Inicio Blog Páxina 1804

Vídeo: As máis novas toman a cidade de Vigo durante as mobilizacións do Día da Muller

Centos de persoas, sobre todo, estudantes participaron xa en diversas mobilizacións na cidade de Vigo no Día Internacional da Muller á espera da celebración da gran manifestación das 20.00 horas que sairá da Praza dos cabalos.

O alcalde, Abel Caballero, asegurou que “sen ningunha dúbida” acudirá “a todas” as mobilizacións que se convoquen, á vez que fixo un chamamento a que “toda a cidade” participen nas mesmas. Fontes do Consistorio olívico indican que as mulleres da administración local están este venres de folga.

Fume no cemiterio: sombras e misterios agochados en Pereiró

Coñecen os vigueses a fermosura do Monte do Castro? E a do cemiterio de Pereiró, lugar histórico da cidade olívica, onde descansan os corpos dos maiores referentes da nosa historia, rodeados dun valor arquitectónico e escultórico exemplar?

Estatua do cemiterio de Pereiró / Miguel Núñez

Cabe preguntarse se pisaron o chan frío da pequena igrexa que hai no seu interior…

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

ou as tumbas case baleiras baixo dela.

cemiterio/ Miguel Núñez

Un lugar valioso de morte e tamén de memoria, do que permanece.

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

As portas do cemiterio agardan por nós.

Visita ao cemiterio de Pereiró/ Miguel Núñez

O intento de curar aos indíxenas amazónicos a “cegueira dos ríos”, nunha exposición da Guarda

A partires deste martes día 21 de agosto, a Sala de Exposicións do Centro Cultural
da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» de Oscar Noya-Alarcón.

Nesta mostra, os visitantes poderán apreciar fotografías en cor que amosan o traballo en
operacións de asistencia sanitaria a comunidades indíxenas illadas, sobre todo poboacións «yanomamis» da Amazonía venezolana.

O Doutor Oscar Noya-Alarcón, venezolano e español de descendencia guardesa, é un
médico parasitólogo do Centro Amazónico de Investigación e Control de enfermidades
tropicais asociado ao Instituto de Medicina tropical.

Traballa dende hai 10 anos no Programa de eliminación de oncocercosis no foco sur de Venezuela, último reduto no continente americano (xunto con Brasil) dunha enfermidade parasitaria que envellece a pel e deixa cegas ás persoas.  O grupo de traballo de saúde asiste a máis de 350 comunidades indíxenas de difícil acceso na selva, atendendo a máis de 16.000 persoas.

Estas 17 fotografías de elementos humanos e naturais da Amazonía venezolana son parte
do escenario onde se desenrola este importante traballo de eliminación da enfermidade
no continente americano, e de mellora dos indicadores de saúde, partindo do respecto
das culturas que alí habitan e resgardando o medio ambiente.

Na época colonial, introducíronse xunto cos escravos moitas enfermidades infecciosas, entre elas a oncocercosis, unha parasitosis que produce un envellecemento prematuro da pel e que ten a súa peor consecuencia na diminución da agudeza visual que pode chegar ata a cegueira irreversible, por isto esta enfermidade tamén é chamada a cegueira dos ríos.

Esta enfermidade introduciuse en seis países de América, México, Guatemala, Colombia, Ecuador, Brasil e Venezuela, e xa está eliminada na case totalidade dos países, quedando só un foco desta oncocecosis entre a selva amazónica de Brasil e Venezuela, afectando a poboacións indíxenas yanomami, Yekwana e hoti.

Dentro do Programa Nacional de Eliminación de Oncocercosis en Venezuela, cóntase cun
equipo de traballo composto por médicos, biólogos, técnicos de oncocercosis e entomólogos que día a día buscan a maneira de abordar as máis de 350 comunidades indíxenas afectadas.

Piden manter a praza de traballadora social no Saladino Cortizo e Educación di que é competencia municipal

0

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSGA) sumouse este luns ás críticas da Anpa do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo pola perda da traballadora social do centro, que se xubila, e pediu á administración autonómica que manteña esa praza, posto que a súa función no colexio é “decisiva”.

Ante estas denuncias, a consellería de Cultura, Educación e Universidade precisou que este departamento non ten traballadores sociais nin asistentes sociais nos centros de educación especial, aínda que, “nalgún caso excepcional” pode haber algún asistente social “procedente dos antigos equipos psicopedagóxicos de apoio ou transferencias”. En todo caso, matizaron fontes da Consellería, “a contratación dese persoal é unha competencia municipal”.

O COTSGA reclamou a Sanidade que cubra esa praza, xa que sen a traballadora social o alumnado do Saladino Cortizo queda “en absoluto desamparo”. Respecto diso, incidiron en que o labor desa traballadora é “clave para favorecer o establecemento e fortalecemento das relacións entre o medio escolar, o familiar e o comunitario, a integración escolar e social dos nenos que teñen dificultades de adaptación”.

Segundo o Colexio, a figura do traballador/a social está “amplamente estendida” nos centros de educación espacial, polo que “non é razoable que desapareza nun deles”.

Ferido leve un bebé debido á colisión de tres vehículos en Baiona

0

Un accidente con tres vehículos implicados rexistrado na noite deste pasado xoves na estrada de Santa Marta, no municipio pontevedrés de Baiona, saldouse cun bebé ferido leve.

Así o informou o 112 Galicia, que sinalou que foi a Policía Local do municipio a que, pasadas as 21,00 horas deste xoves, avisou ao servizo de emerxencias deste sinistro.

Ao recibir esta comunicación, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse os servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Val Miñor e a Protección Civil.

Finalmente, os axentes de policía que acudiron ao lugar confirmaron ao 112 Galicia que un bebé necesitara asistencia médica pero que, en principio, o seu estado non revestía gravidade.

O BNG rexistra iniciativas no Congreso para que o Goberno central garanta a continuidade da antiga Vulcano

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Néstor Rego presentou no Congreso unha batería de iniciativas para reclamar que o Goberno estatal “adopte as medidas necesarias para garantir a continuidade da actividade de construción e reparación naval” nas antiga Factorías Vulcano (agora Astilleros San Enrique).

Estas iniciativas xorden por mor da sentenza do Tribunal de Conflitos de Xurisdición que avala a extinción da concesión dos terreos do estaleiro. A partir desta resolución, o Porto de Vigo confirmou que redactará un novo prego para sacar a concurso a concesión do estaleiro, e sinalou que “non se descarta nada” para ese espazo.

Segundo o BNG, tras a compra do estaleiro por parte de Marina Meridional, “comezou a ofensiva adminsitrativa e legal por parte do por aquel entón presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga”. Con iso, denunciou, o obxectivo era “terminar coa actividade de construción e reparación naval” e destinar esta contorna “a outros usos, singulamente, a loxística de colectores”.

Neste marco, o Bloque insistiu en que a posibilidade de destinar ese espazo a outros usos “suporía un duro golpe para a industria naval viguesa e empresas auxiliares”. Por iso, reclamou ao Goberno que adopte “todas as medidas necesarias para que se garanta” a actividade de construción e reparación naval na concesión portuaria do estaleiro.

Desta forma, a formación nacionalista incidiu en que é preciso manter a actual concesión como mínimo ata 2027“. Ademais, rexistrou preguntas para coñecer cales son as medidas que ten previsto adoptar o Goberno respecto desta situación; así como para saber que prioridades de uso terán as instalacións no suposto dunha nova concesión.

Detectados 19 positivos en varios cribados na área de Vigo

O Sergas informou este xoves da detección de 19 casos positivos de COVID en varios cribados realizados en Vigo e outros concellos da súa área, nos que participaron máis de 6.500 persoas.

Así, no cribado realizado no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, foron citadas 675 e participaron nas probas 553 (un 81,9 %), e non se detectou ningún caso positivo; mentres, no IES Alexandre Bóveda, tamén na cidade olívica, fíxose un cribado entre 736 (un 81 % do total de citados, que foron 908) e detectáronse 7 persoas contaxiadas.

Por outra banda, no concello de Baiona citouse a 2.000 persoas e realizáronse o test un total de 961 (un 48 %), entre os que non se detectou ningún caso de COVID.

En Nigrán, foron convocados outros 2.000 veciños e fixéronse as probas 1.043 (o 52 %), cun resultado de dous positivos.

En Gondomar foron cribadas 1.132 persoas dun total de 2.000 convocados e non se detectaron casos positivos; mentres que en Tui, dos 2.000 citados acudiron 1.246 (un 62,3 %) e detectáronse dous casos.

Finalmente, en Tomiño participaron 871 persoas no último cribado (de 2.000 citados) e detectáronse 8 positivos.

Sanidade confirmou que se seguirán repetindo os cribados poboacionais e que, nestes días, está a convocarse a 4.000 veciños de Cangas para que acudan aos COVID-Auto dos hospitais este fin de semana. Así mesmo, a próxima semana convocarase para un cribado a 2.800 persoas do concello de Moaña.

O club deportivo Iberconsa Amfiv detecta dous casos positivos de COVID-19 no seu persoal

0

O club deportivo vigués de baloncesto en cadeira de rodas Iberconsa Amfiv detectou dous casos positivos de COVID-19 no seu persoal, polo que someterá á totalidade do mesmo a probas PCR.

Segundo informou o club deportivo, estes casos foron detectados mediante os controis rutineiros aos que se somete ao persoal cada dúas semanas de acordo cos protocolos de COVID-19.

Así, tras ter coñecemento este martes de que dúas persoas do equipo se contaxiaron, o club deportivo decidiu someter de novo a probas PCR a todo o seu persoal para confirmar os resultados.

Tras a realización do test, analizarase como afecta esta situación ao persoal e ao comezo da competición deportiva na que participa o equipo.

Feijoo: podemos alegar ‘causas de forza maior’ para non entregar a documentación da fusión das caixas, ‘pero non o imos facer’

0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que o seu goberno pode acollerse “a causas de forza maior” para non entregar a documentación da fusión das caixas de aforros galegas que falte, “pero non o imos facer”.

Documentación da comisión de caixas no Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo

Documentación da comisión de caixas no Parlamento de Galicia. XUNTA – Arquivo

Díxoo despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenase á Xunta a entregar dous informes que o deputado de Galicia en Común, Antón Sánchez, solicitou ao Goberno autonómico e que, ante a falta de resposta desde 2013, decidiu denuncialo xudicialmente, por “vulneración” dos seus dereitos como deputados, en 2018.

A preguntas dos medios na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo defendeu que a sentenza se refire a unha documentación “que se pediu en 2018”, a través do artigo 9 e despois denunciada, aínda que o parlamentario, entón de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xa a solicitou desde o inicio da investigación parlamentaria na Cámara galega, que se activou no verán de 2013.

O mandatario autonómico defendeu queo Executivo autonómico enviou “unha enorme cantidade de documentación”ao Parlamento autonómico, como “a propia sentenza recoñece” ao sinalar que o deputado “tiña á súa disposición boa parte da documentación que demandaba” sobre a fusión das caixas, que “foi autorizada polo Goberno de España” e que el mesmo tamén subscribiu.

A Consellería de Facenda enviou, no seu día, 34 caixas con informes, que foron situados, a porta pechada salvo para os deputados, na coñecida como sala do Estatuto. A comisión parlamentaria aberta en 2013 nunca chegou ao seu fin, porque aínda que a fase preliminar terminou, as conclusións –que pola súa natureza poden ser levadas á Xustiza– non se chegaron a escribir.

“ESTEAN OU NON, ÍMOSLLA A FACILITAR”

Na sentenza, estímase que hai que entregar a documentación ou, en caso de forza maior para non facelo, hai que xustificar esta situación. “Pensamos que esa documentación está nas 34 caixas, pero imos revisalo e, no caso de que non estea, ímoslla a facilitar toda”, garantiu Feijóo.

O mandatario autonómico indicou que se trata de “dous documentos”, que “se van a pór a disposición” do deputado. Ademais, defendeu que a Xunta pode “alegar causa de forza maior ou entregar” a documentación, respecto diso do que dixo que a Xunta “vai elixir a opción dúas”: “Imos comprobar se eses dous documentos están nas caixas e, estean ou non, ímolos a entregar“.

Interceptado mentres conducía baixo os efectos do alcol en Vigo

0

Un home residente en Vigo de 59 anos, C.P.F., interceptado mentres conducía pola cidade, presentou resultados que pasaban o límite penal nas probas do grao de impregnación alcohólica.

Tal e como detallou a Policía Local, os feitos tiveron lugar ao redor das 02:45 horas deste domingo nas inmediacións de Praza España, onde os axentes realizaban labores de control de tráfico. Tras observar como o condutor dun vehículo cometía unha infracción, déronlle o alto. Así, comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas e realizáronlle as probas correspondentes.

Dado que os resultados dos controis pasaban o límite penal, instruíronse dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial competente.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed