Inicio Blog Páxina 1872

Un videoclip para normalizar a sexualidade das persoas con parálise cerebral: “Non mires a outro lado”

A APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) e todo o colectivo de persoas con parálise cerebral celebrarán este mércores día 3 de outubro o Día Mundial da Parálise Cerebral en Vigo.

Con tal motivo, levararán a cabo a partir das 12:00 horas e diante da porta do Marco unha serie de actividades de sensibilización centradas na campaña afectivo-sexual “Non mires a outro lado”, pola que realizaron tamén un videoclip.

Esta campaña ten como obxectivo ampliar o concepto de sexualidade, reivindicando que non só se limita ao erotismo, senón que tamén significa intimidade, debido a que ocorre en espazos da vida diaria como no vestido, o desvestido e o aseo diario das persoas con parálise cerebral.

 

Dentro dos actos planificados, familiares, profesionais, nenos, nenas, homes e mulleres de APAMP, levarán a cabo a lectura dun manifesto que foi elaborado polas persoas que forman parte, dentro da entidade, do comité afectivo sexual. Darán a coñecer as súas reivindicacións, demandas e desexos ao redor deste tema.

Tras a lectura, usuarios da entidade realizarán un Flashmod coa canción central da campaña. A maiores, e coa finalidade de darlle visibilidade á campaña, colocarán ás estatuas máis emblemáticas da cidade unha venda co hashtag “ MiraDeFrente”.

Lema/ APAMP

 

No acto contarán coa presenza da xerente da entidade, Concepción Somoza, así como a concelleira do Partido Popular, Elena González. e está pendente de confirmar a presenza dalgún concelleiro por parte do Concello de Vigo.

Ademais da viralización da campaña en redes sociais, durante este mércores terán lugar en diferentes puntos do país varias actividades e iniciativas das 85 entidades que forman parte do Movemento.

Apamp

A nivel galego, levarán a cabo actos nas principais cidades galegas, como Coruña, Villagarcía de Arousa, Pontevedra e Lugo, sendo organizadas por ASPACE Coruña, Amencer ASPACE e ASPACE Lugo respectivamente.

Desde o Movemento ASPACE afirman que é fundamental lexitimar a nudez das persoas con parálise cerebral e contemplala como a de calquera persoa que non ten discapacidade, xa que se trata de algo íntimo e non pode ser compartido con calquera persoa.

A campaña destaca tamén o dereito á intimidade das persoas con grandes necesidades de apoio para que poidan construír a súa forma de expresar emocións. O eixo central da campaña ‘Non mires a outro lado’ é unha canción creada para a campaña polo grupo ‘ Ravioli Makers’.

Ademais conta cun anuncio, que foi distribuído entre as principais televisións nacionais e autonómicas, e un videoclip con mensaxes reivindicativas para eliminar ideas preconcibidas e concienciar á poboación sobre a importancia de normalizar a sexualidade e afectividade en parálise cerebral. 

Pepe O torneiro, un “heroe” para os nenos vigueses da Transición

Pepe “O Torneiro” leva máis de oitenta anos vivindo na mesma casa na que naceu, no barrio de Ribadavia, preto de San Roque. Entón, non facían falta cadeados, valados nin ferraduras.

Pepe encargouse das trompetas do órgano da catedral de Tui, das balaustradas do teatro de García Barbón, de miles de buxainas para os nenos que lle traían anaquiños de madeira ou as mesmas ramas das árbores.

Trompos/ Miguel Núñez

Cando baixaba ao centro, dicía que ía “a Vigo”, algo que hoxe semella do máis curioso. Tamén a súa profesión, case esquecida. Outra anécdota: recorda que en plena ditadura lle causou algún problema o seu apelido, “Rojo”.

A última peza/ Miguel Núñez

Aínda conserva o taller, no patio da súa casa. Alí elaboraba as anhelados buxainas, un dos divertimentos por excelencia na época, de tódolos tamaños. Un centímetro ou un metro, daba igual.

Traballou para Silverio Rivas, publicáronlle entrevistas. Na súa propia casa conserva mostras do seu traballo dunha vida.

O torneado/ Miguel Núñez

E, sobre todo, o que máis ama: a súa muller e a súa familia.

A muller de Pepe coida das galiñas/ Miguel Núñez

Así é Pepe, unha desas persoas especiais que Vigo agocha por centos.

