cando eu xogaba no Unión Sporting -cóntanos talladas- cobraba dez duros por partido e cinco duros por adestramento, que o facíamos na Florida”.

Por aqueles tempos gobernaba a Segunda República e “Talladas” era un mozo inquedo que quería coñecer mundo.

En 1936 recibe unha oferta do “Galicia Fútbol Club”, do cal era directivo Emilio Cal de visita por Redondela ve como xoga como porteiro ante o Oviedo. O equipo Bahiano ofreceulle un contrato a él e o defensa Pierla.

“Ala fun eu. Á gran aventura. Díxenlle a Pierla que nos íamos. Non quixo. Total, que me embarquen no Antonio Delfino”, neste barco alemán, con gastos pagados, funme a Brasil…

“Retireime de España intres antes da guerra fratricida que a envolveu, non me sentía con gañas de volver, preferia viaxar. Foi no transcurso dun deses viaxes, marzo de 1936, que me deparou un bo contrato para ir o “ Galicia Foot- ball Club” da Bahia, clube que pertence a colonia española….” ( Sintra, Jornal Portugués 1940)

José Túnel, partía do porto de Vigo o 4 de marzo de 1936, ano tan marcado pola historia recente de España. Partiu do porto olivico, unha tarde fría e chuviosa, entre apertas e algunha que outra bágoa, fronte aos seus pais e amigos. Embarcase no vapor alemán “Antonio Delfino” e partía rumbo o éxito. Con él partía o seu paisano de Redondela e excelente defensa, Francisco Pazos González “Macoco”, o cal tamén triunfara no fútbol bahiano.

Nunha carta enviada aos periódicos do “Faro del Vigo” e o “Pueblo Gallego” despedíase da afección galega:

“Lamentando non facelo persoalmente por falta material de tempo, veño por medio da presente a despedirme de vostedes, pois hoxe mesmo saio para Bahía ( Brasil), a onde vou cunha ficha asinada, a formar parte do equipo “Galicia” daquela poboación. O expatriarme, fágoo aproveitando algunha vantaxe que se me ofrece, aínda o meu animo é o de volver o próximo verán…”.

Talladas

Anos máis tarde volveranos a lembrar a súa chegada:

“ Cheguei alí para atoparme cunha gran sorpresa: actividade de noite, con luces, con focos…había que escapar do gran calor que fai. O meu primeiro adestramento foi baixo os focos. Eu non estaba acostumado a aqueles. !Miña nai! !Que desastre!. Entrábanme os goles por todas partes. Non os “pescaba”, non veía un balón. Eu deciame: ¿ Terei fracasado? Estaba decepcionado. Fora de aquí, coa fama de mellor porteiro de Galiza, chegou alí e non vexo unha pelota: ! Que bárbaro ! Pero todo era falta de habito. Viu o famoso Vasco da Gama a xogar contra o meu equipo, o Galicia de Bahia. E dinme: ti non vas a xogar ”Talladas”, que este partido é decisivo e non estas acostumado. Pero eu pregunteille: ¿é de día ou de noite o partido?. De día dixéronme, díxenlle: Póñanme a xogar ou voume a Galiza. De día, díxenlle, comprométome a paralo todo. Puxéronme a xogar: un “tirazo” de Cuco, un internacional arxentino, e fixen unha parada memorábel, de pao a pao. Eu de puños non quería saber nada. Atenazaba e veña. Asustei a toda aquela xente. Berraban: !Talladas: o mellor do mundo! Así aos tres meses, leváronme xa cunha selección do Estado a xogar a Pernanbuco. E dicían os de Pernanbuco: “Xamas pasou un porteiro como o español Talladas”.

Naquela Xira triunfal de Talladas a selección rexional gañou tres partidos e empataron dous.

En Bahía tiña a dous amigos da infancia, Justo e José Abelheiro Blanco, propietarios do establecemento “Casa Redondela”. O chegar encontrara con aquel Salvador que había gozado nos seus soños. Todo ulíalle a distinto e a Dende. A froitas novas, a canela, a calor, a soños irresistibles, a glorias impensables. De pronto comeza a sonar nome de “Talladas”, o Tigre Galego, o home que era capaz de facer a máis grandes fazañas fronte aos tres paus dunha portería.

O “Galicia” fundaronse facía moi pouco tempo, foi o producto da acción decidida dun grupo de paisanos que soñaban con ter un equipo de fútbol que puidera competir os domingos e levar con orgullo as cores da patria e a Cruz de Santiago.

Talladas en Brasil co Galicia F.C.

O equipo de Galicia formaba por aqueles anos con:

Talladas, Macoco e Bisa. Bubu Vannni e Grandim. Dedé, Servillo, Vavá, Ferreira e Moela. Mentres que o seu principal contrincante en Salvador o Bahía contaba con: Maia, Serra e Tarzan. Nouca, Guga e Gia. Ito, Betinho, Romeu, Armandinho e Sandoval.

