A información a fixo pública esta mañá o xornal dixital infoLibre onde sinala que o grupo de residencias privado asinou en 2015 (cando o grupo denominábase Geriatros) un acordo comercial con Mémora no que esta última garantizaba unha comisión de ata 700 euros por cada familia dun residente falecido que contratase ao grupo funerario.
Segundo apunta a información de infoLibre, o contrato foi actualizado en 2018 e segue en vigor actualmente aínda que segundo sinalan a comisión aparece enmascadara como unha “cesión de uso de espazos” nas residencias de DomusVi para que Mémora atenda aos familiares.
A versións das partes
Segundo recolle a mesma información de infoLibre, a portavoz do grupo xeirátrico “DomusVi non cede datos dos seus residentes nin familiares a Memora. Únicamente pon en contacto a ambas partes, previo consentimiento”. Unha cuestión posta en dúbida por expertos consultados polo mesmo xornal no relativo ao cumprimento da protección de datos que sosteñen que existe un comunicado previo da defunción do residente e un encargo de tratamentos de datos que “equivale a admitir que Geriatros (agora DomusVi) permite o acceso datos persoais”.
Por outro lado Memora indicou que o acordo de “colaboración engade unha tarefa de promoción comercial” e respeta o dereito á liberdade de elección da familia para escoller o servizo funerario, sen exclusividade.”
A conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, defendeu en novembro de 2020 perante a comisión parlamentaria manter a colaboración público-privada no sistema de residencias, porque sitúa o seu custo “en niveis razoables” e cambialo podería facelos “inalcanzables”. Por iso, apostou por “avaliar con precisión os custos” cando se fale dun eventual cambio, porque a súa medicalización suporía “duplicar o gasto en saúde” ou “aumentar de forma moi significativa” o prezo de cada praza.
Domusvi xestiona en Galicia 30 xeriátricos. Durante a primavera de 2020 faleceron 2100 residentes nas súas residencias en toda España. Foi a segunda compañía con maior impacto por covid.