Inicio Blog Páxina 1532

Abel Caballero esixe á Xunta que duplique o número de PCR e de rastreadores en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta de Galicia que duplique o número de PCR e de rastreadores na área sanitaria viguesa e na cidade, e reclamou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que reforce o servizo de Atención Primaria.

O rexedor socialista apuntou que, aínda que a incidencia da COVID-19 en Vigo está por baixo da media galega e da española, deben duplicarse as probas PCR, ata chegar “ás 2.500 ou 3.000 diarias”, porque “é a forma de detectar os contaxios e illalos”.

Así mesmo, pediu que se concrete cantos rastreadores hai na cidade e que se dobre o seu número, e advertiu de que Galicia é unha das poucas comunidades en España que non desvela o número exacto de rastreadores.

Finalmente, reclamou que se incremente o persoal de Atención Primaria na área sanitaria viguesa, porque este servizo está “absolutamente desbordado” e “xa vai sendo hora de que Feijóo se poña a resolver o problema de fondo”.

Abel Caballero volveu criticar que a Xunta “oculta” a información sobre a evolución da pandemia, ao non concretar o número de casos de COVID-19 por municipios, e lamentou que o conselleiro de Sanidade, con quen falou por teléfono a pasado fin de semana, negouse a facilitarlle esa información “por unha prohibición expresa de Feijóo”.

TRAMITACIÓN DE SANCIÓNS

Por outra banda, o alcalde confirmou que este martes o Concello de Vigo empezou a tramitar os expedientes sancionadores derivados de incumprimentos das restricións impostas pola pandemia, que supoñen unhas 600 denuncias.

“Ímolo facer de forma subsidiaria, e coa capacidade xurídica xusta, pero imos suplir a incapacidade da Xunta. Xa que a Xunta non é capaz, aínda que sexa a súa obriga, ímolas a tramitar nós, porque non queremos que os negacionistas campen pola cidade”, proclamou Caballero.

Caballero carga contra a Xunta polo peche dos comedores escolares: “moitos nenos non comerán”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este martes a súa “preocupación” pola situación dos comedores escolares xestionados pola Anpa da cidade, que non abrirán ao comezo de curso pola ausencia de protocolos claros de seguridade antiCOVID, e urxiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que sexa el persoalmente o que “tome cartas no asunto” para solucionar esa “gravísima” cuestión.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, no caso da cidade, a metade dos comedores escolares estarán pechados e urxiu á Xunta a establecer “diálogo de forma inmediata” coas Anpas porque “moitos nenos, se non comen no comedor, sinxelamente non comen” e porque este servizo “é unha forma de conciliar para os seus pais e nais”.

O alcalde asegurou que o Concello de Vigo facilitará a flexibilidade horaria para os funcionarios con fillos usuarios destes comedores, pero lamentou que o goberno galego “mira para outro lado”. “Quero acender a luz vermella, isto é dunha gravidade extrema e pídolle ao presidente da Xunta que tome cartas no asunto el persoalmente, non vale un xefe provincial, que non ten nivel para resolvelo”, advertiu Caballero.

“Quero que responde disto o presidente da Xunta”, insistiu o rexedor, que recibirá en próximos días á Federación Olívica de Anpas, e que afirmou que a Xunta “recibe 100 millóns de euros do Goberno de España para atender a Educación”. “A que os dedican? Non contratan profesores, non acondicionan os espazos, non atenden aos comedores, onde están eses 100 millóns?”, cuestionou Abel Caballero, quen proclamou que “haberá nenos que non van comer, e diso responderá a Xunta”.

FONDOS SEN CONCRETAR

Pola súa banda, fontes da Consellería de Educación consultadas por Europa Press precisaron que Galicia, a día de hoxe, segue sen coñecer cal é a cantidade de fondos que lle corresponden dos anunciados polo Executivo central para a volta aos colexios.

Así mesmo, apuntaron que non só non se coñece a cantidade, senón que tampouco se informou das condicións nas que se fará a transferencia, que non aínda non se produciu.

Os debates provinciais terán lugar este mércores ás 10 da mañá na TVG

0

A Televisión de Galicia emite este mércores a partir das 10,00 horas os debates provinciais entre candidatos do sete principais forzas –PP, Marea Galeguista, PSdeG, BNG, Galicia En Común, Ciudadanos e Vox– que compiten nas eleccións autonómicas deste 12 de xullo.

No caso de Pontevedra, intervirán Alfonso Rueda (PPdeG), Peque González (Marea Galeguista), Xullo Torrado (PSdeG), Luís Bará (BNG), Eva Solla (Galicia en Común-Anova Mareas), Fátima Iglesias Ferreira (Cs) e Antonio Ramilo (VOX).

Os debates serán moderados polo xornalista Francisco López Iglesias e ofreceranse en desconexión provincial a partir das 10,00 horas, dentro do espazo informativo ‘Bos Días’, segundo informa a Corporación Radio Televisión de Galicia.

Os encontros repiten o esquema do debate entre cabezas de lista celebrado na noite do pasado luns na Televisión de Galicia. Así, haberá catro bloques temáticos –coronavirus, economía, políticas sociais e gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado– nos que non haberá quendas fixos de intervención.

Deste xeito, será o moderador quen reparta os tempos “da forma máis equitativa posible”, segundo detalla o ente público. Os debates terán unha hora de duración e serán gravados no Estudo 5 da sede da CRTVG en San Marcos, en Santiago, mesmo emprazamento que o debate a sete do luns.

As emisións serán repetidas pola G2, a segunda canle da TVG, tras o Telexornal Serán entre o mércores e xoves. Deste xeito, poderán verse os debates de candidatos de Lugo e Ourense o mércores a partir das 23,00 horas. Á mesma hora, pero un día despois, ofreceranse os encontros provinciais de Pontevedra e A Coruña serán repetidos.

Deteñen un home por violencia de xénero no Porriño

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron nas últimas horas a un mozo, J.C.S.R., como suposto autor dun delito de violencia de xénero. Trátase do segundo detido por este motivo na localidade porriñesa durante o estado de alarma.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos tiveron lugar na noite do martes, cando a Policía recibiu unha chamada que alertaba sobre unha pelexa entre dous mozos. O demandante do servizo era un familiar da vítima, e activouse o protocolo ‘Viogen’.

Unha vez no domicilio, e tras entrevistarse coa vítima e o suposto agresor, os axentes procederon á detención de J.C.S.R., mentres que se prestou asistencia á muller.

Esta é a segunda detención por un caso de violencia xénero no Porriño desde que decretou o estado de alarma, despois do arresto, o pasao 22 de abril, doutro veciño. Naquel caso, foi a propia muller a que alertou á Policía tras ter unha discusión coa súa parella.

Marea de Vigo reclama persoal e orzamento para a Escola de Artes e Oficios

O grupo municipal Marea de Vigo presentará unha moción ao pleno deste luns na que reclama ao goberno local que dote de persoal e de recursos suficientes á Escola Municial de Artes e Oficios (EMAO).

Así o trasladou en rolda de prensa a concelleira Oriana Méndez, quen lembrou que a EMAO é unha institución centenaria (funciona desde 1895) e emblemática da cidade que, desde 2015, cando deixou de ser un organismo autónomo, sufriu un “adelgazamento” no seu persoal e nos seus recursos.

A situación chegou ata o punto de que, actualmente, hai varias especialidades que aínda non empezaron o curso por falta de docentes, como debuxo artístico, moda e confección, ourivaría, pintura e serigrafía artística. Ademais, outro dos ensinos máis recoñecidos, a de luthería antiga, “foi eliminada”.

Por iso, Marea reclama ao goberno que cubra as prazas de docentes para que esas clases poidan comezar á volta de vacacións de Nadal, e que cree unha bolsa de contratación para permitir cubrir as baixas de profesorado e volver impartir luthería antiga.

Así mesmo, pediu que se incremente o orzamento destinado a esta institución, e que se establezan mecanismos de diálogo cos alumnos para buscar fórmulas de recuperar as horas lectivas perdidas, e acelerar a súa incorporación ás clases.

Finalmente, Marea pediu ao goberno municipal “un xesto” con esta institución, e propuxo que se lle entregue en 2020 a Medalla da Cidade.

O dono da pirotécnica, presunto autor da explosión de Paramos (Tui), pasou xa a disposición xudicial

O dono da pirotecnia La Gallega, detido o pasado mércores como presunto autor dos delitos de homicidio imprudente e estragos pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal na parroquia tudense de Paramos, pasou este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Tui.

O detido, F.G.L., chegou aos xulgados da localidade pouco antes das 11:00 horas nun coche da Guarda Civil. Acompañado por dous axentes, coa cabeza oculta por unha carapucha entrou no edificio rodeado por gran expectación e ante a presenza de numerosos xornalistas.

Este home foi arrestado na tarde do pasado mércores, poucas horas despois de que explotase un almacén clandestino de material pirotécnico que F.G.L. tiña nun alpendre anexo á vivenda dun familiar.

Como consecuencia da devandita explosión, faleceu un matrimonio dunha vivenda próxima sepultado polos cascallos; 37 persoas resultaron feridas de diversa consideración; e centenares de vivendas rexistraron danos materiais, nalgúns casos, irreversibles.

Nova protesta contra a peaxe Vigo-Redondela

A Asociación Veciñal de Teis Chapela e Trasmañó convocou este sábado unha manifestación para esixir a supresión da peaxe da AP-9 no tramo Redondela-Vigo, e a súa conversión en tramo urbano. A mobilización comezou na rotonda de Padín e transcorreu ata a Avenida de Buenos Aires.

Á protesta acudiu, entre outros rostros coñecidos, o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego, que reclamou a aplicación do acordo de investidura entre o BNG e o PSOE nesta materia.

“Unha das reivindicacións históricas dos veciños de Vigo e Redondela é a eliminación de peaxes do tramo entre estes dous concellos. Non pode ser que, a día de hoxe, se siga pagando por un percorrido de 10 minutos que conecta dous municipios limítrofes“, dixo Rego.

Así mesmo, o deputado reclamou a humanización do tramo que comeza nas Torres de Padín e a mellora dos pasos elevados. “Hai que eliminar o tráfico pesado en Teis e Chapela e mesmo instalar pantallas contra o ruído”, explicou.

DomusVi, 700 euros de comisión por falecido que contrate os servizos dun grupo funerario

0

A información a fixo pública esta mañá o xornal dixital infoLibre onde sinala que o grupo de residencias privado asinou en 2015 (cando o grupo denominábase Geriatros) un acordo comercial con Mémora no que esta última garantizaba unha comisión de ata 700 euros por cada familia dun residente falecido que contratase ao grupo funerario.

Segundo apunta a información de infoLibre, o contrato foi actualizado en 2018 e segue en vigor actualmente aínda que segundo sinalan a comisión aparece enmascadara como unha “cesión de uso de espazos” nas residencias de DomusVi para que Mémora atenda aos familiares.

A versións das partes

Segundo recolle a mesma información de infoLibre, a portavoz do grupo xeirátrico “DomusVi non cede datos dos seus residentes nin familiares a Memora. Únicamente pon en contacto a ambas partes, previo consentimiento”. Unha cuestión posta en dúbida por expertos consultados polo mesmo xornal no relativo ao cumprimento da protección de datos que sosteñen que existe un comunicado previo da defunción do residente e un encargo de tratamentos de datos que “equivale a admitir que Geriatros (agora DomusVi) permite o acceso datos persoais”.

Por outro lado Memora indicou que o acordo de “colaboración engade unha tarefa de promoción comercial” e respeta o dereito á liberdade de elección da familia para escoller o servizo funerario, sen exclusividade.”

A conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, defendeu en novembro de 2020 perante a comisión parlamentaria manter a colaboración público-privada no sistema de residencias, porque sitúa o seu custo “en niveis razoables” e cambialo podería facelos “inalcanzables”. Por iso, apostou por “avaliar con precisión os custos” cando se fale dun eventual cambio, porque a súa medicalización suporía “duplicar o gasto en saúde” ou “aumentar de forma moi significativa” o prezo de cada praza.

Domusvi xestiona en Galicia 30 xeriátricos. Durante a primavera de 2020 faleceron 2100 residentes nas súas residencias en toda España. Foi a segunda compañía con maior impacto por covid.

A área de Vigo rexistra un falecemento por Covid

0

Sete persoas morreron este domingo diagnosticadas de covid-19, polo que Galicia suma 1.319 falecementos desde o inicio da pandemia, segundo datos de Sanidade. Unha delas, unha muller de 82 anos no Centro Hospitalario de Vigo.

Tamén un home de 91 anos, faleceu no CHOP de Pontevedra e procedía da residencia Soremay desa cidade. Outros dous homes de 82 e 69 anos morreron no CHUAC da Coruña e outro home de 77 anos no Hospital de Ourense.  Tamén o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago rexistrou un home falecido de 80 anos e o Hospital Lucus Augusti de Lugo, outro home de 79 anos. Todos eles tiñan patoloxías previas. 

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed