InicioSociedadeA cooperación internacional da DEA, fundamental para coller o narcobarco nas Canarias

A cooperación internacional da DEA, fundamental para coller o narcobarco nas Canarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, resaltou a cooperación internacional que deu como resultado a incautación de 6.500 quilos de cocaína con destino ao porto de Vigo. Foi en declaracións aos xornalistas en relación a un operativo no que axentes do Grupo Especial de Operacións abordaron a 600 millas das Illas Canarias e co apoio da Armada Española un mercante que transportaba un peso bruto aproximado nas súas adegas de 6.500 quilos de cocaína. O destino final do buque era o porto de Vigo.

E é que grazas aos mecanismos de cooperación policial internacional, o pasado 8 de outubro recibiuse unha información procedente da axencia americana DEA (Drug Enforcement Administration) na que alertaban das actividades dunha organización criminal internacional que pretendía levar a cabo o transporte dunha gran cantidade de cocaína a través do Océano Atlántico, segundo relatou o corpo de seguridade.

“A operación segue aberta”, aseverou o delegado do Goberno, quen destacou o labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a cooperación internacional tras a última incautación, con desembarque da mercadoría e dos detidos ao porto da Coruña, e con colaboración da Armada francesa.

“Un éxito máis. Nas últimas semanas levamos grandes incautacións e pequenas“, recalcou para incidir en que “se está traballando para frear a chegada de drogas e desmantelando moitos puntos”. No caso deste último comiso, unha vez a bordo, localizouse e detivo aos nove membros da tripulación, podéndose atopar nunha primeira requisa de seguridade estruturas e construcións alleas ao que se supón é un buque de carga, as cales serían as que estarían a almacenar o estupefaciente.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...