Inicio Blog Páxina 1731

Cacelorada e aplausos en Vigo en apoio dos traballadores de Citröen

Vigueses e viguesas saíron na noite deste domingo as fiestras e balcóns para apoiar aos traballadores de Citröen. E fixérono cunha sonora cacerolada para apoiar a reivindicación de moitos deles que piden non ir traballar para evitar por en risco a súa saúde tal e como fixo a través das redes sociais un dos traballadores dunha das auxiliares da factoría francesa.

Aplaudindo en apoio dos traballadores que loitan contra o coronavirus e os empregados de Citröen

Baixo o cancelo #caceroladapsa moitos cidadáns saíron ás fiestras ás 22.00 para “que los desalmados de PSA paren de una vez la planta!!!!”, tal e como se difundiu nas redes sociais.

Xornal de Vigo tamén estivo na quedan de saída dos traballadores deste domingo onde se pode ver que a empresa non esixe medidas de seguridade.
Comparte.

Saída dos traballadores de Citroen © Miguel nuñez
Traballadores saen de Citröen © Miguel Nuñez

Sindicatos rexeitan o centro de día que expón a Xunta en Vigo e concentraranse para pedir máis prazas en residencias

A Unión de Xubilados e Pensionistas da UGT na área de Vigo e a Federación de Pensionistas e Xubilados de CC.OO. na zona rexeitaron o centro de día que a Xunta propuxo instalar na estación de autobuses e concentraranse este xoves para esixir a creación de 400 novas prazas residenciais na área.

Así o manifestaron os responsables destas seccións das centrais nunha rolda de prensa celebrada este martes en Vigo, onde detallaron que este xoves se realizará unha concentración ante a Delegación Territorial do Goberno galego na cidade ás 11:00 horas. Unha manifestación percorrerá a urbe ata a confluencia das rúas Urzáiz e Príncipe.

O secretario xeral da Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT na área de Vigo, Juan Fontenla, recoñeceu que a proposta do centro integral para persoas maiores e nenos nas instalacións da actual estación de autobuses representa un proxecto “interesante”. Aínda así, remarcou que non responde as “necesidades reais” das persoas maiores da zona.

Deste xeito, Juan Fontenla achacou a formulación desta iniciativa a unha “contestación” ás demandas trasladadas por UGT e CC.OO. mediante “pinceladas feitas en despachos” no contexto dunha “campaña electoral” ante os próximos comicios autonómicos que terán lugar o 5 de abril.

Así, o sindicalista incidiu en que estae proxecto “non cumpre ningunha das expectativas” dos sindicatos, que, segundo lembrou, presentaron un documento con propostas para atender as necesidades de dependencia na zona no rexistro da Delegación Territorial do Goberno galego en Vigo, onde se encerraron ata ser recibidos pola entón delegada territorial, Corina Porro.

Neste sentido, o responsable da Federación de Pensionistas e Xubilados de CC.OO na zona, Perico Hucha, sinalou que Porro se comprometeu “a dar unha resposta” ás súas demandas en xaneiro e que, con todo, esta non se produciu. As centrais protagonizaron unha nova concentración na cidade ao seguinte mes.

PROPOSTA

Deste xeito, Ucha apuntou que os dous sindicatos expuxeron á agora exdelegada territorial do Executivo galego transformar as instalacións da actual estación de autobuses nunha residencia para persoas maiores que presenten un grao 2 ou 3 de dependencia.

Nesta liña, o responsable da Federación de Pensionistas e Xubilados de Vigo incidiu en que as residencias públicas acollen, en maior medida, ás persoas que presentan un maior grao de dependencia, polo que non resultan “interesantes” para a empresa privada. Así, criticou que só o 20% das prazas residenciais da comunidade sexan de carácter público e que durante os 11 anos nos que Alberto Núñez Feijóo situouse á fronte da Xunta esta administración “non construíse ningunha residencia” en Vigo, mentres se incrementou a oferta privada.

A falta de gol condena a un Celta que creou perigo ante o Eibar (0-0)

0

O Celta de Vigo alongou a súa mala serie de resultados cun empate sen goles ante o Eibar, que realizou un notable exercicio defensivo para sumar un punto que lle permite manter a distancia de seis puntos, máis o “gol-average particular”, sobre un rival directo na pelexa por eludir o descenso.

O Celta ten un problema co gol. Este mediodía volveu demostrarse. Xerou numerosas ocasións, pero foi incapaz de materializalas. Dominou sempre a un Eibar replegado, esperando a súa ocasión para danar a un rival ansioso, acelerado pola necesidade de gañar.

O equipo de Óscar García tivo o balón, abriu o seu xogo ás bandas para atopar solucións ofensivas, pero non lle foi suficiente. E iso que gozou de oportunidades, a máis clara pasada a media hora, despois de que Fran Beltrán quedase só ante Marko Dimitrovic. O serbio despexou co peito o seu tiro, o rexeite caeu aos pés de Santi Mina. Balaídos xa cantaba o gol ante este disparo, pero Pedro Bigas sacouno baixo paus.

OPORTUNIDADES DESPERDICIADAS

O Eibar tiña claro o seu plan de partido. Sufriu por momentos ante o Celta, pero non variou nada. Continuou coas liñas xuntas, afogando aos centrocampistas celestes na zona de creación e esperando que chegase o seu momento.

Na primeira parte, o equipo galego puido marcar tras un centro de Kevin Vázquez que non atopou rematador ( min.24); nunha acción individual de Aspas ( min.31); e cun disparo afastado de Pione Sisto, tras un erro de Burgos na saída, que desviou un seguro Dimitrovic (min.37).

Non variou o guión no segundo tempo. O Celta continuou envorcado, pisando a área rival, pero sen acerto na finalización. O danés Pione Sisto, cun disparo cruzado, Iago Aspas en dúas ocasións e Rafinha ameazaron a Dimitrovic, que se luciu pouco despois ante un tiro con moita intención de Aspas ( min.64).

Okay e Fran Beltrán eran donos do centro do campo. O Eibar seguiu metido no seu campo. Óscar García introduciu ao dianteiro uruguaio Toro Fernández para levar a Aspas á banda de Pione Sisto. Houbo pitos para o técnico por esa decisión, ademais dun enfado monumental do extremo danés no banco.

O Celta daba mostras de esgotamento, e o Eibar buscou golpearlle á contra. Enmudeceu Balaídos cun par de carreiras de Cote, aínda que foi Murillo quen rozou o gol cun remate que se estrelou no traveseiro a falta de dez minutos para o final. Non foi a última. Rafinha no minuto 88 tivo outra clara tras un pase de Aspas. Fóiselle alto o remate co interior. Non era a tarde dos celestes. Empate sen goles que sabe a pouco para o conxunto vigués, que pediu un penalti no desconto por unha caída de Denis Suárez ante Dimitrovic.

Como conseguir que sobreviva o mexillón en Galicia ante o incremento da temperatura do océano

0

Un proxecto no que colaboran Anfaco-Cecopesca e a Universidade de Vigo (UVigo) buscará desenvolver métodos de baixo custo e escalables para mellorar a supervivencia e o rendemento das sementes do mexillón.

Segundo trasladou Anfaco-Cecopesca nun comunicado, a iniciativa, denominada ‘Musselect‘, contará así coa participación da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT). En concreto, no marco do proxecto ensaiaranse e validarán diferentes metodoloxías innovadoras para reducir a dependencia das microalgas vivas cultivadas in situ e substituílas por produtos concentrados e liofilizados.

Tamén se buscará mellorar os métodos que permitan trasladar a semente do mexillón ao medio natural no menor tempo posible paraUnha investigación da Uvigo trata de reducir os custos relativos á alimentación e o tratamento e acondicionamento da auga.

Adicionalmente, seleccionaranse reprodutores con características de alto crecemento e resistencia a condicións adversas para iniciar estirpes de mexillón melloradas. Este proxecto foi motivado polo incremento da temperatura do océano e a súa acidificación, que poden ameazar a produción do mexillón en Galicia. Ante esta situación, buscouse adaptarse a estas alteracións nas condicións do medio natural mediante unha selección xenética de familias que presenten características de crecemento elevado ou resistencia a determinadas condicións ambientais, o que mellorará a cota de produción na comunidade.

Ademais, buscouse reducir a dependencia das sementes naturais para poder mellorar as súas características e evitar o condicionamento temporal da produción que levan.

(vídeo) Así son os comezos da ‘megacidade’ do Celta de Vigo

0

O proxecto da nova cidade deportiva do RC Celta de Vigo xa está en marcha. Será no municipio de Mos, tras obter a licencia da parroquia de Pereiras. O 30 de novembro a sociedade anónima e o Concello -gobernado polo PP- fixeran un acto simbólico “poñendo a primeira pedra” da obra. “O soño faise realidade” foi o lema que se acordou para a data histórica do club con 96 años de historia.

A nova cidade afectará a un total de 864.000 metros cadrados. Ademais, terá oito terreos de xogo -catro naturais e catro artificiais-, zona de tecnificación, zona de praia para rehabilitación, estadio con capacidade mínima para 4.000 espectadores, pistas de pádel e tenis, piscina, residencia, cafetería-restaurante, tenda do club, universidade do deporte, pabellón deportivo multiusos e ximnasios.

O obxectivo é que para a próxima tempada o primeiro equipo e o Celta B abandonen as instalacións deportivas de A Madroa para trasladarse a Mos. O metro cadrado do chan, custará 1,5 euros. O custe total da operación, segundo un estudio económico financiero da modificación puntual do PXOM de Mos, será de 62.882.621 euros. Hai 13,9 millóns de euros preparados polo posible caso da expropiación dos terreos -que son de propiedade comunal- e as eventuais indemnizacións que poida haber.

O proxecto estivo suxeito a críticas desde a súa proposta, xa que o centro comercial que se quere facer na cidade ocupa 120.000 metros cadrados, pertencentes ao monte. Así, a ‘megacidade‘ tivo obxecións por parte do Concello de Vigo, por departamentos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, quen consideran “que non ten en conta o impacto sobre a zona e no medio ambiente”.

No seu día o Instituto de Estudios del Territorio da Xunta defendeu que “pode provocar efectos paisaxísticos significativos” e pediu estudar “localizacións alternativas que xeren unha incidencia visual menor” e cuestionouse “a necesidade de implantar un centro comercial”. Pese a isto, Xornal de Vigo achegouse á zona das obras, que xa comezaron. Podes velo no seguinte vídeo:

Campaña da CIG para pedir o fin da ‘lei mordaza’ e denunciar a “represión sindical”

O sindicato CIG anunciou este mércores en Vigo a convocatoria de concentracións ante os xulgados de Vigo, no marco da campaña ‘Non hai represión que para a loita obreira’, para denunciar a “represión sindical” que afecta a varios traballadores que serán xulgados “por defender os seus dereitos” e para volver pedir a derrogación da chamada ‘lei mordaza’.

Así o trasladou en rolda de prensa o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, quen advertiu de que hai “un intento de usar o sistema xudicial e a ‘lei mordaza’ para silenciar” as reivindicacións da clase traballadora.

A ese respecto, expresou a súa “preocupación” porque os conflitos laborais “están a chegar a sede xudicial”, nun contexto de inminente recesión económica, cando segue vixente a reforma laboral, e en plena “crise industrial” en Galicia.

Así mesmo, Carril constatou que “os máis castigados pola crise económica son os perseguidos pola xustiza” e advertiu: “Non nos van a amedrentar”.

Na mesma pronunciouse o secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberte Gonçalves, quen explicou que, no marco desta campaña, o sindicato convocará concentracións diante dos xulgados vigueses os días 15 e 28, 29 e 30 de outubro, coincidindo coa celebración de dous xuízos contra traballadores, procesados “por defender os seus dereitos”.

XUÍZOS

O responsable comarcal de Transportes no sindicato, Suso García, explicou que o próximo 15 de outubro xulgarase a un traballador do sector de ambulancias, que foi “criminalizado” por “facer unha pintada” durante un conflito polo convenio do sector.

Pola súa banda, a responsable de CIG-Servizos, Tránsito Fernández, confirmou que os próximos 28, 29 e 30 de outubro celebrarase un xuízo en Vigo no que un empresario da hostalaría pide penas de prisión e indemnizacións que suman máis de 700.000 euros para 13 dos seus empregados, por supostas ameazas e coaccións.

Trátase dun empresario, sinalou Tránsito Fernández, que foi denunciado por falta de pagamento de salarios, e que mantiña débedas importantes coa Seguridade Social e con Facenda, ademais de con o Sergas (xestionaba a cafetaría do hospital Meixoeiro).

O Círculo de Empresarios de Galicia concede a súa Medalla de Ouro a Juan Güell

0

A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia acordou por unanimidade distinguir a Juan Güell Cancela, quen foi presidente desta organización empresarial,  coa súa Medalla de Ouro, que se lle entregará nun acto o próximo mes de novembro.

Güell Cancela, socio director do consultoras Mercado Continuo 2100 e Dosvalor JH, comezou a súa carreira en Arthur Andersen nos anos 60. Entre 1968 e 1995 foi director financeiro da química Zeltia, e logo traballou como director xeneral do Grupo de Empresas Álvarez.

Ademais, é cofundador de Grupo SUM, Cibergestión e Coworking Vigo, entre outras iniciativas; foi presidente do Círculo de Empresarios de Galicia en dúas etapas (entre 2004 e 2007, e entre 2015 e 2018); e tamén desempeñou labor docente como profesor de finanzas na Escola de Negocios Caixanova, hoxe IESIDE.

Desde o Círculo (antes Club Financeiro de Vigo) impulsou a Rede de Investidores Privados-RedInvest, para o fomento e posta en marcha de proxectos innovadores. Por outra banda, é administrador e conselleiro en varias empresas, como Pescapuerta, Pérez Rumbao, Metalships, etc. e, en 2014, foi distinguido como Mellor Executivo de Galicia pola revista ‘Executivos’.

Marea de Vigo sobre a organización municipal: “A Abel Caballero a democracia quédalle grande, como os traxes”

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, volveu a denunciar este venres o “comportamento antidemocrático” do goberno de Abel Caballero, reflectido na organización dos grupos municipais, e na pretensión dos socialistas de que Marea e BNG se configuren nun único grupo (mixto): “É unha cuestión de democracia, e a Abel Caballero a democracia quédalle grande, como os traxes”.

Nunha rolda de prensa, Pérez Correa criticou a posición do goberno vigués acerca desta configuración de grupos, incluíndo a Marea nun grupo mixto e nomeando ao edil do BNG, de forma provisional, como non adscrito.

Segundo sinalou, Abel Caballero “non quere que haxa 4 grupos” na corporación e pretende “eliminar os dereitos” tanto de Marea como do BNG de ter voz propia e presentar as súas iniciativas de forma independente.

Tras vaticinar que os próximos 4 anos serán unha etapa “estéril no político, con moita demagoxia e falta de democracia“, Pérez Correa deu por feito que “non se pode convencer ao goberno local” de que cambie de postura, polo que a súa reclamación sobre a organización dos grupos seguirá pola vía xudicial.

DENUNCIA NOS TRIBUNAIS

Así, Marea de Vigo confirmou que acudirá aos tribunais para ter grupo municipal propio, e advertiu de “que non hai nada que negociar” co goberno de Abel Caballero, ao que acusa de ter un “comportamento antidemocrático”.

“E aquí non hai bo rollo, nós non imos quitar as denuncias que poñamos”, advertiu, en clara alusión ao anuncio feito polo PP, de desistir dos procesos xudiciais iniciados no anterior mandato contra o goberno local (a personación na causa sobre o accidente do Marisquiño e a denuncia por ocultación de información).

Rubén Pérez volveu a criticar a “decisión arbitraria” do goberno vigués, con arranxo a un regulamento que establece a necesidade de ter un mínimo de 3 edís para poder conformar grupo municipal propio.

Por outra banda, lembrou que tanto Marea como o PP, en 2016, votaron en contra da modificación do regulamento e presentaron emendas (que non foron aceptadas). Ademais, Marea remitiu un escrito aos membros da executiva da FEMP, advertindo das pretensións de Abel Caballero, “contrarias ao código de boas prácticas” do órgano municipalista, e en contra “do que se está facendo na maioría de concellos”.

“OPORTUNIDADE DE RECTIFICAR”

Pola súa banda, o concelleiro do BNG, Xabier P.Igrexas, confirmou que a súa formación esgotará, en primeira instancia, a vía administrativa para reclamar a creación do seu grupo municipal.

Así, ademais de impugnar a reunión da xunta de portavoces do pasado mércores, a formación nacionalista presentará “en próximos días” recurso de reposición no Concello, ante a decisión de nomealo concelleiro non adscrito, unha decisión “arbitraria e antidemocrática”.

Pérez Igrexas apuntou que a vía xudicial, mediante contencioso administrativo, “sempre estará aberta”, pero o BNG quere “extinguir os procedementos administrativos”. “Para darlle a oportunidade política ao goberno local de rectificar”, apostilou.

Aberto o prazo para instalarse nos espazos CTBio-Lab de Nigrán, que serán gratuítos

A Zona Franca abriu o prazo para instalarse nos laboratorios dos espazos CTBio-Lab cos que conta no Polígono de Porto do Molle, en Nigrán, e cuxa utilización será gratuíta para as empresas ou proxectos biotecnolóxicos seleccionados.

Segundo trasladou esta entidade nun comunicado, a solicitude para a concesión de espazos poderán realizarse a través da páxina web do proxecto favorecido pola Unión Europea (UE) CTBIO. O prazo permanecerá aberto ata completar o número total de beneficiarios.

En concreto, o proxecto CTBio-LAB, cofinanciado co Fondo Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder), busca facilitar espazos de oficinas, laboratorios polivalentes con equipamentos básicos e salas de traballo a beneficiarios de Galicia e o Norte de Portugal.

As compañías ou proxectos biotecnolóxicos que se instalen nos laboratorios só deberán custear os seus materiais e consumibles e, ademais, disporán de servizos de apoio para a dirección e xestión de empresas xa constituídas.

Aos beneficiarios tamén se lles ofrecerán asesoramento e ‘coaching’ particular, formación en mercadotecnia e comunicación e información relativa á internacionalización e a novos modelos de negocio.

Esta iniciativa conta coa participación do Consorcio Zona Franca de Vigo, Bioga, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade do Minho, a Asociación Portuguesa de Bioindustrias e o International Iberian Nanotechnology Laboratory.

Ponteareas aproba os maiores orzamentos da súa historia

0

O goberno de Ponteareas ratifica o orzamento para o ano 2018 tras resolver no pleno extraordinario celebrado hoxe xoves as nove alegacións presentadas logo da aprobación inicial no pasado mes de agosto.

Co voto de calidade do Alcalde, Xosé Represas, resolveuse o empate producido ao facilitar o concelleiro de Esquerda Unida, Lino Costas,  a aprobación dos orzamentos coa súa abstención. PP e ACIP votaron en contra.

Á espera de que entre en vigor coa publicación nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, o goberno de Ponteareas contará cun orzamento de 16.936.298,83€, dos que 3.045.067,61€ serán para investimentos que son financiados fundamentalmente coa subvención de fondos europeos da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

Para o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, “estes orzamentos, que son os máis altos da historia de Ponteareas significan un antes e un despois grazas á xestión dun goberno que herdou unha situación na que 50% dos ingresos do estado estaban intervidos polo Ministerio de Facenda por non ser capaz o anterior goberno de presentar un plan de axuste que contara coa aprobación do Estado”.

“Pagáronse as débedas históricas de gasto corrente, conseguíuse ter remanente positivo na liquidación das contas do pasado ano 2017 e a partir de agora estamos na mellor posición posible para poder realizar as obras e actuacións polas que Ponteareas leva décadas agardando”, sinalou.

máis de dous millóns e medio de euros para gasto social

Os orzamentos contan con diversas partidas que suman máis de 430.000 euros para subvencionar as actividades das casas culturais, clubes deportivos, escolas de música, axudas para material escolar… así como para básicos como as traídas de auga xestinadas polos veciños.

Outras das partidas relevantes é a destinada as axudas de emerxencia social, 120.000 euros, cifra que multiplica a destinada no ano 2014. Entre os capítulos máis destacados, o Alcalde remarcou a relevancia que se lle da a priorizar o gasto social que suma un total de 2.692.784,62€ nas diferentes liñas cos servizos sociais, a residencia de maiores, a axuda no fogar ou a escola infantil.

Pola súa parte, Educación e Cultura suman un total de 2.305.070,96 euros que se investirán no Conservatorio, centros educativos, biblioteca, auditorio e as actividades festivas e culturais.

Represas destacou que “o orzamento permitirá facer investimentos imprescindibles e que tamén recolle o saneamento das contas municipais na que figuran as últimas partidas destinadas a pagar sentenzas e débedas atrasadas”.

En 2018 destinarase máis de 500.000 euros ao pago de sentenzas xudiciais por débedas e préstamos. Entre outras medidas que recolle este documento está a conxelación de taxas e impostos, con rebaixas relevantes como a do imposto de construcións e reformas.

“Son uns orzamentos que garanten a estabilidade econónica municipal e sitúan ao Concello de Ponteareas na mellor situación da súa historia para afrontar os grandes retos de investimentos que Ponteareas precisa”, asegurou.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed