InicioSucesosSancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O equipo de actuación contra o acoso escolar do centro, composto por varios profesores, tras as investigacións iniciais, determinou que existiron "condutas contrarias á convivencia" e por iso abríronse os procedementos sancionadores aos alumnos implicados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco “procedementos correctores con sancións” no marco da investigación iniciada tras a denuncia dunha familia dunha nena de 5 anos, que denunciou unha situación de acoso escolar por parte de alumnos de sexto de Primaria.

Segundo informaron fontes de Educación, o equipo de actuación contra o acoso escolar do centro, composto por varios profesores, tras as investigacións iniciais, determinou que existiron “condutas contrarias á convivencia” e por iso abríronse os procedementos sancionadores aos alumnos implicados.

As mesmas fontes explicaron que o servizo de Inspección Educativa “seguirá supervisando o correcto desenvolvemento por parte do centro do procedemento establecido no Protocolo Educativo para a prevención, a detección e o tratamiendo do acoso e o ciberacoso escolar”.

A Consellería reiterou a súa posición de “tolerancia cero” ante este tipo de condutas e volveu a apelar ao “compromiso colectivo” para combater comportamentos contrarios á convivencia, e para “seguir actuando con eficacia e dilixencia” ante calquera posible caso.

A familia denunciante e os seus achegados convocaron para este venres unha concentración ante o colexio para denunciar a situación, que eles consideran de acoso, e para esixir medidas que impidan que se repita.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...