No transcurso da memorable xira por Pernanbuco, un emisario do Flamengo de Río de Janeiro trasladase a Salvador, co fin de contratalo.

O 14 de febreiro de 1937 “Talladas” ficha polo Flamengo de Río, actuando durante 11 meses e obtendo o titulo de Vice Campionato de fútbol Carioca de 1937.

Antes de partir do clube escrébelle unha carta despedida os seus admirados que dí:

“Ao povo bahiano, non podendo despedirme persoalmente dos meus innúmeros torcedores por intermedio destas columnas veño a agradecerlles o bon acollemento que dispensaran durante a miña permanencia nesta boa terra, da cal levo moitas saudades, agradecendo tamén os inmerecidos aplausos que me tributaran no Campo da Graca.
Aos meus patricios e amigos, sente moito tamén non poder abrasalos na hora da miña partida por falta de tempo pelo que pido desculpas, agradecéndolles ao mesmo tempo a preferencia que sempre me concederan…”.

O periódico “El Globo” lembraba nas súas páxinas como fora descuberto polo fútbol carioca:

“A noticia de que o Flamengo procuraba un gran porteiro para a tempada 37 axitou a todos os círculos deportivos, falábase constantemente do Rei e de Jurandyr, os porteiros que representaban o Brasil no Campionato Sul americano. Un Sportman bahiano, amigo do presidente rubro-negro, afirmou que na Bahia había un porteiro superior ao Rei e o Jurandyr. O informante adiantoulle que era imposible que calquera clube carioca adquirira o grande crack español, por haber costado á colonia española 37 contos e o Galicia non estaría disposto a perdelo.”

Tamén quedaron marabillados co porteiro galego os xogadores do Botafogo que coñeceron os datos de Talladas.
Con toda esta información termina “El Globo” Alí estaba a solución do gran problema”.

“Deciame Macoco: Talladas: estas rico, vas ter mais cartos. Pero a realidade é que o diñeiro mo levaron os intermediarios, que xa había entón e ben finos que andaban os tíos.Funme ao Flamengo. Xoguei o meu primeiro partido co América, tamén de Río. Xa eran partidos xogados de noite, pero xa había collido o “tranquillo” e non me colaban unha pelota. Gañamos tres a un e xoguei tamén contra o América que os periodistas escribiron: Talladas críamos que era bo, pero non tanto”.

O equipo do Flamingo formaba en aqueles momentos con: Talladas, Carlos Alves e Marín, Caldeica. Otto e Medio. Sá, Leonidas, Ladislau, Engel e Jarbas.

Segundo nos conta o propio Talladas nunha entrevista que lle realíza o periodista Manolo Cao “Leónidas – compañeiro de equipo – foi o mellor xogador do Mundo de todos os tempos, incluso superior a Péle”.

En 1938, contratouno o equipo de Santos onde xogou 6 anos. Aquela escuadra formaba con: Talladas, Neves e Vanderlinho; Figueira, Artigas e Abreu; Sacy, Bazzoni, Grandín, Aurelio e Tom Mix.

En 1939, Talladas opérano en Sao Paulo polo doutor Godoy Moreira, debido a un desgarro muscular que o inhabilita por 30 días. Segundo as crónicas de aqueles días o noso porteiro atopábase triste e desanimado.

Na carta o periódico bahiano “A Tarde” sinala:

“Despois dun longo período de afastamento do fútbol, en virtude dunha operación, a que fun sometido aproveito para o ensejo para mandar algunhas noticias desta prospera e grande cidade, que é Santos. o Santos, o meu clube, como debe ser do seu coñecemento, marcha no primeiro posto da táboa, xunto co Corinthians e Palestra. Eu, dentro de breve tempo debo reiniciar o adestramento, tendo fe en deus que volva a ser o porteiro de confianza da miña afección….Teño grandes lembranzas do Galicia. Club o que tiven a honra de pertencer. Tamén aproveito o momento para mandar un aperta aos deportistas bahianos, de quen teño unhas grandes lembranzas. Aproveito a mandar por intermedio do seu xornal un aperta para os amigos Emilio Cal Fernández, Macoco, Pepiantas, Marcelino Cal Tunel e Cavadas.”

O Diario de Santos sinalaba o 21 de xullo de 1939: “Talladas volverá a estrear….Logo que regreso de Sao Pablo, Talladas estivo na nosa redacción co fin de transmitirnos a boa nova, que nos causou tanta satisfacción como no propio Talladas. Estaba radiante o gardaredes galego que andivo facendo movementos e saltos para demostrar que nada sentía. Agardo estar en forma, chegando a ser o grande xogador que tantas veces fun admirado nos nosos campos de fútbol.”

Mentres Talladas trunfaba en Brasil outro español Isidoro Langara chegaba o continente americano para trunfar no San Lorenzo de Almagro da Arxentina.

En decembro de 1939 San Lourenzo, realiza unha xira por Brasil, chegando en barco ao porto de Santos. Naquelas circunstancias o famoso Langara e Talladas compartiran moitos momentos e lembranzas sobre o fútbol español.

Talladas naquela etapa vivía na avenida Vicente de Carvalho 19, na cidade de Santos.

No 1943 o equipo Vasco da Gama intenta mercar o seu traspaso por 17.000 cruceiros. Ese mesmo ano ficha para outro equipo paulista o Jabaquara que formaba con Talladas, Botelho e Issame; Gamba, Mario e Sousa; Ferreira, Moreno, bafa, Leonaldo e Tom Mix.

En 1945 pasa unhas vacacións en Galiza. O regresar tivo ofertas do Español de Barcelona e do Celta. A fichaxe non se poderá concretar porque a Confederación Brasileira de Deportes non lle daba o pase internacional. A súa carreira futbolista a terminara no “España” de Santos. Durante a súa pertenza neste equipo sufrirá a rotura do peroné, ante a entrada de Pardal, que o afastou dos campos de fútbol case corenta días. En 1946 decide retornar definitivamente a súa terra. Cando regresa coñece a Carmen Carreira Queimadiños con quen se casa en 1948. Carmen era viúva de guerra. Rexentaba un estanco en Redondela.
Do matrimonio Túnel Carrera naceron tres fillos: Marcelina, Jose Luis, e Manuel Ignacio. Con Carmen tivo un feliz matrimonio e formou unha fermosa familia.

Talladas se retira

O 10 de abril de 1973 falecía a súa muller Carmen Carreras. E o gran Talladas recibía a súa primeiro derrota emocional. Foron momentos moi duros, pero coa axuda dos seus fillos puido saír adiante.

“Eu gozaba ver un partido de fútbol por televisión co meu pai, sentabámonos os dous e eu deixaba todo por ese momento. El era moi apaixonado polo deporte, pero o mesmo tempo era unha persoa moi critica. A pesar da súa paixón intentaba ver aquel espectáculo deportivo como si fora un periodista, unha persoa critica. A súa paixón foi sempre o fútbol, a él tanto gustáballe ver un gran partido internacional por televisión como ir á Xunqueira en Redondela e presenciar un partido infantil. O meu pai a pesar da súa paixón futbolística non tiña preferencia por ningún equipo en especial. A él gustáballe o fútbol en xeral. O que si lle gustaba eran os xogadores. Lembro que sempre me falaba das condicións dalgúns xogadores que para el tiñan futuro e na maioría dos casos terminaban trunfando. Falábame por exemplo de Iribar, de Arconada, etc.”

Talladas de anciá

Talladas viviu os últimos años da súa vida lembrando o seus tempos de porteiro. Seguramente fora o primeiro xogador español que triunfara no exterior. Os seus veciños o lembran pedaleando na súa vella bicicleta, ata os oitenta anos. Achegándose sempre a ver aos nenos da súa Redondela natal, que corrían tras un balón coa mesma ilusión que o fixera Talladas, o máis grande entre os grandes porteiros do mundo. A Torcida galega de Bahia aínda o lembra con nostalxia. Morreu en Rodondela o 8 de marzo do ano 1993.

Sorprenden de novo no Calvario ao ancián que leva 120 coches danados e agrede aos veciños que llo recriminan

0

A Policía Local de Vigo volveu a identificar o veciño de 79 anos de idade que xa fora interceptado o pasado domingo, cando varias testemuñas o sorprenderon raiando coches e introducindo escarvadentes de madeira nas fechaduras.

Segundo informaron fontes policiais, ao día seguinte dese incidente, unha dotación do 092 volveu ir ao barrio do Calvario, tras recibir un aviso de que un home maior estaba a meter escarvadentes nas fechaduras das portas dos turismos estacionados.

Os axentes volvérono a identificar unha vez máis (xa que son numerosas as intervencións policiais relacionadas coa actividade supostamente delituosa deste home) e requisáronlle varios obxectos de madeira.

Segundo informou o 092, no que vai de mes de xaneiro atribúenselle a este home danos nuns 120 coches, e ten máis dunha ducia de antecedentes policiais por estes feitos, e por agredir a veciños que lle recriminan a súa actitude.

Un pequeno paraíso: o noso mellor amigo e o rei dos deportes á beira do mar

Esta fotografía de Miguel Núñez é canto queda da praia. En primeiro plano, un can xoga ao fútbol ou simplemente (como diría o mestre da fotografía Henri Cartier-Bresson) tratouse de captar o momento xusto.

Ao fondo, unha persoa indeterminada camiña devagar, con esa tranquilidade que identifica ao período estival e as vacacións, moi lonxe das brétemas e présas nas que hoxe mergullounos o calendario.

Nunha só imaxe, o mellor amigo, o lugar soñado e o deporte preferido do ser humán. Non estaría mal morrer e atoparse isto no máis alá.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed