InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs asociacións animalistas propoñen alternativas á cacería do xabaril

As asociacións animalistas propoñen alternativas á cacería do xabaril

PUBLICADO O

A Fundación Franz Weber e a Asociación Animalista Libera piden un esforzo á hora de “implementar medidas alternativas e non letais para tratar de evitar os danos dos xabarís en cultivos ou en equipamientos públicos”, como os xardíns e campos de fútbol das zonas periurbanas que os ungulados visitan con maior frecuencia.
“A caza sempre se mostrou, polo menos públicamente, como a solución para mitigar danos en terreos de aprovechamiento agrícola ou gando, cunha crecente petición de batidas para jabalís e outros animais, sen que exista demostración científica da súa efectividade“, denuncian.

En primeiro lugar, os animalistas sinalan a necesidade de financiar a colocación de valas e pastores eléctricos que disuadan aos animais, así como a colocación de reflectores nas estradas máis afectadas por atropelos e accidentes, sinalando ademais que “este sistema xa funciona con éxito en países como Luxemburgo ou Alemania, reducindo o número de colisións de forma evidente e contribuíndo a unha condución máis segura”.

Os xabarís, moi presentes na nosa cultura / Photopin

Seguindo coas propostas, os defensores dos animais puxeron como exemplo a investigación sobre métodos contraceptivos que a Universitat Autònoma de Barcelona e a Diputación homóloga desenvolven desde fai dous anos en varios municipios da comarca do Vallés Occidental, moi preto da cidade condal. Este proxecto logrou esterilizar, en só un ano, a 400 jabalís, o mesmo número de animais que mataron os cazadores en exercicios anteriores.

“A ‘esterilización’ de determinadas especies de fauna silvestre nun contexto próximo ás cidades é motivo de estudo aínda”, recoñecen, pero os resultados iniciais permiten ser positivos sobre este método fronte ás chamadas batidas, e ata as cacerías preventivas que a Xunta permitiu a través do seu novo protocolo de ‘xestión’ do jabalí.

“A caza na comarca, demandada polos propios escopeteros, non demostrou científicamente ningún resultado aceptable”, subliñan, “ademais de supoñer unha precipitación continuada de plomo no medio natural, un metal pesado altamente tóxico responsable do envenenamiento de decenas de animais“.

 

ÚLTIMAS

Rescatado o corpo sen vida dun home despois dun accidente co seu kaiak en Fornelos de Montes

Os Bombeiros do Porriño rescataron o corpo sen vida dun home tras sufrir un...

Máis de mil persoas de loito en Moaña para reclamar o regreso do PAC ao concello

Máis dun milleiro de persoas volveron a saír á rúa vestidas de loito no...

O PP vigués acusa ao Goberno local de non tomar nota por repetirse “os atascos monumentais” do pasado Nadal

O concelleiro do PP de Vigo Fernando G. Abeijón reprochou ao Goberno local que...

Arde un alboio en Gondomar sen que houbesen danos persoais

Un incendio calcinou por completo un alboio do lugar de Paraboa, na parroquia de...