Inicio Blog Páxina 1744

O trapicheo non entende de confinamentos

A Policía Nacional detivo estes días a un veciño de O Porriño de 29 anos, en posesión dunha pedra de cocaína, que unha vez cortada podería alcanzar as 300 doses por un valor de 8000 euros.

Este veciño, que contaba con antencedentes policias, foi detido nun control na rotonda de saída da autoestrada AP9. Os axentes puideron comprobar que non contaba con permiso de conducir, polo que foi imputado por un delito contra a saúde pública e outro contra a seguridade do tráfico.

A intervención foi levada a cabo por axentes da Unidade de Intervención Policia (U.P.I. VIII) da Comisaría de Vigo-Redondela.

O acusado pasou a disposición do xulgado de Instrución de garda en Redondela.

Controis na zona

Dende o mes de febreiro a Policía Nacional intensificou os controis policiais na área de Vigo e Redondela, como parte da reorganización efectuada na Comisaría para dar mellor cobertura e servizo ao concello de Redondela.

A policia Nacional mantén despregado un dispositivo de control de persoas e vehículos 24h dentro do Plan Especial de loita contra o tráfico medio de drogas.

A Policia Nacional dispón dun correo electrónico para que calquera cidadán poida efectuar denuncias anónimas sobre a existencia de puntos de venta de drogas. O correo é antidroga@policia.es

Falece un dos maiores da residencia de San Pedro de Crecente

0

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 aumentou en 66 desde este mércores ata os 6.085, o que supón un un por cento máis que a xornada pasada, e as altas incrementáronse en 85 para situarse nas 1.383.

Por outra banda, o falecemento de tres persoas en residencias de maiores nas últimas horas elevou a 405 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia, segundo os datos que comunicou este xoves a Consellería de Sanidade.

Así, as autoridades sanitarias informaron da morte de dous residentes no centro Claudina-Somoza da Coruña e dun terceiro, na residencia de San Pedro de Crecente (Pontevedra). Con este tres falecementos, ascenden a 95 as mortes rexistradas en residencias de maiores. Así mesmo, Sanidade sinalou que, ademais dos 95 falecidos en residencias de maiores, hai outras 86 persoas vinculadas a centros residenciais que morreron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas. Por tanto, do total de falecidos, hai 181 persoas vinculadas con centros residenciais.

Con respecto aos hospitais galegos e tras as 11 mortes comunicadas este mércores, o balance ascende polo momento a 310 falecidos: 93 en hospitais da área sanitaria da Coruña, 63 na área de Vigo, 59 mortes na área de Ourense, 42 falecidos na área sanitaria de Santiago, 20 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

Atopan o corpo sen vida dun dos tripulantes do Marsua J afundido no Freu da Porta en Cíes.

0

O helicóptero Pesca I localizou o corpo sen vida dun dos tripulantes do pesqueiro baionés Marsua J, desaparecidos esta tarde mentres faenaban nas Illas Cíes.

Segundo informou Salvamento Marítimo, o corpo e a embarcación naufragada avistáronse sobre as 17,20 horas, para cuxo rescate mobilizouse a embarcación ‘Salvamar Mirach’ para o seu traslado á patrulleira ‘Río Guadalupe’ da Garda Civil, que o levará ata o porto de Baiona.

A confraría de Baiona trasladou o aviso ás 16,15 horas ante a falta de noticias do pesqueiro baionés, que estivo a faenar ao oeste das Cíes.

No rexistro da frota do Ministerio figura que se trata dun barco de artes menores de case sete metros de eslora. Ten porto base en Baiona e os dous tripulantes eran veciños de Baiona e Panxón (Nigrán).

Freu da Porta (Illas Cíes) – Lugar do afundimento do Marsua J

A Xunta avoga pola colaboración público-privada para potenciar viveiros industriais

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avogou pola colaboración público-privada para potenciar viveiros industriais durante unha visita ao parque empresarial de Mos.

Segundo trasladou a Consellería de Economía, Emprego e Industria nun comunicado, o conselleiro lembrou que o viveiro industrial da localidade pontevedresa permitirá ofrecer novos servizos a emprendedores e empresas.

En concreto, este proxecto conta cun investimento de 300.000 euros e coa colaboración da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) e o Concello. Respecto da asociación, Conde puxo en valor que forme parte das 131 localidades galegas que contan co distintivo de emprendedoras.

Así, lembrou que esta iniciativa busca facilitar o investimento empresarial mediante vantaxes como a simplificación administrativa da posta en marcha dun negocio, máis facilidades de acceso a chan industrial e incentivos fiscais.

Mediante a súa categorización como municipio empresarial, Mos recibiu fondos destinados a viveiros industriais, o que, segundo apuntou Conde, facilitou que Benteler se instalase nesta localidade cun investimento de 20 millóns de euros nunha nova fábrica que xera 175 empregos.

Adicionalmente, esta semana, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará tres convocatorias de axudas, cuxo orzamento ascende a 7,9 millóns de euros e que se espera que mobilicen 10 millóns de euros e promovan 30 iniciativas.

PSA pide unha ampliación do Polígono de Balaídos

A planta coa que conta o Grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo trasladou ao Consorcio da Zona Franca o seu interese na ampliación sur do Polígono de Balaídos, tras informar á Xunta, implicada na tramitación urbanística necesaria para acometer esta actuación.

Segundo detallaron fontes de PSA, o obxectivo desta actuación, que xa se abordou anteriormente co consorcio, pasa por crear unha “zona de transición” entre o espazo industrial e o residencial, así como por permitir a implantación de provedores de servizos loxísticos e pezas automobilísticas. A planta viguesa afirmou así que se trata dunha actuación “estratéxica” para a zona a “medio prazo”.

Así mesmo, solicitou á Zona Franca a planificación dun aparcadoiro de camións nas inmediacións da conexión sur coa VG-20 que permita atender as necesidades do polígono empresarial.

Neste sentido, sinalou que o transporte da práctica totalidade de pezas e vehículos de PSA con destino á Península acceden ou abandonan a planta por esta saída, pola que, segundo apuntou, discorren tamén mercadorías doutras empresas instaladas en Balaídos.

Tamén lembrou o incremento rexistrado na produción de vehículos comerciais lixeiros nas instalacións de PSA en Vigo, que alcanzou un tráfico de 600 camións diarios, e avanzou que se espera un ascenso do mesmo debido ao próximo lanzamento do novo Peugeot 2008. Ante esta situación, remarcou a “urxencia” de acometer esta actuación.

Detido un vigués por un suposto delito de malos tratos e un intento de homicidio contra a súa parella

Un home de 60 anos residente en Vigo foi detido por un suposto delito de malos tratos e un intento de homicidio perpetrados contra a súa parella, unha muller de 40 anos, nunha vivenda na que se atopaba o fillo menor de idade da vítima.

Segundo detallou a Policía Nacional, os feitos dos que se acusa a este home tiveron lugar este martes ao redor das 6,10 horas na rúa viguesa Numancia onde, supostamente, el causou graves lesións na cabeza á vítima. Os axentes, que foran contactados por un particular, desprazáronse ata o domicilio, no que atoparon á vítima no chan e, ao seu lado, ao seu fillo de once anos.

Posteriormente, a muller foi trasladada ao hospital e o seu fillo detallou aos policías que se espertou ao escoitar os berros da súa nai ao ser agredida polo home que, supostamente, fuxira tras os feitos.

Tras trasladar ao menor xunto a unha coñecida da vítima e proceder á custodia desta no hospital, contactouse con distintos corpos policiais e da Garda Civil.

Este mércores ás 10,00 horas localizouse en Ourense o vehículo no que fuxira o presunto agresor, polo que se estableceu un dispositivo de vixilancia na zona con unidades de paisano da Policía Xudicial. Posteriormente, ao redor das 13,00 horas, un vixiante de seguridade da estación de tren contactou coa Comisaría de Ourense e notificou que o individuo se atopaba nese lugar.

Finalmente, os axentes desprazáronse ata a estación, detiveron ao presunto agresor e trasladárono ao xulgado de garda da cidade. Ademais, as actuacións puxéronse en coñecemento do xulgado de garda da cidade das Burgas e do Xulgado de Violencia Sobre a Muller número 1 de Vigo.

A camelia, “flor da invernía galega”, consolídase como símbolo da cidade de Tui

0

Este xoves pola mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello de Tui a IV Mostra da Camelia Cidade de Tui, organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Sociedade Española da Camelia, que se vai celebrar esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20 de xaneiro, na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.

O sábado de 9.00h a 12.00h mais de 80 expositores prepararán e colocarán as flores nos expositores. As 12.15 o Teatro Municipal, na Área Panorámica, acollerá o acto inaugural no que se fará entrega de agasallos ós expositores e a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Poesía “A camelia, flor na invernía galega”, no que participaron ós alumnos de 1º a 4º de Primaria dos colexios tudenses.

Destacaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o importante valor desta flor de inverno para o municipio, tanto a nivel turístico como económico, polo que é “unha oportunidade importante xa que cada vez se move máis xente entorno á camelia, e pode ser un complemento interesante ó gran atractivo que ten Tui”.

Presentación IV Mostra da Camelia/ Concello de Tui

Pola súa parte, o Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, agradecía a ATUCA a súa implicación nesta mostra e “por axudar a que Tui sexa escaparate da Camelia e converter o municipio nun referente”.

Tamén a concelleira de educación agradecía a ATUCA a súa labor, neste caso, por acercar os máis pequenos a camelia a través do Concurso de Debuxo e Poesía. A Mostra floral poderá visitarse o sábado de 16.30h a 21.00h e de 10.00h a 14.00h e de 17.30h a 18.30h do domingo na Sala de exposicións Municipal situada na Área Panorámica.

Paralelamente, a Sala Félix Rodriguez acollerá outras dúas actividades. Ás 17.45 do sábado terá lugar un obradoiro de Té para dar a coñecer o té galego, impartido por Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e bióloga na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

O domingo, ás 17.30h haberá unha charla-coloquio sobre a vespa velutina e a preparación de trampas caseiras. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o presidente de ATUCA, José Carlos Montes, a vicepresidenta, Maria José Fernández Castiñeiras, e o secretario, Antonio Luís Montes.

A maior cabalgata de Galicia, en 73 fotos

o público

BOLBORETAS

O ALCALDE, PLETÓRICO

DRAGÓNS E GRANDES BESTAS

PAIASOS… E MOITO MÁIS

Comisión de centro e Xerencia do Cunqueiro discuten o seguimento da primeira folga das TCAEs

As Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo secundaron a primeira das catro xornadas de folga convocada pola comisión de centro para rexeitar a obriga de trasladar as roupas da bolsa sucia, función que até o de agora asumía a empresa concesionaria.

Pero mentres que a comisión de centro cifra nun 80% o seguimento do paro, a Xerencia da EOXI rebaixa a cifra até o 48%. Todo a pesar dos servizos mínimos, que as folgistas consideran abusivos, posto que nalgúns casos chegan a superar ás dotacións dun domingo ou festivo.

Pola súa banda, desde a CIG consideran que as TCAE “veñen de demostrar na xornada de hoxe a forza que teñen, deixando moi claro que o conflito, lonxe de estar superado, sitúase no momento máis duro con catro xornadas de folga convocadas (18, 21, 25 e 28 de xuño)”.

Denuncian que a día de hoxe a Xerencia “segue sen aportar solucións e intenta descargar a responsabilidade sobre as traballadoras, demostrando a súa nula capacidade de actuación nesta cuestión, xa que con este modelo a concesionaria ten secuestrado o hospital”.

Nesta situación, tras reclamar comisión de de centro a implicación do conselleiro mediante unha petición de xuntanza por escrito, “obtivemos o silencio por resposta”. Finalmente adiantan que as integrantes do colectivo afectado, lonxe de baixar o ton das protestas, “están dispostas a intensificar as mobilizacións e levalas até onde faga falta”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed