A Feira do Libro recalará en Vigo do 27 de xuño ao 6 de xullo

Feira do libro / © Miguel Nuñez

A Feira do Libro, que se celebra anualmente en distintas localidades galegas, recalará en Vigo entre o 27 de xuño e o 6 de xullo, en concreto, na rúa do Príncipe.

Este evento inclúese no calendario das feiras do libro en Galicia e, ademais da exposición e venda de obras, contará con distintas actividades.

Durante a presentación, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puxo en valor a colaboración entre o Goberno galego, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores que fixo posible este evento.

Ademais, insistiu na importancia destas actividades para achegar á cidadanía as novidades editoriais. Deste xeito, definiu á “lectura”, o “libro” e a “palabra” como parte da esencia desta cita cultural.