InicioVal MiñorBaionaDetectados 19 positivos en varios cribados na área de Vigo

Detectados 19 positivos en varios cribados na área de Vigo

Participaron máis de 6.500 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas informou este xoves da detección de 19 casos positivos de COVID en varios cribados realizados en Vigo e outros concellos da súa área, nos que participaron máis de 6.500 persoas.

Así, no cribado realizado no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, foron citadas 675 e participaron nas probas 553 (un 81,9 %), e non se detectou ningún caso positivo; mentres, no IES Alexandre Bóveda, tamén na cidade olívica, fíxose un cribado entre 736 (un 81 % do total de citados, que foron 908) e detectáronse 7 persoas contaxiadas.

Por outra banda, no concello de Baiona citouse a 2.000 persoas e realizáronse o test un total de 961 (un 48 %), entre os que non se detectou ningún caso de COVID.

En Nigrán, foron convocados outros 2.000 veciños e fixéronse as probas 1.043 (o 52 %), cun resultado de dous positivos.

En Gondomar foron cribadas 1.132 persoas dun total de 2.000 convocados e non se detectaron casos positivos; mentres que en Tui, dos 2.000 citados acudiron 1.246 (un 62,3 %) e detectáronse dous casos.

Finalmente, en Tomiño participaron 871 persoas no último cribado (de 2.000 citados) e detectáronse 8 positivos.

Sanidade confirmou que se seguirán repetindo os cribados poboacionais e que, nestes días, está a convocarse a 4.000 veciños de Cangas para que acudan aos COVID-Auto dos hospitais este fin de semana. Así mesmo, a próxima semana convocarase para un cribado a 2.800 persoas do concello de Moaña.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...