InicioSucesosPerigoso incendio en Soutomaior: Evacuados dous menores e tres adultos

Perigoso incendio en Soutomaior: Evacuados dous menores e tres adultos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cinco persoas, tres adultos e dous menores, tiveron que ser evacuadas debido a un incendio nunha vivenda en Soutomaior, ocorrido ao redor das 2,40 da madrugada deste domingo. O lume iniciouse no baixo dunha casa de dúas plantas.

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron aos afectados, con síntomas de intoxicación por inhalación de fume procedente do incendio no inmoble, situado na rúa Coutada, en Arcade, segundo informa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE).

As persoas que se atopaban no interior da vivenda abandonárona en canto percibiron o lume, pero non puideron evitar respirar o fume que se estendía polo inmoble e que chegou a afectar as casas lindeiras.

ASISTENCIA MÉDICA

As cinco persoas, tres adultos e dous menores, necesitaron asistencia médica, polo que foron trasladas polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia. No entanto, a falta dun exame médico en profundidade, o CIAE indica que o seu estado non revestía gravidade.

En relación aos danos materiais, o incendio arrasou por completo a parte baixa da casa e o fume chegou afectar á totalidade do inmoble. Tamén alcanzou ao cableado eléctrico que a casa compartía coa vivenda lindeira, polo que, desde o 112 Galicia, informouse á empresa subministradora do servizo para a súa reparación.

Na extinción do incendio traballaron efectivos dos parques de bombeiros do Consorcio pontevedrés –Morrazo, Pontevedra, Vilagarcía e Baixo Miño– até pasadas as oito da mañá deste domingo.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...