InicioSociedadeSorprenden de novo no Calvario ao ancián que leva 120 coches danados...

Sorprenden de novo no Calvario ao ancián que leva 120 coches danados e agrede aos veciños que llo recriminan

A Policía Local de Vigo volveu a identificar o veciño de 79 anos de idade que xa fora interceptado o pasado domingo, cando varias testemuñas o sorprenderon raiando coches e introducindo escarvadentes de madeira nas fechaduras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo volveu a identificar o veciño de 79 anos de idade que xa fora interceptado o pasado domingo, cando varias testemuñas o sorprenderon raiando coches e introducindo escarvadentes de madeira nas fechaduras.

Segundo informaron fontes policiais, ao día seguinte dese incidente, unha dotación do 092 volveu ir ao barrio do Calvario, tras recibir un aviso de que un home maior estaba a meter escarvadentes nas fechaduras das portas dos turismos estacionados.

Os axentes volvérono a identificar unha vez máis (xa que son numerosas as intervencións policiais relacionadas coa actividade supostamente delituosa deste home) e requisáronlle varios obxectos de madeira.

Segundo informou o 092, no que vai de mes de xaneiro atribúenselle a este home danos nuns 120 coches, e ten máis dunha ducia de antecedentes policiais por estes feitos, e por agredir a veciños que lle recriminan a súa actitude.

ÚLTIMAS

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...