Pepe, en primeiro plano/ Miguel Núñez

Estes son os podcast imprescindibles en 2021

0

O 2020 foi un ano de vertixe, pero tamén trouxo canda el unha eclosión ben interesante de podcasts en galego a raíz, precisamente, da pandemia e o confinamento. Este formato, que leva as ondas da radio ata o centro da Internet, despuntou neste ano tanto en oferta coma en demanda. Da man de Podgalego, un directorio de podcast que leva uns 14 anos recompilando todos os podcast galegos e en galego, imos facer unha viaxe polos de máis recente creación. Con cal quedas?

CAFÉ DERVY 21

Presentado polos xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede, este podcast trata unha chea de temas culturais – literatura, series, música, cultura pop… – acompañados dunha persoa convidada diferente cada semana. Por el xa pasaron Marta Veiga, Neves Rodríguez ou Verto. Nacido ao abeiro da revista Luzes, aquí podes escoitalo.

ZONA WIFI – FÓRA DE COBERTURA

Estoutro podcast tamén agromou en tempos de pandemia. Guiado por Xabier Rolán, se o que che interesan son os temas relacionados coa tecnoloxía e a comunicación dixital, este é o teu lugar. 

MBA – MAL

Da man de Samuel L. París e Alberto Álvarez, esta proposta naceu durante o confinamento ao abeiro da plataforma Zoom, e pode visitarse a través de YouTube, Ivoox, Spotify ou Instagram. Unha chea de contido en clave de humor que podes comezar a desfrutar aquí mesmo. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Baixan a 15 as persoas hospitalizadas por COVID na área de Vigo

A área de Vigo rexistra este venres 15 pacientes con Covid-19 hospitalizados.

Dous deles en Fátima, un en Povisa e 12 no Hospital Álvaro Cunqueiro, deles hai tres en UCI no HAC. O número de persoas que nestes momentos están en seguimento domiciliario son 496. Ata o momento curáronse 2.748 persoas.

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia aumentaron ata os 242, o que supón sete máis que este xoves, dos que 32 permanecen ingresados en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que a xornada pasada.

Feira do Libro de Vigo versión coronavirus

0

Unha moza ferida por colisión múltiple en Tomiño ao tentar esquivar un can que cruzaba a vía

Unha moza resultou ferida nunha colisión múltiple ocorrida en Tomiño despois de que tentase esquivar un can que se interceptou na estrada.

Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar ás 22,15 horas do sábado no punto quilométrico 66 da PO-552, en Amorín. En concreto, foron uns axentes da Garda Civil que nese momento patrullaban pola zona os que contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para relatar o ocorrido.

Tras confirmar que a ocupante dun dos vehículos implicados necesitaba asistencia sanitaria, o 112 pasou o aviso Urxencias Sanitarias-061.

Ademais, foron informados os bombeiros de Baixo Miño, os efectivos de Protección Civil da localidade, así como o persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía.

Xunta convoca a comisión de seguimento da intermodal de Vigo ante o “bloqueo” do Goberno

A Xunta convocou a comisión de seguimento das obras da estación intermodal de Vigo, cuxa finalización está prevista para abril de 2021, ante o “bloqueo” do Goberno central.

Deste xeito, o Executivo galego trasladou que busca que o Goberno “dea explicacións e poña data” á autorización da addenda ao convenio dos accesos da intermodal de Vigo. Así, incidiu na necesidade de evitar que o proxecto, cuxo orzamento ascende a 18 millóns de euros, “se vexa condicionado polo bloqueo do Executivo central”.

Ademais, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou este martes nunha videoconferencia xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro; e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; co equipo responsable das obras. Neste contexto, comprobouse o mantemento das medidas de seguridade nos traballos para evitar contaxios por COVID-19 e o seu ritmo.

En concreto, a Xunta colabora na construción da estación de autobuses e cofinancia parte dos accesos, que tamén contarán con fondos estatais e municipais e serán acometidos polo Concello. Así mesmo, o Goberno central impulsará o centro Vialia.

Así, a conselleira remarcou que se espera desde hai “meses” a que o Goberno desbloquee as obras dos accesos, o que asegurou que impedirá cumprir os prazos de execución previstos para o conxunto intermodal. De feito, lembrou que se previu que o Concello de Vigo iniciase os traballos dos accesos en marzo, pero asegurou que esta actuación non se poderá pór en marcha antes de xullo.

Nesta liña, Ethel Vázquez indicou que o feito de que Adif non asinase a addenda ao convenio de financiamento dos accesos impediu iniciar os traballos. Ademais, afirmou que se descoñece a data na que o Consello de Ministros autorizará esta modificación, á que lembrou que o Goberno galego e o Concello deron luz verde en febreiro.

A este respecto, a conselleira de Infraestruturas asegurou que esta situación afectará os traballos da nova estación de autobuses e advertiu de que podería levar a súa paralización.

POSICIÓN DO ALCALDE

Preguntado sobre as críticas da Xunta, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu que a execución dos accesos á estación intermodal se levará a cabo “en tempo e forma”.

Deste xeito, Abel Caballero asegurou que Adif “cumpre os seus compromisos” tras lembrar que a firma da addenda permitirá que este organismo asuma o financiamento do 75% das obras dos accesos á estación intermodal.

Adicionalmente, lembrou que o custo da execución da estación ferroviaria foi asumido “integramente” polo Goberno. Mentres, criticou que a Xunta destinase ao redor de 16 millóns de euros ás obras da estación de autobuses que se integrará no complexo intermodal de Vigo fronte “aos 80 millóns” que investirá na Coruña.

En concreto, o importe de licitación da obra da estación de autobuses herculina ascende a 17,4 millóns de euros, que sufraga a Xunta. Ademais, o Goberno, o Executivo galego e o Concello da Coruña destinarán ao conxunto do complexo intermodal da cidade 80 millóns de euros.

Portugal baralla pechar fronteiras con Galicia ante o incremento de casos en España

0

O Primeiro Ministro luso, António Costa, anunciou accións conxuntas da Garda Nacional Republicana ( GNR),o Servizo de Estranxeiros e Fronteiras ( SEF) e a Dirección Xeral de Seguridade ( DGS) para pechar as principais fronteiras do seu país con España, o que incluiría os principais pasos co sur de Galicia, entre eles, o de Tui e Valença, o de Tomiño e Vilanova e Monçao e Salvaterra do Miño.

Ante o gran aumento de casos en todo o territorio español, o Goberno luso podería decretar en breve este peche e evitar a mobilidade de persoas entre as dúas fronteiras. Unha medida que afectaría a centos de galegos e de portugueses que traballan a ambos lados da raia.

Esta acción podería entrar en vigor xa a partir do luns e Costas podería anunciala na videoconferencia cos ministros de Asuntos Internos e Saúde da Unión Europea (UE) co obxectivo de definir medidas de control nos límites internos e externos da Unión Europea.

Ademais, o país luso tamén podería restrinxir a chegada de viaxeiros nos aeroportos e portos, principalmente, das zonas máis afectadas polo coronavirus.

A Feira do Libro recalará en Vigo do 27 de xuño ao 6 de xullo

A Feira do Libro, que se celebra anualmente en distintas localidades galegas, recalará en Vigo entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, en concreto, na rúa do Príncipe.

Este evento inclúese no calendario das feiras do libro en Galicia e, ademais da exposición e venda de obras, contará con distintas actividades.

Durante a presentación, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puxo en valor a colaboración entre o Goberno galego, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores que fixo posible este evento.

Ademais, insistiu na importancia destas actividades para achegar á cidadanía as novidades editoriais. Deste xeito, definiu á “lectura”, o “libro” e a “palabra” como parte da esencia desta cita cultural.

O Parador de Baiona cortará o piñeiral da Península de Montreal para solucionar unha praga de procesionaria

O Parador de Baiona (Pontevedra) cortará o piñeiral de máis de 50 anos que rodea a Península de Montreal para solucionar a praga de oruga procesionaria que afecta a esta zona.

Esta formación arbórea, segundo explica a cadea hoteleira Paradores, viuse “gravemente atacada” por esta especie que “devora as acículas do piñeiro, chegando a provocar a morte da árbore en ataques severos”. Sobre este piñeiral concreto, actualmente o 75 por cento das árbores presenta unha parte aérea seca ou está moi débil ou morto.

Esta área, que ocupa algo máis de dúas hectáreas de terreo no interior das murallas da Península de Montreal, foi tradicionalmente utilizada polos veciños da localidade para pasear e practicar deporte.

Paradores garante que a Consellería do Medio Rural da Xunta demarcou o piñeiral como afectado polo nematodo e que existe un risco de saúde pública para os seus usuarios. Ademais, para a talla, a cadea afirma contar “con todos os permisos provinciais” da Dirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, dada a existencia de bens de interese cultural (BIC) no lugar.

Así mesmo, Paradores solicitou a autorización para repoboar a zona con carballos autóctonos para buscar unha “maior adaptación” ao medio e evitar futuras novas pragas de procesionarias. Esta actuación aínda está pendente de autorización por parte de Patrimonio.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed