Inicio Blog Páxina 1881

Vigo acusa á Xunta de pór “pegas” ao estudo da auga porque “lle importa un pemento” o abastecemento

O goberno municipal de Vigo acusou á Xunta de pór “pegas” ao estudo sobre o abastecemento de auga para a cidade e a súa comarca porque “non lle gusta o resultado” do mesmo e a alternativa que propoñen os técnicos, e que porque “lle importa un pemento” que a cidade teña garantido a subministración de auga para os próximos 50 anos.

Así o trasladou nunha rolda de prensa o concelleiro de Fomento do Concello olívico, Francisco Javier Pardo, quen criticou a posición do goberno galego despois da última reunión da comisión de seguimento constituída para dar resposta aos problemas de abastecemento de Vigo e os municipios da súa contorna.

Despois dese encontro, no que se deu por concluído o estudo das posibles alternativas (pondo sobre a mesa a que se considera óptima), a Xunta fixo público un comunicado no que cuestionaba algunhas das conclusións do informe. Dito estudo apunta como mellor opción unha combinación de actuacións: unha captación de auga desde a confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo, a construción dunha nova presa no río Oitavén, a duplicación do actual túnel de Amoedo, e un transvasamento mediante impulsión desde o río Miño ao encoro de Zamáns en Vigo (todo iso cun custo estimado de 67 millóns de euros).

Entre outros aspectos, a Xunta manifestaba a súa desconformidade cun transvasamento de auga desde a conca do río Verdugo ata o río Oitavén dada a “limitada” disponiblidad de auga na primeira; sinalaba que o estudo “acredita” que a situación da potabilizadora de O Casal é “o problema máis urxente do abastecemento de auga”; e sinalaba a “complexidade” das solucións previstas. Ademais, solicitaba ao Goberno de España a declaración das actuacións como obras de Interese Xeral do Estado.

En resposta a este posicionamento, o concelleiro de Fomento criticou as reticencias da Xunta, á que sinalou que o informe expón unha captación desde “a confluencia” dos ríos Oitavén e Verdugo, “non desde o Verdugo ao Oitavén”. Así mesmo, lembrou que o propio goberno galego expuxo esa solución en 2013.

Aterraxe de emerxencia dunha avioneta en Mondariz-Balneario

0

Unha avioneta aterrou de emerxencia no aparcadoiro das instalacións do campo golf de Mondariz-Balneario

Segundo informan fontes do servizo de emerxencias consultadas por GC, polo momento, non se coñece a existencia de feridos nesta aterraxe da que se descoñecen os motivos.

Ao lugar trasladáronse efectivos dos bombeiros de Baixo Miño, así como ambulancias no caso de ser necesarias.

Denuncian un ataque “fascista e misóxino” contra o mural feminista da Gran Vía

A Batukada feminista de Vigo Tamborililás e a Marcha Mundial das Mulleres denunciaron o ataque “fascista e misóxino” ao mural feminista deseñado por Eva Casais situado na Gran Vía da cidade olívica.

O mural, que rende homenaxe a sete pioneiras do feminismo galego, Corona González Santos, Saladina, Rosario Hernández “A Calesa”, Carmen González “A Picoña” e Urania Mella, apareceu cuberto con varias pintadas machistas como “Stop Feminazis“.

“Denunciamos publicamente este tipo de agresións contra as asociacións e colectivos de mulleres froito da violencia machista estrutural e patriarcal que a sociedade tolera e vos medios amparan blanquexando esta ideoloxía”, apuntan desde a Batukada feminista de Vigo Tamborililás e a Marcha Mundial dás Mulleres, que condenan “a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque”.

O próximo xoves 20 de maio levarase a cabo la restauración do mural desde as 19.00 horas.

Dous cribados detectan 16 positivos en Vigo e 7 en Gondomar

A área Sanitaria de Vigo detectou 25 positivos de Covid-19, deles 16 nun cribado na cidade olívica ao que acudiu un 34 por cento dos máis de 11.100 convocados.

Segundo informou esta área sanitaria, na cidade de Vigo foran convocadas 11.111 persoas, das que acudiron 3.779, o que supón un 34 por cento, entre as que se diagnosticaron 16 casos positivos.

Mentres, ao cribado realizado en Gondomar con 5.010 persoas citadas acudiron 2.691, o que supón o 53,7 por cento, entre as que se diagnosticaron sete casos deste coronavirus.

Pola súa banda, no municipio do Porriño foron citadas 6.000 persoas a outro cribado, ao que acudiron 1.189, o que implica o 19,8%, entre as que se detectaron dous positivos.

E nas localidades de Tomiño e O Rosal citaron a 4.982 persoas das que asistiron 2.341, o 46,9 por cento, e non se obtivo ningún positivo por Covid-19.

A Xunta informa de varios falecidos por covid na área de Vigo do pasado ano

A Xunta informou este venres de 24 novos falecidos por covid, 15 deles entre o 11 e 12 de febreiro e outros nove de diferentes meses, o máis antigo, do 29 de novembro do pasado ano. Uns datos que o Sergas di que se debe a que “foron comunicados por dúas residencias, tras seren advertidas pola Xunta de Galicia“. Deste xeito, o balance total de falecidos desde que comezou a pandemia é de 2.089 mortos.

Este é o balance remitido pola Xunta:


Día 11 de febreiro:
Home de 72 anos, no CHUS.
Muller de 71 anos, no hospital do Salnés.
Muller de 62 anos, no CHUS.  
Home de 85 anos, no CHUS.
Muller de 83 anos, no CHUF.
Muller de 95 anos, no CHUF.
Home de 85 anos, no CHUO.
Home de 88 anos, no CHUS.  
Home de 96 anos, no CHUVI.  
Home de 80 anos, no CHUAC.
Muller de 83 anos, no CHUF (procedente da residencia Mi Casa de Ferrol).

Día 12 de febreiro:
Muller de 74 anos, no CHOP.  
Home de 87 anos, no CHOP.
Home de 60 anos, no CHUF  
Home de 85 anos, no hospital da Mariña de Burela.  

Mortos de semanas pasadas

Muller de 98 anos. Falece na residencia Bo Día Sagunto de Vigo (procedente da residencia As  Angélicas de Vigo). (08/02/21)
Muller de 98 anos. Falece na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria. (08/02/21)
Muller de 90 anos. Falece na residencia Vila do Conde de Gondomar. (07/12/20)
Home de 92 anos. Falece na residencia Vila do Conde de Gondomar. (03/12/20)
Home de 80 anos. Falece na residencia Vila do Conde de Gondomar. (29/11/20)
Muller de 89 anos. Falece na residencia Vila do Conde de Gondomar. (07/12/20)
Muller de 99 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui. (18/01/21)  
Muller de 93 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui. (17/01/21)
Muller de 88 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui. (16/01/21)

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Un total de 20 feridos tras envorcar un autobús en Oia

0

Un autobús envorcou a últimas horas deste martes, 8 de setembro, en Mougás, Oia, provocando unha vintena de feridos, algúns deles, ata oito, foron trasladados a distintos hospitais, a maioría, ao Álvaro Cunqueiro.

Segundo informan fontes consultadas por Galicia Confidencial, o autobús prestaba un servizo discrecional para traballadores de Citröen (PSA) que regresan da factoría ata a Guarda.

O motivo do accidente tería sido un animal, probablemente un cabalo, que se cruzou na estrada. O impacto con este animal tería provocado a saída do vehículo e que acabara envorcando.

En concreto, segundo fontes de emerxencias, o suceso tivo lugar pouco antes das 23,00 horas, no quilómetro 26 da estrada PO-552, que une Vigo coa Guarda, concretamente ao seu paso pola parroquia de Mougás.

Segundo a información do 112-Galicia, a maioría dos pasaxeiros lograron saír polo cristal traseiro do vehículo polo seu propio pé, polo que non foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño, que foran alertados.

A maior parte dos feridos, os máis leves, foron trasladados nun autocar da mesma compañía ata o centro hospitalario de referencia, mentres que os que presentaban lesións de máis consideración, un total de sete, foron en ambulancias ata distintos hospitais.

Detidos en Vigo por mallar e golpear “brutalmente” na cara a outro de Nigrán

Axentes da Garda Civil detiveron a dous mozos de Vigo, de 23 e 19 anos de idade, pola súa presunta implicación nunha agresión a outro home, ao que lle propinaron unha brutal malleira e causáronlle lesións graves na cara.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos ocorreron na madrugada do pasado 16 de agosto, cando se produciu unha acalorada discusión entre a vítima e un grupo de mozos no pazo de Urzáiz en Nigrán – agora local de ocio nocturno -. Nun momento determinado, a vítima propinou unha puñada a un deles, e tivo que saír fuxindo do local, cos demais implicados perseguíndooo.

O grupo deulle alcance nunha paraxe próxima e, segundo o relato do agredido e segundo o parte médico que achegou na denuncia, foi “brutalmente golpeado na cara”, ata que o deixaron semiinconsciente. Así, os agresores causáronlle importante lesións, con múltiples fracturas na cara, polas que tivo que ser intervido cirurxicamente nun hospital.

As pescudas da Garda Civil permitiron identificar a dous dos mozos que participarían na malleira, dous veciños de Vigo que foron detidos por un presunto delito de lesións. A investigación segue aberta e non se descartan novas detencións. Os dous arrestados ata o momento quedaron en liberdade en sede policial, á espera de comparecer ante o xulgado de instrución número 6 de Vigo cando sexan requiridos.

VIDEO | Así estragaron 10 petróglifos da estación de Outeiro dos Lameiros en Baiona

0

Os pretóglifos foron riscados a man coa axuda dunha pedra; un tipo de agresión ao patrimonio rupestre, por desgraza, cada vez máis frecuente.

Na mañá deste domingo 16 de agosto achegámonos ata a estación de Outeiro dos Lameiros na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Sabarís). Constitúe un dos conxuntos de maior interese do Suroeste de Galicia pola súa gran concentración de gravados e a variedade de motivos datados entre o 3000 e 2000 a.c.

Cando chegamos non dábamos crédito ao que estabamos vendo. Todos os paneis da estación tiñan dous ou tres petroglifos danados.

En total atopamos 10 petróglifos danados, un deles é o máis singular e representativo deste conxunto e está situado no mural de 15 x 5 metros que preside esta estación.

O autor dos feitos mesmo alterou un dos paneis de reticulados facendo gravados que non existían.

Gravados a man que non existían na pedra orixinalmente | Foto Pedro Telmo

Este xacemento arqueolóxico ten como principais características a súa gran concentración de superficies gravadas cunha ampla variedade de motivos, destacando un panel vertical único de 15 por 5 metros de superficie.

Neste enclave podemos atopar dende cazoletas, círculos concéntricos, zoomorfos, reticulados, esceas de equitación con cabalos, trisqueis, … e un panel único de 15×5 metros con máis de 70 cuadrúpedos esquemáticos, único no noroeste peninsular.

Polas indagacións realizadas os feitos tiveron que acontecer na tarde de onte 15 de agosto, logo de analizar distintas imaxes nas redes sociais e a súa hora de publicación.

A zona presenta un estado de semi abandono, con algunhas láminas das paraselas apodrecidas, e algúns paneis informativos cubertos lixeiramente pola maleza, … pero o entorno é perfectamente visitable.

Tamén poidemos atopar restos de entullos dunha fogueira con restos de cauchos e outros materiais que foron abandonados no mesmo camiño de acceso.

Queda agora determinar a posición que van tomar ao respecto o Concello de Baiona e a Comunidade de Montes de Sabarís, propietaria da finca así como as distintas asociacións culturais da zona como o Instituto de Estudos Miñoráns, principal valedor da defensa patrimonial do Val Miñor e por extensión a Xunta de Galicia, competente en materia de patrimonio.

Desembarcan en Vigo o tripulante dun pesqueiro por sospeita de contaxio

Un tripulante do espadero ‘Ribel Tercero’ foi trasladado a Vigo tras presentar síntomas do contaxio por COVID-19. O home foi recollido polo buque-hospital ‘Esperanza del Mar’ e desembarcado na mañá deste venres na cidade olívica, onde foi atendido por efectivos sanitarios para o seu transporte cara ao centro hospitalario.

O ‘Ribel Tercero’ atopábase faenando na zona dos Azores, cando este tripulante empezou a ter febre e síntomas que levantaron a sospeita de que se tratase dun caso de coronavirus.

Ao ver que os síntomas se agravaban, desde o pesqueiro contactouse co ‘Juan de la Cosa’, e seguiuse o protocolo de actuación ante a posibilidade de contaxio, recomendando a súa evacuación a terra firme.

O ‘Esperanza del Mar’, que se atopaba pola zona, dirixiuse ao encontro do pesqueiro e partiu rumbo a Vigo co tripulando a bordo, onde chegou sobre as 09,50 horas deste venres.

De momento descoñécese se está relacionado co coronavirus ou se se trata doutra doenza, pero as fontes consultadas por Europa Press aseguraron que se seguirá o protocolo de forma estrita no caso de que se confirme.

O ‘Ribel Tercero’, o espadeiro no que se atopaba este tripulante, ten prevista a súa chegada a porto este mesmo sábado.

O BNG critica a “manobra antidemocrática” de Abel Caballero por “excluír” o Bloque do Consello Social

O concelleiro do BNG Xabier P. Igrexas criticou a “manobra antidemocrática” que supón, ao seu xuízo, que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “excluíse” o Bloque do Consello Social municipal que se convocou este xoves.

Igrexas denunciou que Caballero “lle impedise” formar parte do “principal organismo consultivo” que ten o concello. “Deixa a case 8.500 vigueses que votaron ao BNG e que me fixeron concelleiro sen voz”, lamentou.

Para el, trátase doutra “manobra antidemocrática” que se suma á “deriva permanentemente antidemocrática” que define, segundo o nacionalista, “a forma de gobernar de Abel Caballero”.

Neste sentido, preguntou “que teme” o alcalde e “por que quere silenciar” o BNG. “Ningún comportamento autoritario vai silenciar o Bloque. Quen decide que o BNG teña presenza en Vigo son os vigueses”, sentenciou Xabier P Igrexas.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed