Inicio Blog Páxina 1851

Tributo do Primavera do Cine de Vigo a Manolo González, impulsor do audiovisual galego

Manolo González xa ten o seu merecido recoñecemento. O produtor, guionista e investigador recibiu a mención honorífica do Festival Primavera do Cine de Vigo, que lle entregou a cineasta viguesa Xisela Franco na xornada inaugural da oitava edición do certame.

“O agradecemento é a memoria do corazón, que é o que nos fai poñer as cousas no seu sitio pasado certo tempo e é onde te dás conta de que sen todas esas persoas e sen ese conxunto de compañeiros de viaxe ti non fixeses absolutamente nada”, afirmou ao recibir o recoñecemento, nun acto no que se proxectou un vídeo cos agradecementos a González por parte de diversos persoeiros do cinema galego por impulsar o audiovisual galego, incluídos o cineasta e escritor Alberte Pagán, a teórica e xornalista Margarita Ledo, ou Beli Martínez, produtora do Novo Cinema Galego.

Tras a entrega do premio, proxectouse “No intenso agora”, documental de João Moreira Sáelles.

Abel Caballero cualifica de colosal o mitin de Pedro Sánchez e que foi superior ao de Casado

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a “colosal” afluencia rexistrada no mitin no que participou xunto ao candidato do PSOE á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, na cidade este martes e apuntou que foi “oito veces” superior á do acto no que participou o candidato do PP, Pablo Casado.

En rolda de prensa, o tamén líder da agrupación local socialista apuntou que ao evento de Pedro Sánchez acudiron “3.000 persoas” e que outras 1.000 “quedaron fóra (do Auditorio Mar de Vigo, onde tivo lugar o acto)”. Mentres, cifrou a asistencia ao evento do PP, que tamén contou coa participación do presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, en 450 persoas.

Así, asegurou que o mitin de Pedro Sánchez faille rememorar o “entusiasmo” presente nos actos realizados por Felipe González durante a etapa na que estivo á fronte do Goberno central.

Ademais, volveu a pór en valor o “desbloqueo” por parte do Executivo central nos últimos meses de proxectos para a cidade de Vigo, como a Biblioteca do Estado, a variante do AVE por Cerdedo para conectar á cidade con Madrid e o abastecemento de auga, entre outros.

CRÍTICAS DO PP

Pola súa banda, a portavoz do PP local, Elena Muñoz, lembroulle a Caballero que Sánchez foi o seu “inimigo”, en referencia ao apoio do rexedor a Susana Díaz durante as primarias do PSOE nas que esta se enfrontou ao actual líder socialista.

Así, lamentou que o alcalde agora se converteu en “amigo” de Pedro Sánchez a pesar de que este “levou o diñeiro dos vigueses a Cataluña, a Comunidade Valenciana e o País Vasco”. Tamén denunciou que, durante os últimos meses, o Goberno central paralizou obras xa comprometidas polo anterior Executivo, como a gratuidade da peaxe de Rande, a autovía Vigo-Porriño e a conversión en tramo urbano da AP-9 ao seu paso por Teis.

Así mesmo, apuntou que, nos carteis que anunciaban o mitin de Pedro Sánchez e a intervención de Caballero no mesmo, o logo do PSOE “estaba desaparecido”, un feito que achacou a que o rexedor “se avergoña de ser socialista”.

Galería de fotos: Caballero, a presidenta da Deputación e a ministra de Industria, de compras por Príncipe

A ministra de Industria do goberno de Pedro Sánchez, Reyes Maroto, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitaron este luns a rúa do Príncipe para comezar o mes de febreiro con algo de shopping.

Abel Caballero critica que a Xunta solicite a licenza para construír o centro de saúde de Bouzas “con 10 anos de atraso”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores que a Xunta de Galicia solicite a licenza para construír o centro de saúde de Bouzas “sen ter o proxecto de execución nin dispoñibilidade de crédito”, con 10 anos de atraso (con respecto a cando se lle cederon os terreos) e “xusto antes das eleccións municipais”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico recordou que o Concello expropiou os terreos e cedeu o espazo á Xunta para a construción desa dotación sanitaria en 2008 e que, ata agora, non só non a construíu, senón que “polo camiño” pechou o centro de saúde da Casa do Mar.

“E de súpeto presentan unha petición de licenza para a metade de superficie”, denunciou, e engadiu que “nin sequera poden empezar porque non teñen o proxecto de execución nin dispoñibilidade de crédito, porque non hai unha partida nos orzamentos para o centro de saúde de Bouzas”.

Abel Caballero afirmou que, nesas circunstancias, “non é crible” o anuncio da Xunta de que construirá o centro de saúde. “Témonos que temer que é un engano. Sen proxecto, sen diñeiro, por que lles imos a crer?”, apuntou o alcalde, quen engadiu que o Sergas pediu a licenza “xusto antes das eleccións municipais”.

Pola súa banda, a portavoz do grupo municipal do PP, Elena Muñoz, proclamou que Bouzas “por fin” vai ter o seu centro de saúde, cun proxecto “acordado” cos veciños e lamentou que “parece que ao alcalde lle molesta”.

PSA-Citroën Vigo anuncia un ERE de 400 traballadores semanas despois das eleccións

Representantes da dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo e dos diferentes sindicatos constituirán unha comisión que iniciará, a próxima semana, negociacións encamiñadas á aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego de carácter suspensivo, e que afectará os operarios da liña de montaxe M1 –onde se fabrican os modelos Peugeot 301 e C-Elysée–.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da empresa, que explicaron que esta decisión responde os problemas de baixa demanda e baixa produción deses utilitarios. De feito, esa liña de montaxe xa tivo e seguirá tendo paradas ao longo do que queda de ano precisamente por esas circunstancias.

As negociacións cos sindicatos comezarán a próxima semana e ademais do ERE prevense outras “medidas de industrialización” que afectarán, non só aos 400 operarios que traballan exclusivamente nesa liña de montaxe, senón a máis empregados que realizan labores nesa e outras áreas.

A empresa tampouco avanzou a duración desta medida, aínda que sinalou que o ERE negociarase coa idea de manter a regulación de empregos en tanto duren as actuais circunstancias de baixa produción.

Así, tendo en conta as previsións da propia factoría, a regulación podería estenderse a boa parte do ano 2019, xa que se espera que a cadencia de produción non aumente até finais dese ano –coincidindo coa fabricación do novo modelo, o todocamino coñecido como proxecto V20–.

Detido o dono dun bar de Gondomar tras incautarlle máis dun quilo de estupefacientes

A Garda Civil detivo este fin de semana ao xerente dun bar de Gondomar ao incautarlle algo máis dun quilo de estupefacientes no transcurso dunha inspección que se realizou no establecemento.

No marco dun dispositivo especial de seguridade cidadá, que forma parte do plan de resposta policial á venda e consumo de drogas en zonas de lecer, deseñado pola Secretaría de Estado e Seguridade, durante a madrugada do pasado venres a Garda Civil realizou dúas inspeccións en bares da localidade de Gondomar.

Nun dos locais, a Garda Civil localizou un envoltorio con preto dun quilo de hachís e 70 euros en metálico, escondidos detrás da máquina rexistradora. Noutra dependencia do bar atopáronse pequenas cantidades de cocaína e varias bolsas de plástico, recortadas e dispostas para o empaquetado e distribución dos estupefacientes.

A Garda Civil concluíu a inspección do establecemento coa detención do seu responsable, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes.
Tres horas despois, sobre as catro da madrugada, o dispositivo requiriu ao propietario doutro local logo de observar como os clientes entraban e saían do bar con total normalidade, pese a que aparentaba estar pechado ao público.

No interior do bar a Garda Civil identificou aos clientes que se atopaban fumando tabaco e consumindo estupefacientes. En total formuláronse 35 denuncias administrativas por distintos conceptos relacionados coa seguridade cidadá e o consumo de drogas en establecementos públicos e lugares de lecer.

O dono do bar detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Tui que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

Perigoso incendio en Soutomaior: Evacuados dous menores e tres adultos

Cinco persoas, tres adultos e dous menores, tiveron que ser evacuadas debido a un incendio nunha vivenda en Soutomaior, ocorrido ao redor das 2,40 da madrugada deste domingo. O lume iniciouse no baixo dunha casa de dúas plantas.

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron aos afectados, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume procedente do incendio no inmoble, situado na rúa Coutada, en Arcade, segundo informa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE).

As persoas que se atopaban no interior da vivenda abandonárona en canto percibiron o lume, pero non puideron evitar respirar o fume que se estendía polo inmoble e que chegou a afectar as casas lindeiras.

ASISTENCIA MÉDICA

As cinco persoas, tres adultos e dous menores, necesitaron asistencia médica, polo que foron trasladas polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia. No entanto, a falta dun exame médico en profundidade, o CIAE indica que o seu estado non revestía gravidade.

En relación aos danos materiais, o incendio arrasou por completo a parte baixa da casa e o fume chegou afectar á totalidade do inmoble. Tamén alcanzou ao cableado eléctrico que a casa compartía coa vivenda lindeira, polo que, desde o 112 Galicia, informouse á empresa subministradora do servizo para a súa reparación.

Na extinción do incendio traballaron efectivos dos parques de bombeiros do Consorcio pontevedrés –Morrazo, Pontevedra, Vilagarcía e Baixo Miño– até pasadas as oito da mañá deste domingo.

O buque oceanográfico ‘Miguel Oliver’ partirá este venres de Vigo para estudar o ecosistema peláxico da zona

O buque oceanográfico ‘Miguel Oliver’ da Secretaría Xeral de Pesca partirá este venres do porto de Vigo para comezar a campaña ‘Pelacus 0321’, na que estudará o ecosistema peláxico do noroeste peninsular mediante unha avaliación dos seus principais recursos pesqueiros.

O buque forma parte da frota de barcos de investigación que xestiona a Secretaría Xeral de Pesca para desenvolver campañas que permitan estudar o estado das pesqueiras de cara a establecer o Rendemento Máximo Sustentable.

Segundo avanzou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a campaña, que se desenvolverá ata o próximo 18 de abril, levarase a cabo en coordinación co Instituto Español de Oceanografía (IEO), ao que corresponderá a súa dirección científica.

Esta actuación continuará a denominada ‘Pelago’, realizada desde principios de marzo no sur peninsular co mesmo barco baixo a coordinación científica do Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA).

O obxectivo destas campañas é a obtención de datos que avaliará o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) de cara a establecer as próximas recomendacións de capturas.

MÉTODO E TÉCNICAS

Así, ‘Pelacus 0321’ permitirá determinar a abundancia e as características das principais clases de peixes peláxicos a partir do método de ecointegración. Ademais, empregaranse técnicas de acústica para cartografar a área de distribución destas especies.

Paralelamente, realizaranse capturas para obter mostras que permitan realizar estudos biolóxicos e determinarase a localización de ovos de sardiña e anchoa. Así mesmo, procederase á toma de datos para analizar as características da columna de auga e se cartografará a área de distribución.

Tamén se estudarán a abundancia de biomasa planctónica e a presenza de mamíferos e aves mariñas. Do mesmo xeito, detectaranse lixos que se atopen na superficie e recolleranse e analizarán boias e pequenos plásticos presentes no ecosistema mariño.

O Sergas quere realizar 20.000 pobas PCR en Vigo para detectar positivos asintomáticos

0

O Sergas realizará un cribado masivo en Vigo mediante o que aspira a alcanzar as 20.000 probas PCR realizadas para detectar casos positivos por COVID-19 asintomáticos e “vixiar e frear a circulación do virus”. Fontes da xerencia da área Sanitaria de Vigo indicaron que o obxectivo desta iniciativa consiste en detectar o maior número de persoas infectadas que non presenten síntomas.

Así, lembrouse o risco que levan para a saúde pública os casos asintomáticos ao continuar o desenvolvemento da súa vida de modo habitual e poder ser potenciais contaxiadores. Este cribado enmárcase nas iniciativas desenvolvidas polo Sergas para incrementar a capacidade diagnóstica da área para afrontar a pandemia da COVID-19.

Deste xeito, convidarase a participar no cribado á poboación de centros de saúde de Vigo que cumpran determinados requisitos, ter entre 20 e 60 anos, non someterse a unha PCR nas última dúas semanas e contar cun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos ‘Lembra’, que permite que as autoridades sanitarias envíen notificacións por SMS.

O Sergas contactará coas persoas seleccionadas, ás que convidará a someterse á proba, cuxa realización será voluntaria. Unha vez que acepten realizar a PCR, concertarase unha cita para que acudan ao dispositivo sanitario no que se lles tomará unha mostra.

O punto de extracción fixarase de acordo con criterios de proximidade e accesibilidade e segundo o número de persoas que acepten someterse á proba, que se poderá realizar nos COVID-Auto dos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, ademais de en instalacións como pavillóns deportivos ou centros socioculturais.

REALIZACIÓN DE PCR

En concreto, convidouse a realizarse o test a 2.000 persoas adscritas ao centro de saúde de Sárdoma durante este fin de semana no COVID-Auto do hospital Meixoeiro. Posteriormente, convocarase a outras 2.000 persoas seleccionadas do centro de saúde de Lavadores.

A xerencia da área Sanitaria de Vigo expresou a súa esperanza de que se alcance a máxima participación das persoas seleccionadas dado o “gran impacto” que pode supor esta medida na loita contra o virus.

Paralelamente, lembrou que se realiza un cribado mediante PCR aos traballadores dos programas sociais dalgunha ONG e municipios da zona.

Segundo datos do Sergas, no último día, a área Sanitaria de Vigo foi a que rexistrou máis casos activos de coronavirus de Galicia, Os aínda que acumulou unha baixada de 42 en 24 horas. Ademais, sumou 168 novos positivos este venres, polo que volveu a representar a zona máis afectada.

Ferida unha muller tras ser atropelada polo seu propio vehículo en Mos

Unha muller necesitou asistencia sanitaria despois de ser alcanzada na tarde deste luns polo seu propio vehículo no municipio de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, posiblemente o freo de man “mal posto” provocou o sinistro a última hora da tarde deste luns en Mos.

O 112 Galicia tivo coñecemento sobre as 20:30 horas deste luns do accidente de Mos, que tivo lugar no Camiño do Rial, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu propio coche.

A muller estaba liberada e accesible tras o atropelo, o que facilitou a rápida atención médica da ferida, destacou o servizo de emerxencias.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como da Garda Civil e dos membros do Servizo Local de Emerxencias. Tamén foi informada a Policía Local.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed