Inicio Blog Páxina 1826

Navia inaugura o “skatepark máis completo de España”

Navia acolleu este martes a inauguración do novo skatepark vigués, “o máis completo en España”, segundo os seus impulsores.

O novo espacio custou 300.000 euros e foi inaugurado esta pasada tarde, cunha gran concentración de skaters, riders e curiosos convocados polas redes sociais.

O parque está deseñado para a práctica de actividades vinculadas cos deportes de Roller, Skate e BMX, nunha superficie duns 2.000 metros cadrados, dividida en dous sectores diferenciados: unha zona de bowl e outra de street.

O Teatro Afundación revive a loita de Macbeth polo reinado de Escocia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acolle as actividades organizadas por Amigos de la Ópera de Vigo dentro da súa programación Outono Lírico no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13), e a súa seguinte proposta será a representación da ópera Macbeth, de Giuseppe Verdi, o vindeiro 4 de novembro ás 19.30 h.

A posta en escena correrá a cargo da Orquesta Sinfónica Vigo 430, baixo a dirección de Diego García, e o Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz. Ignacio García será o director de escena e José A. López, Maribel Ortega, Felipe Bou, Eduardo Sandoval, Pablo Carballido, Marina Penas e Pedro Martínez-Tapia os solistas.

A acción transcorre en Escocia. Macbeth e Banquo, vitoriosos xenerais do rei Duncan sobre os rebeldes, atopan unhas bruxas que vaticinan que Macbeth será rei de Escocia e que os fillos de Banquo reinarán.

A profecía faise realidade. Macbeth mata a Duncan e pasa a gobernar no seu lugar. O delito impútase a Malcom, fillo de Duncan, que foxe. Instigado pola súa muller, Macbeth mata a Banquo cuxa sombra o persegue.

As bruxas dinlle que seguirá sendo rei ata que o bosque de Birnam non se achegue ao palacio. Isto ocorrerá porque os soldados de Malcom se camuflarán coas pólas das árbores dando a sensación de que avanza cara a el un bosque enteiro. Lady Macbeth e Macbeth morrerán finalmente.

Os pensionistas vigueses volven mobilizarse por unhas “prestacións dignas”

Varias ducias de pensionistas concentráronse no serán deste luns na rúa do Príncipe, ante o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) para esixir, de novo, unhas “pensións dignas”.

A protesta realizouse no marco da ‘Xornada de loita estatal’ convocada en toda España pola Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones.

Baixo o lema “Sempre adiante! Sen loita non haberá hucha”, os pensionistas, congregados baixo o paraugas do Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións, anunciaron unha serie de actos reivindicativos que terán lugar nos vindeiros días na cidade.

Os pensionistas consideran prioritario que a actualización das prestacións volvan realizarseco IPC real.  Piden blindar esta cuestión na Constitución para que, goberne quen goberne, as pensións e a súa actualización estean aseguradas.

E entre o colectivo, chaman a atención sobre a precaria situación das viúvas, que cobran un 52% menos de pensión.

Hai que recordar, ademais, que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado, as primeiras no caso das mulleres.

Á par que en Vigo, centos de pensionistas concentráronse por toda Galicia: A Coruña, Lugo, Ferrol, Rianxo, Noia, Ribadeo, Marín, O Porriño e Vilagarcía.

As asociacións animalistas propoñen alternativas á cacería do xabaril

A Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera piden un esforzo á hora de “implementar medidas alternativas e non letais para tratar de evitar os danos dos xabarís en cultivos ou en equipamientos públicos”, como os xardíns e campos de fútbol das zonas periurbanas que os ungulados visitan con maior frecuencia.
“A caza sempre se mostrou, polo menos públicamente, como a solución para mitigar danos en terreos de aprovechamiento agrícola ou gando, cunha crecente petición de batidas para jabalís e outros animais, sen que exista demostración científica da súa efectividade“, denuncian.

En primeiro lugar, os animalistas sinalan a necesidade de financiar a colocación de valas e pastores eléctricos que disuadan aos animais, así como a colocación de reflectores nas estradas máis afectadas por atropelos e accidentes, sinalando ademais que “este sistema xa funciona con éxito en países como Luxemburgo ou Alemania, reducindo o número de colisións de forma evidente e contribuíndo a unha condución máis segura”.

Os xabarís, moi presentes na nosa cultura / Photopin

Seguindo coas propostas, os defensores dos animais puxeron como exemplo a investigación sobre métodos contraceptivos que a Universitat Autònoma de Barcelona e a Diputación homóloga desenvolven desde fai dous anos en varios municipios da comarca do Vallés Occidental, moi preto da cidade condal. Este proxecto logrou esterilizar, en só un ano, a 400 jabalís, o mesmo número de animais que mataron os cazadores en exercicios anteriores.

“A ‘esterilización’ de determinadas especies de fauna silvestre nun contexto próximo ás cidades é motivo de estudo aínda”, recoñecen, pero os resultados iniciais permiten ser positivos sobre este método fronte ás chamadas batidas, e ata as cacerías preventivas que a Xunta permitiu a través do seu novo protocolo de ‘xestión’ do jabalí.

“A caza na comarca, demandada polos propios escopeteros, non demostrou científicamente ningún resultado aceptable”, subliñan, “ademais de supoñer unha precipitación continuada de plomo no medio natural, un metal pesado altamente tóxico responsable do envenenamiento de decenas de animais“.

 

Deteñen a un condutor que deu un cabezado a un policía e se negou a realizar a proba de alcoholemia

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un condutor, C.E.D.C., de 36 anos de idade e de Zaragoza, como presunto autor dun delito de atentado, tras propinar un cabezazo a un dos funcionarios e negarse a realizar unha proba de alcoholemia.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando unha testemuña alertou ao 092 de que unha furgoneta se atopaba detida na VG-20, á altura da saída de Bouzas, e que había varias persoas pelexándose.

Cando os axentes chegaron ao lugar xa non había ninguén pero unha dotación conseguiu localizar a furgoneta pouco despois na rúa Torrecedeira.

Os policías deron o alto ao vehículo e comprobaron que os dous ocupantes do mesmo, dous homes (C.E.D.C. de Zaragoza e de 36 anos de idade, e D.R.A., tamén de Zaragoza e de 39 anos), presentaban signos de atoparse baixo os efectos do alcol.

Por iso, convidaron ao condutor a someterse ás probas de alcoholemia, pero este negouse de maneira reiterada. A pesar de que os axentes lle informaron dos prexuízos que lle carrexaría esa actitude, o home mantivo a súa negativa e comezou a insultarlles.

Debido ao estado no que se atopaban, os policías solicitaron o servizo de guindastre para que levase a furgoneta e, nese momento, o condutor comezou a ameazarlles, interpóndose para impedir a manobra do guindastre, e chegou a propinar un cabezazo a un dos funcionarios.

Un círculo elevado a 45 metros con dous ascensores para unir García Barbón e Vía Norte

0

O proxecto ‘Halo’, presentado por Arenas y Asociados Ingeniería de Diseño,, xunto ao estudo vigués AM2 Arquitectos e o estudo portugués NOARQ, alzouse co primeiro premio do concurso de ideas convocado polo Concello de Vigo para construír unha pasarela peonil con ascensores, que conecte a zona de García Barbón co Centro Vialia (deseñado por Thom Mayne) e con Vía Norte.

O xurado elixiu por unanimidade este deseño, formado por un paso circular, cunha parte cuberta e outra descuberta, elevado sobre a autoestrada e que conecta con García Barbón a través de dous ascensores (que soben ata 45 metros), e que será premiado con 70.000 euros. Ademais, os arquitectos autores da idea terán unha achega de algo máis de 400.000 euros para redactar o proxecto.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a previsión é que ese proxecto se redacte nun prazo de 6 meses e, noutro medio ano, farase a licitación e adxudicación. O prazo de execución da obra, que conta cun investimento de 7,2 millóns de euros, será de entre 10 e 12 meses, polo que o conxunto estará finalizado no primeiro trimestre de 2023.

O rexedor trasladou o seu entusiasmo co deseño gañador, que cualificou como “excepcional”, e destacou que esta obra, máis que unha infraestrutura, será “un monumento”, que permitirá que haxa “un gran miradoiro” nesa zona da cidade, e que porá a Vigo “no máis importante nivel do mundo” en canto a conexións verticais e ascensores urbanos.

Vulcano volverá ao traballo “de inmediato” con novos donos e outro nome: Estaleiros San Enrique

Os novos donos do estaleiro vigués Vulcano, a sociedade Marina Meridional (do grupo Argos), tomaron posesión este xoves das instalacións, tras a firma da escritura de compravenda, e avanzaron que reiniciarán a actividade “de inmediato”, nunha nova etapa, que tamén supón un novo nome: Estaleiros San Enrique.

Así o explicaron o director xeral de Mariña Meridional, Juan Moreno, e o que será director de Estaleiros San Enrique, José María Soriano. Ambos visitaron este xoves as instalacións de Teis, horas despois do acto de firma da escritura de compravenda nunha notaría da cidade, e que supuxo a rúbrica a unha operación de 7,8 millóns de euros (dos que parte xa foron pagos, e o resto abonaranse ata o 31 de marzo próximo).

Juan Moreno sinalou que, a partir deste momento, porase en marcha o proceso de análise de situación das instalacións, así como o reinicio da actividade industrial. “Empezaremos de inmediato, primeiro cun nivel de actividade baixo e, en paralelo, iremos reacondicionando o estaleiro e aumentando a produtividade”, sinalou.

Na mesma liña, apuntou que Estaleiros San Enrique reactivarase cun pequeno grupo de traballadores, entre 25 e 40, e que está previsto aumentar o persoal ata 200 a medio prazo, e incorporar a máis operarios cando estea a pleno rendemento. Ademais, precisou, contará coa industria auxiliar local para desenvolver os seus proxectos de construción e reparación naval.

ANTIGO PERSOAL E CONTRATOS

Con respecto á posibilidade de incorporar aos antigos traballadores do estaleiro, Juan Moreno aclarou que non existe esa “obriga” posto que a antiga Vulcano foi liquidada e “non hai masa social”, por tanto contratará ao persoal “libremente”. No entanto, sinalou, os novos donos verán “positivamente” aos antigos operarios, dos que valorarán a súa “experiencia” e “coñecemento das instalacións”.

Aínda que non precisou que tipo de barcos se construirán na bancada de Teis, sinalou que se apostará por buques “con valor engadido” e por “pequenas series”, en lugar de grandes unidades. Respecto diso, asegurou que Marina Meridional xa iniciou a súa “actividade comercial” de cara á consecución de contratos, “pero o primeiro era ter as instalacións”.

Cuestionado acerca da concesión administrativa na que se atopa o estaleiro, que corresponde ao Porto de Vigo, Juan Moreno precisou que a compra de Vulcano fíxose con esa concesión incluída e mostrouse “plenamente convencido” de que se poderá manter e “mesmo ampliar”.

O Porto sostén que, ao desaparecer Vulcano, a concesión quedaba extinguida e debía retornar á Autoridade Portuaria; mentres que os administradores concursais defenderon que debía manterse (acábase en 2027) e formar parte do proceso de liquidación. Aínda que a Audiencia Provincial se situou a favor da administración concursal, aínda queda pendente de dirimirse a cuestión por parte do Tribunal de Conflitos Xurisdicionais.

NOVA ETAPA, NOVO NOME

O emblemático estaleiro Vulcano foi fundado polo empresario e político Enrique Lorenzo en 1919, no barrio vigués de Teis. Tras décadas de esplendor e, posteriormente, pasar por anos duros de reconversión naval, a empresa pasou a mans de Fernando Santodomingo, e viviu outra etapa de actividade importante.

Pero a adquisición do estaleiro Juliana de Gijón en 2006 marcou un punto de inflexión, xa que a atarazana asturiana crebou e lastrou economicamente a súa matriz viguesa. Entre 2011 e 2012 pasou por un concurso de acredores, que logrou superar; e en 2016 de novo asomouse ao abismo, aínda que conseguiu asinar a obra para rematar un ferry de Transmediterránea, que foi o seu último contrato importante.

En xullo de 2019, no ano do seu centenario, Vulcano presentou no xulgado a súa solicitude de liquidación voluntaria. Máis dun ano e medio despois, a propiedade das instalacións pasou a mans de Marina Meridional, do grupo Argos (que lidera o empresario vigués, fincado en Madrid, José Alberto Barreras).

As bancadas de Teis bautizaranse como Estaleiros San Enrique, en memoria do irmán falecido de Barreras, Enrique que, curiosamente, se chamaba igual que o fundador desta histórica empresa de construción naval.

O incendio nun iate dentro dun estaleiro en Moaña non deixa feridos

Persoal de emerxencias foron mobilizados para a extinción dun incendio declarado nun iate situado nunha rampla exterior do recinto dun estaleiro en Moaña, pero non houbo feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, os Bombeiros do Morrazo procederon a evitar que a auga empregada no control do lume arrastre sustancias contaminantes ao mar.

Os feitos rexistráronse na Xunqueira e foron os Bombeiros do Morrazo os que alertaron do incendio ao 112 Galicia ás 11,30 horas deste martes.

Tras o aviso, por parte do CIAE 112 Galicia informouse os Bombeiros de Vigo e de O Baixo Miño, á Policía Local, á Garda Civil, a Protección Civil de Moaña e ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo.

A xente, por fin, comeza a cumprir: Vigo, cidade baleira

A cidade de Vigo estivo este fin de semana morta. A pesar do bo tempo, a xente, por fin, está cumprindo a corentena decretada polas autoridades para evitar o espallamento do coronavirus.

O mal tempo dificulta a procura por mar e aire do mariñeiro desaparecido en Cíes

0

O mal tempo está a dificultar na xornada deste martes a procura do mariñeiro desaparecido tras afundirse o pesqueiro ‘Marsua J’ nas proximidades de Cíes, un suceso ocorrido na tarde do luns e no que faleceu o outro tripulante.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, os mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil revisaron durante a mañá deste martes a área entre ambas as illas, onde foron localizados os restos do barco, para tratar de dar co desaparecido.

Con todo, dadas as condicións meteorolóxicas, tiveron de retirarse e non se prevé que participen de novo, polo menos, ata este mércores. Na área, contaron, rexistrábanse ondas de ata tres metros rompendo contra as rochas, o que facía perigosa a inmersión.

Tamén o mal tempo na área impediu a saída dos medios aéreos ata avanzada a mañá. En concreto, o Helimer 213, de Salvamento Marítimo, iniciou os labores pouco antes das 13,00 horas e, se o tempo o permite, irase alternando coa Pesca I.

Por mar, participan no operativo o patrulleira Río Guadalope, da Garda Civil, a embarcación Punta da Guía, de Gardacostas, e a Salvamar Mirach e o Buque Sar Gavia, ambas as de Salvamento, así como pesqueiros e embarcacións da confraría de Baiona e os buzos ouriceiros de Cangas.

ÁREA DE PROCURA

Para esta xornada, a procura do patrón do ‘Marsua J’ realízase nunha área que delimita un rectángulo ao redor das Illas Cíes, limitado ao norte por Cabo Couso, ao sur por Baiona e ao leste pola Illa de Toralla. Cara ao oeste, estenderase dúas millas.

O ‘Marsua J’, así como o cadáver dun dos seus tripulantes, foi atopado quilla ao sol entre as illas Norte e Sur de Cíes na tarde deste luns polos efectivos que saíran a buscalo.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed