InicioEconomíaPeinador, o único aeroporto galego que perde pasaxeiros

Peinador, o único aeroporto galego que perde pasaxeiros

Abel Caballero avanza que Peinador contará con conexións 'low cost' a Barcelona, Londres e outras dúas cidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aeroportos da Coruña e Santiago gañaron pasaxeiros no primeiros catro meses do ano, fronte ao de Vigo, que rexistrou un leve descenso. Así, ás portas de maio, os tres aeroportos xuntos superaban xa o millón e medio de usuarios, tal e como publicou este luns Aena.

Por aeroportos, nos primeiros catro meses de 2019 a terminal de Lavacolla rexistrou 808.873 usuarios, un 2,2% máis que no mesmo período do ano anterior; mentres que A Coruña creceu un 8,9%, ata 402.686. Finalmente, Vigo experimentou un lixeiro retroceso do 0,4%, ata os 315.927 pasaxeiros.

En canto aos voos, diminuíron un 1,6% no Aeroporto de Peinador, ata 3.594, mentres que se incrementaron un 1,3% en Santiago, con 6.508, e experimentaron un lixeiro aumento (do 0,2%) na Coruña, onde se operaron 5.185 voos.

En canto aos datos do mes de abril, o Aeroporto de Santiago experimentou un incremento do 8,8% na súa cifra de viaxeiros, ata os 253.393 usuarios, mentres que A Coruña creceu un 10,1%, ata 111.809 usuarios, e Vigo caeu en porcentaxe similar, un 10,8%, e quedou algo por baixo dos 88.000 pasaxeiros.

O alcalde de Vigo avanza que Peinador contará con conexións ‘low cost’ a Barcelona, Londres e outras dúas cidades

LOW COST

Por outra banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o aeroporto de Peinador contará con voos ‘low cost’ a Barcelona, Londres e outras dúas cidades, unha española e outra de fóra do país.

Preguntado tras unha rolda de prensa celebrada este luns en Vigo, Abel Caballero concretou que o acordo coa aerolínea pecharase proximamente e que, en virtude do mesmo, a cidade condal contará con dous voos diarios á olívica. Ademais, asegurou que a súa intención é que a outra cidade española coa que se conecte a Vigo a través desta aerolínea ‘low cost’ sexa Madrid, aínda que indicou que a urbe aínda non foi determinada.

Así mesmo, achacou o descenso dos datos de pasaxeiros do aeroporto vigués durante o mes de abril ao abandono do mesmo por parte da aerolíneaa Ryanair, que prestaba conexións con varias cidades europeas.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...