Inicio Blog Páxina 173

A cooperación internacional da DEA, fundamental para coller o narcobarco nas Canarias

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, resaltou a cooperación internacional que deu como resultado a incautación de 6.500 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Foi en declaracións aos xornalistas en relación a un operativo no que axentes do Grupo Especial de Operacións abordaron a 600 millas das Illas Canarias e co apoio da Armada Española un mercante que transportaba un peso bruto aproximado nas súas adegas de 6.500 quilos de cocaína. O destino final do buque era o porto de Vigo.

E é que grazas aos mecanismos de cooperación policial internacional, o pasado 8 de outubro recibiuse unha información procedente da axencia americana DEA (Drug Enforcement Administration) na que alertaban das actividades dunha organización criminal internacional que pretendía levar a cabo o transporte dunha gran cantidade de cocaína a través do Océano Atlántico, segundo relatou o corpo de seguridade.

“A operación segue aberta”, aseverou o delegado do Goberno, quen destacou o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a cooperación internacional tras a última incautación, con desembarque da mercadoría e dos detidos ao porto da Coruña, e con colaboración da Armada francesa.

“Un éxito máis. Nas últimas semanas levamos grandes incautacións e pequenas“, recalcou para incidir en que “se está traballando para frear a chegada de drogas e desmantelando moitos puntos”. No caso deste último comiso, unha vez a bordo, localizouse e detivo aos nove membros da tripulación, podéndose atopar nunha primeira requisa de seguridade estruturas e construcións alleas ao que se supón é un buque de carga, as cales serían as que estarían a almacenar o estupefaciente.

Radiólogos piden ao resto de sanitarios que apoien con protestas a súa folga

0

Os radiólogos do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que levan case un mes en folga para reclamar a incorporación dun terceiro facultativo de garda que reforce o seu labor asistencial, lanzaron un chamamento á solidariedade do resto de médicos e persoal sanitario de Galicia. Pídenlles que se concentren este martes, 28 de outubro, ante todos os hospitais galegos como mostra de apoio á súa reivindicación.

Os facultativos do hospital de Vigo levan cinco anos demandando á Xerencia do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a incorporación dun terceiro profesional d garda para facer fronte ao incremento de demanda asistencial, pero a Consellería d Sanidade ignorou até agora a súa petición, que non é salarial senón de recursos humanos.

Desde que o pasado 6 de outubro os radiólogos comezaron a súa folga, que ten carácter indefinido, máis de 2.000 probas diagnósticas tiveron que ser suspendidas, co consecuente prexuízo que diso se deriva para os usuarios da sanidade pública galega. As concentracións deste marte serán a partir das 9 da mañá.

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

0

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro –a 600 millas das Illas Canarias e co apoio da Armada Española– un mercante que transportaba nun peso bruto aproximado nas súas adegas de 6.500 quilos de cocaína. O destino final do buque, de máis de 54 metros de eslora, 12 de manga e 4 e medio de puntal, era o Porto de Vigo. E, curiosamente, a droga non procede nin de Venezuela, nin de Colombia, senón de Panamá, onde os EE.UU. ten unha base militar.

Así, grazas aos mecanismos de cooperación policial internacional, o pasado 8 de outubro recibiuse unha información procedente da axencia americana DEA (Drug Enforcement Administration) na que alertaban das actividades dunha organización criminal internacional que pretendía levar a cabo o transporte dunha gran cantidade de cocaína a través do Océano Atlántico, segundo relatou o corpo de seguridade.

Segundo as primeiras informacións, o barco abastecedor sería unha embarcación tipo ‘supply ship’, de bandeira de Tanzania, que partira desde o panameño porto de Cristobal Anch cara ao noso país. Por iso, a Policía Nacional, baixo a dirección da Fiscalía Especial Antidroga da Audiencia Nacional e co apoio da Armada Española, coordinou un operativo para tratar de localizar a embarcación.

POSTA EN MARCHA DO OPERATIVO

Tras a alerta recibida, o rumbo facilitado e o modus operandi, deseñouse un operativo para evitar que a droga puidese chegar ata as costas españolas. En concreto, sobre as 21:30 horas do día 22 de outubro, co apoio das Forzas Armadas españolas, estableceuse un dispositivo de abordaxe sobre o mercante, que tivo lugar a 600 millas das Illas Canarias, realizado desde un buque da Armada por efectivos do GEO.

Unha vez a bordo localizouse e detivo ao nove membros da tripulación, podéndose localizar nunha primeira requisa de seguridade estruturas e construcións alleas ao que se supón é un buque de carga, as cales serían as que estarían a almacenar o estupefaciente.

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal á praza de Vialia, que se encherá con 75 casetas do Nadal e dúas pistas de xeo; unha pista infantil de 200 metros cadrados e outra pista para adultos de 540 metros cadrados.

Así o explicou o rexedor este domingo nun audio difundido aos medios, e no que anunciou a creación de ‘Vialia On Ice’ –Vialia sobre xeo–, un evento que converterá a praza en “un dos novos epicentros do Nadal de Vigo con decoración, luz, cor, e ambientación sonora”.

“Ao longo da praza de Vialia instalaranse ademais pérgolas e estruturas de madeira, unha especie de jaimas, que xerarán corredores repletos de luces”, debullou Caballero. Ademais dun tobogán de trineos, unha árbore de Nadal con iluminación LED de 15 metros de altura e 5 metros de diámetro, e un tren infantil do Nadal.

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

0

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal de xurado, comezará este luns na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, e no banco sentará como acusado José Luís M.C., que se enfronta a case 22 anos de cárcere por asasinato e tenencia ilícita de armas.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron na noite do 6 de abril de 2024, cando a vítima presentouse no domicilio do acusado, na Rúa de Abaixo do barrio de Coia, e este, de forma sorpresiva, abriulle a porta e disparoulle dúas veces cunha escopeta de caza.

Un dos disparos impactou á vítima –coñecido do acusado– na cara e causoulle a morte, mentres que outro foi a dar contra un vehículo estacionado, provocando danos materiais. A Fiscalía sostén que, no momento dos feitos, José Luís atopábase baixo os efectos do cannabis e a cocaína. Ademais, sinala que o acusado padece trastornos mentais e de comportamento por consumo de alcol e opioides, e tamén un trastorno de actividade e atención, polo que as súas facultades volitivas estaban “levemente” mermadas.

Por iso, pide que se lle aplique a circunstancia atenuante de alteración psíquica. En vista dos feitos, o ministerio público pide unha condena de 19 anos e 11 meses polo delito de asasinato, e de 1 ano e 11 meses pola tenencia da escopeta, sen licenza e co número de serie parcialmente limado e ilexible. Tamén pide que se lle prive do dereito de portar e ter armas por 4 anos e 11 meses.

En concepto de responsabilidade civil, reclama que o acusado indemnice aos familiares do falecido (pais, irmás e fillos) en cantidades que suman case 374.000 euros, ademais doutros 4.700 euros polos gastos do enterro e outros 609 euros ao propietario do vehículo que resultou danado por un dos disparos.

DETENCIÓN E DECLARACIÓN ANTE O XULGADO

O acusado foi detido momentos despois dos feitos e, na súa declaración ante o xulgado de instrución número 2 de Vigo, asegurou que disparou á vítima porque este home previamente ameazouno cunha machada.

Segundo manifestou nese momento, actuou en defensa propia porque o falecido presentouse na súa casa cunha machada e non era a primeira vez que o ameazaba ou mesmo que o agredía.

José Luís M.C. vinculou o sucedido coas diferenzas existentes entre ambos os dous relacionadas co tráfico de estupefacientes, xa que a vítima era quen, asegurou, fornecíalle droga para a súa posterior venda ao ‘menudeo’, e el non estaba de acordo coa forma en que xestionaba o ‘negocio’. Tras a súa declaración no xulgado, o investigado ingresou en prisión provisional, onde permanece desde entón.

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de que, “se se confirma” a intención do Goberno de Uruguai de romper o contrato de 82 millóns de euros para a construción de dúas patrulleiras de vixilancia, será “malo para todo o sector naval” de Vigo.

Así o trasladou en declaracións aos medios, con motivo da celebración dunha xornada técnica organizada por Navalia (feira do sector naval que preside o propio García Costas). Segundo explicou aos xornalistas García Costas (que matizou que é accionista do estaleiro pero non forma parte da dirección técnica do mesmo), produciuse un “incidente” antonte co goberno de Uruguai, que “pode ter certa gravidade”, aínda que asegurou que descoñece os detalles, e sinalou que o director de Cardama viaxará a ese país “para resolver ese tema”.

En calquera caso, advertiu de que “se se confirma” esa ruptura do contrato, “será malo para todo o sector naval” da cidade. Así mesmo, afirmou que, cando hai un cambio de goberno, “sobre todo nun país que ten os antecedentes que ten”, os que chegan trata de “buscar nos caixóns as cousas dos que acaban de saír, e iso dá lugar a certos movementos”. “Se hai algunha cousa que non se fixo demasiado ben, acentúa os problemas que poida ocasionar (…) eu espero que se resolva”, engadiu.

RUPTURA DO CONTRATO

Nas últimas horas fíxose público que o Goberno de Uruguai cancelou un contrato para a fabricación de dúas patrulleiras de vixilancia oceánicas tipo OPV (‘offshore patrol vessel’) por ao redor de 82 millóns de euros debido a, segundo alegou o Executivo do país suramericano, os “fortes indicios de fraude ou estafa ao Estado”.

Segundo explicou o Goberno de Uruguai nunha rolda de prensa, Cardama debía presentar unha garantía de “fiel cumprimento” da licitación que equivalía ao 5% do contrato total da obra (ao redor de 4,1 millóns de euros). É dicir, que se Cardama non cumpría co contrato, o Goberno de Uruguai podía executar a garantía e recibir ese importe.

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado Monterrey de Vigo fronte ao “acoso” que a menor sufriu durante dúas semanas por parte dun grupo de alumnos de sexto curso. Os pais participaron nunha concentración diante do centro e esixiron responsabilidades á dirección e ao profesorado.

Segundo relataron, souberon dos feitos grazas a outra alumna que advertiu os seus pais, e criticaron que o colexio non activase o protocolo ata que eles mesmos o solicitaron. “Arrastrábana polo chan, subíana ás árbores e tapábanlle a cabeza con sudadeiras. Non é violencia illada, é acoso”, asegurou a nai.

A familia sostén que existen polo menos outros tres expedientes abertos por casos similares e denuncia a “falta de medidas iniciais” a pesar de que outros estudantes alertaron o centro. “Descoñecemos as sancións impostas; só sabemos que abriron cinco procedementos correctores”, explicaron.

Durante a concentración, unha portavoz leu un manifesto no que se cualificou de “grave” a resposta do colexio e se reclamou á Xunta e á Inspección Educativa “que actúen de oficio cando un centro minimice unha agresión”.

Os proxenitores subliñaron que non buscan vinganza, senón “xustiza e seguridade”. Criticaron, ademais, que se pedise á menor identificar os agresores en clase, o que consideran “un erro imperdoable”. “Non é protección, é estigmatización”, concluíron.

XUNTA

Pola súa banda, a consellería de Educación está “encima” do caso dunha nena de 5 anos, do Colexio Monterrey de Vigo, que supostamente sufriu agresións e comportamentos violentos por parte doutros alumnos do centro que lle dobran a idade. Así o trasladou a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, que este venres acompañou ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao colexio Javier Sensat da cidade olívica.

Segundo explicou, os cinco “procedementos correctores” abertos a outros tantos alumnos por parte da dirección do colexio, enmárcanse nunha fase previa do protocolo acoso escolar. Por tanto, os procedementos están nunha etapa preliminar de investigación.

Dentro desta primeira fase, desenvolvida nos últimos días, o centro elaborou un ditame no que conclúe que “non observa unha situación de acoso, tecnicamente falando, pero si se observa unha situación gravemente prexudicial para a convivencia”, polo que abriu este cinco protocolos.

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco “procedementos correctores con sancións” no marco da investigación iniciada tras a denuncia dunha familia dunha nena de 5 anos, que denunciou unha situación de acoso escolar por parte de alumnos de sexto de Primaria.

Segundo informaron fontes de Educación, o equipo de actuación contra o acoso escolar do centro, composto por varios profesores, tras as investigacións iniciais, determinou que existiron “condutas contrarias á convivencia” e por iso abríronse os procedementos sancionadores aos alumnos implicados.

As mesmas fontes explicaron que o servizo de Inspección Educativa “seguirá supervisando o correcto desenvolvemento por parte do centro do procedemento establecido no Protocolo Educativo para a prevención, a detección e o tratamiendo do acoso e o ciberacoso escolar”.

A Consellería reiterou a súa posición de “tolerancia cero” ante este tipo de condutas e volveu a apelar ao “compromiso colectivo” para combater comportamentos contrarios á convivencia, e para “seguir actuando con eficacia e dilixencia” ante calquera posible caso.

A familia denunciante e os seus achegados convocaron para este venres unha concentración ante o colexio para denunciar a situación, que eles consideran de acoso, e para esixir medidas que impidan que se repita.

Veciños de Navia acusan á Xunta de permitir “narcopisos” en vivendas da súa propiedade

Veciños do barrio vigués de Navia denunciaron este xoves a existencia de varios narcopisos en dous bloques de vivendas da rúa Teixugueiras, varios deles propiedade da Xunta, ante a “pasividade” da administración autonómica, e advertiron de que tomarán as medidas legais e públicas necesarias para acabar coa situación que padecen desde hai anos.

Segundo explicou un portavoz dos veciños, Miguel Hernández, aínda que hai anos que hai problemas, a situación agravouse no último ano pola existencia de polo menos catro vivendas (varias delas propiedade do IGVS) nas que se venden e consomen sustancias estupefacientes.

Isto supón a presenza de compradores e consumidores nas zonas comúns dos bloques, vandalismo, ameazas, sucidade e inseguridade. “Os veciños viven con medo“, denunciou, e lamentou que enviaron numerosas cartas á Xunta, pero tamén a outras administracións e autoridades (Valedora do Pobo, partidos políticos, ministerios do Interior e de Vivenda, ou a propia administración da leira), tendo como única resposta “o silencio”.

Este portavoz advertiu de que a Xunta, a través do IGVS é propietaria de máis do 51 % das vivendas e está “a permitir” que se cometan “delitos” neses pisos, polo que esixiron que adopte medidas, xa que os propios inquilinos están a incumprir a lei. Miguel Hernández describiu escenas como pelexas, toxicómanos consumindo drogas en espazos do edificio, persoas baixo os efectos das drogas, ouriños e feces, ameazas e outros casos, que levaron a unha “situación insustentable”.

Por iso, esixiron que se abran expedientes sancionadores, que se rescindan os contratos de aluguer e que se tomen medidas para que estas situacións non volvan repetirse. En caso de persistir a “inacción” da Xunta, avanzaron que tomarán medidas legais e acudirán á Fiscalía ou á xurisdición contencioso administrativa. “Non imos permitir que se siga ignorando a nosa seguridade”, advertiu.

Uruguai cancela un contrato de 82 millóns co estaleiro Cardama denunciando “estafa” e que é unha “empresa de papel”

O Goberno de Uruguai cancelou un contrato para a fabricación de dúas patrulleiras de vixilancia oceánicas tipo OPV (‘offshore patrol vessel’) ao estaleiro vigués Cardama por ao redor de 82 millóns de euros debido a, segundo alegou o Executivo do país suramericano, os “fortes indicios de fraude ou estafa ao Estado”.

Segundo explicou o Goberno de Uruguai nunha rolda de prensa, Cardama debía presentar unha garantía de “fiel cumprimento” da licitación que equivalía ao 5% do contrato total da obra (ao redor de 4,1 millóns de euros). É dicir, que se Cardama non cumpría co contrato, o Goberno de Uruguai podía executar a garantía e recibir ese importe.

“Iso non se cumpriu e fóronse solicitando prórrogas”, detalla o Executivo suramericano nun comunicado, no que engade que “os 45 días transformáronse en 11 meses, o cal é relevante, porque o primeiro barco ía estar construído en 18 meses“. En concreto, Uruguai enviou ao seu embaixador en Reino Unido para executar esa garantía nas oficinas de Eurocommerce, a entidade financeira coa que o estaleiro vigués constituíu o mencionado aval, con todo, no lugar tan só había unha inmobiliaria.

A iso súmase que, segundo os informes que manexa o país, a compañía atópase en “liquidación por inactividade”, que non figura nos rexistros como unha empresa financeira e que parte da información na súa web é “enganosa”. Sobre este punto, fontes de Cardama apuntan que falaron co mencionado banco e que este lles confirmou que cambiou a súa dirección en Reino Unido.

“Hai indicios fortes de que esta empresa é unha empresa de papel e que estariamos ante unha fraude ante o Estado uruguaio e esta garantía non existiría”, argumentou o Executivo suramericano, que indicou que prevé iniciar accións “administrativas, civís e penais”. Neste contexto, cabe sinalar que a adxudicación do contrato a Cardama –que levantou certa polémica no país– produciuse durante a presidencia de Luís Lacalle Pou, do Partido Nacional, mentres que o actual mandatario do país é Yamandú Orsi, da coalición esquerdista Fronte Ampla (á cal pertencía o falecido José Mujica).

Deste xeito, o actual Goberno do país considera que a administración anterior non tomou as precaucións necesarias para constatar que a empresa tivese a capacidade de facer fronte ao compromiso adquirido. “Resulta evidente que estamos fronte a unha situación moi grave que vai requirir unha investigación en profundidade para ver se desta manobra, aparentemente fraudulenta, hai complicidade por parte de funcionarios públicos que actuaron e non resgardaron a defensa do Estado fronte a un contrato millonario”, resaltou o Goberno uruguaio.

CARDAMA DIALOGARÁ CO GOBERNO DE URUGUAI”

“En todo este tipo de contratos, as garantías preséntanse, danse para incumprimentos de contrato. Nós non temos absolutamente ningunha comunicación de incumprimento de contrato. Ninguén nos comunicou incumprimentos de contrato, ninguén. Estamos moi sorprendidos porque nos decatamos pola prensa“, relataron a Europa Press fontes do estaleiro Vigués.

Así mesmo, explican que unha delegación da empresa galega estivo reunida fai un par de semanas coa ministra de Defensa de Uruguai, Sandra Lazo, e que ninguén da administración do país comunicou “nin por escrito nin de palabra” que Cardama estivese a incumprir o contrato. Neste contexto, a intención de Cardama é sentar a negociar co Goberno de Uruguai porque, ao seu xuízo, “non ten ningún sentido que o contrato rompa”. “Outra cousa é que haxa outros intereses que descoñezamos”, apuntaron as fontes consultadas.

No caso de que finalmente se rescinda o contrato, Cardama debería devolver ao Goberno uruguaio, segundo relatan as fontes da empresa, ao redor de 8 millóns de euros en concepto de garantías. A iso sumar que habería que dirimir nos xulgados que ocorrería cos 28 millóns de euros que xa abonou o Executivo suramericano para a construción das patrulleiras.

A construtora naval galega considera que a anulación do contrato suporía un pau para a empresa, pero tamén para Uruguai, que, a xuízo de Cardama, necesita as embarcacións “como auga de maio” para solucionar os “gravísimos” problemas de pesca ilegal e de narcotráfico nas súas costas.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed