InicioEconomíaUn círculo elevado a 45 metros con dous ascensores para unir García...

Un círculo elevado a 45 metros con dous ascensores para unir García Barbón e Vía Norte

O proxecto 'Halo' gaña o concurso de ideas convocado polo Concello de Vigo para construír unha pasarela peonil.

PUBLICADO O

O proxecto ‘Halo’, presentado por Arenas y Asociados Ingeniería de Diseño,, xunto ao estudo vigués AM2 Arquitectos e o estudo portugués NOARQ, alzouse co primeiro premio do concurso de ideas convocado polo Concello de Vigo para construír unha pasarela peonil con ascensores, que conecte a zona de García Barbón co Centro Vialia (deseñado por Thom Mayne) e con Vía Norte.

O xurado elixiu por unanimidade este deseño, formado por un paso circular, cunha parte cuberta e outra descuberta, elevado sobre a autoestrada e que conecta con García Barbón a través de dous ascensores (que soben ata 45 metros), e que será premiado con 70.000 euros. Ademais, os arquitectos autores da idea terán unha achega de algo máis de 400.000 euros para redactar o proxecto.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a previsión é que ese proxecto se redacte nun prazo de 6 meses e, noutro medio ano, farase a licitación e adxudicación. O prazo de execución da obra, que conta cun investimento de 7,2 millóns de euros, será de entre 10 e 12 meses, polo que o conxunto estará finalizado no primeiro trimestre de 2023.

O rexedor trasladou o seu entusiasmo co deseño gañador, que cualificou como “excepcional”, e destacou que esta obra, máis que unha infraestrutura, será “un monumento”, que permitirá que haxa “un gran miradoiro” nesa zona da cidade, e que porá a Vigo “no máis importante nivel do mundo” en canto a conexións verticais e ascensores urbanos.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...