Ao redor de 200 persoas protagonizaron este xoves, 18 de xuño, unha marcha cívica que partiu do concello de Cangas ás 20:00 horas. Fixérono en solidariedade e busca de xustiza para as vítimas contaxiadas e falecidas nas residencias e en demanda de “servizos 100% públicos e de calidade para a dependencia”, en contra da súa privatización.
A marcha estivo organizada polo Movemento en Defensa das Pensións Publicas MODEPEN, as Traballadoras de Residencias de Galicia TREGA e a asociación de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna. Con todas as medidas de seguridade en regra, unhas 200 persoas mobilizáronse “contra a privatización que converte os maiores e dependentes nunha mera mercadoría coa que especular”, denuncian nun comunicado.
As persoas maiores, din, “quedan en mans de empresas cuxa única bandeira son os cartos e que non dubidan en recortar custes en comida, en persoal e en coidados ata chegar aos actuais niveis xenocidas de atención en moitas das nosas residencias”. Ademais, lembran que os “recortes” provocaron, no marco desta pandemia, que calquera persoa usuaria dunha residencia privada tivera “24 veces máis de probabilidades de morrer” ca unha persoa dunha residencia pública.
Instan a sociedade galega, xa que logo, a “deixar de mirar para outro lado e dicir basta ao maltrato, neglixencia e abandono que sofren os dependentes“. Entre as demandas que piden estas asociacións está a de desenvolver unha comisión parlamentaria de investigación e unha nova lei de dependencia que asegure a atención á dependencia “como dereito fundamental” e a atención aos dependentes “como cidadáns de primeira”. Por último, esixen explicacións ao redor de “por que dos 274 mortos en residencias, máis de 130 morreron dentro delas sen que se derivasen a hospitais”.
A Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas (ARIVEN) reclamou a adopción dun plan de adaptación e recuperación do sector a través dun informe no que analizou a situación do mesmo na zona e as consecuencias derivadas da pandemia.
Así, búscase garantir a recuperación da actividade dun modo seguro, segundo explica a Autoridade Portuaria de Vigo, que lidera esta entidade que aglutina 21 empresas. Para iso, insistiuse na necesidade de articular protocolos adaptados a cada actividade nos que se concreten as medidas que se deben adoptar.
Tamén se sinalou que estas guías deben analizar a viabilidade do virus nos materiais utilizados na actividade náutica e incidiuse na necesidade de dispor do suficiente material de protección para traballadores e usuarios dos servizos.
Do mesmo xeito, a asociación apostou polo desenvolvemento dunha liña de actuación sensibilizadora e divulgativa que presente a náutica como unha alternativa de lecer segura.
Así mesmo, apostouse por que se adopten medidas de apoio económico ao sector ante a práctica paralización da actividade na ría, que se limitou ao transporte de pasaxeiros, o abastecemento de produtos esenciais e o mantemento de grandes embarcacións.
En concreto, demandouse ao Goberno desenvolver liñas de préstamos específicos para o sector co obxectivo de garantir a liquidez das empresas, así como que se reduzan as taxas e impostos portuarios. Tamén se apostou por unha emisión de bonos subvencionados polo Estado destinados á realización de actividades do ámbito náutico tras o estado de alarma e propúxose a creación dun grupo de traballo específico que elabore medidas adecuadas ao sector.
PROMOCIÓN
Adicionalmente, a asociación, como entidade aglutinadora do sector, apostou por desenvolver un plan de promoción do deporte náutico na ría de Vigo xunto á Administración.
Nesta liña, ARIVEN incidiu en que as axudas destinadas ao sector turístico deben incluír a náutica deportiva e recreativa dada a súa relación co mesmo na zona. Ademais, debido á contribución ao “enriquecemento” e o desenvolvemento socioeconómico da contorna da ría de Vigo que leva a náutica, chamou a acelerar a recuperación a súa actividade. Así, destacou que se poden adoptar medidas de seguridade no sector con “facilidade”.
CONSECUENCIAS
ARIVEN sinalou tamén que o estado de alarma afectou as actividades náuticas que non dispoñen de capacidade para adaptarse ao teletraballo ou que non poden realizarse co mantemento da distancia de seguridade. En concreto, apuntouse que as maiores perdas rexistráronse en clubs naúticos e escolas deportivas, así como no turismo náutico, a construción de embarcacións e a formación.
Ante esta situación, o informe da entidade reflectiu que as consecuencias máis inmediatas rexistráronse no descenso da facturación do sector e no seu número de traballadores. Ademais, dado que se prevé que as medidas de distanciamento social e de limitación de eventos se prolonguen durante o verán, estímase que o impacto da crise incrementarase nos próximos meses debido á estacionalidade do sector.
Uns 1.300 galegos uníronse xa ao Colectivo CoronaVirusmakers para deseñar, producir e distribuír gratuitamente material sanitario de primeira necesidade fabricado con impresoras 3D a hospitais e centros onde se produce a primeira liña de batalla contra a pandemia do coronavirus.
“Hai xente de todo tipo: enxeñeiros, deseñadores, programadores e moita xente que ten e cede impresoras 3D”, explicou Juan Carlos Ortega, portavoz do colectivo en Galicia, quen explica que a Universidade de Vigo cedeu as súas impresoras a esta iniciativa cidadá que trata de paliar as carencias coas que se está batendo o sistema público de saúde. Os deseños de máscaras, batas ou respiradores son realidades á espera de ser homologados polas autoridades sanitarias para a súa distribución en hospitais, residencias, centros de saúde ou calquera outro lugar ou institución onde este material sexa necesario, que “son todos ou case todos”, segundo detectou CoronaVirusmakers.
De momento, están homologadas unhas viseras de plástico, parecidas ás que utilizan os soldadores, que foron probadas con éxito para minimizar o risco de contaxio do coronavirus e cuxa produción caseira pode alcanzar en Galicia as 2.000 unidades diarias. Hoxe mesmo comezou a distribución en Vigo, e mañá ou pasadomañá como moi tarde farao no resto de Galicia, explica Ortega.
O proceso é artesanal, voluntario e sen ánimo de lucro, de modo que funciona unicamente coas achegas de particulares e empresas interesados en arrimar o ombreiro para superar a pandemia canto antes e da mellor maneira.
Unha destas empresas é a Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (COFANO) que de forma altruísta comprométese a recoller nas farmacias o material que a rede de CoronaVirusmakers vaia deixando nelas para trasladalo a aqueles lugares onde sexa necesario, como o Hospital Povisa, que xa pediu algunhas destas viseras en 3D.
Colabora tamén na distribución Vigofarma, e na produción de batas Mavesa, empresa de Vigo dedicada á fabricación de bolsas, sacos e afíns.“A resposta da xente está a ser espectacular”, recoñece Ortega, quen sinala que a estas alturas a rede CoronaVirusmakers está xa en contacto “con todo o mundo”, incluídos hospitais e o Servizo Galego de Saúde, que segue de preto os seus avances.
Actualmente o colectivo ten en período de probas dúas respiradores, un nun hospital da Coruña e o outro no País Vasco, á espera de comprobar se funcionan como se espera para que os 12.000 membros que en toda España ten o Colectivo CoronaVirusmakers poida comezar a fabricalos. A partir de mañá o colectivo poñerá en servizo unha web que servirá para poñer en contacto oferta e demanda, de maneira que os doantes de material necesario para a produción de material sanitario saiban onde envialo e o Colectivo CoronaVirusmakers poida distribuílo.
“Buscamos contactos para poñer a xente en contacto”, explica Ortega, que lembra que de ningún modo aceptan diñeiro, pero si material, ideas e, sobre todo, impresoras 3D
Non pediden diñeiro
No foro de coronavirusmakers.org advirten que non piden diñeiro, e non teñen campaña algunha para pedir fondos. Podería ser unha estafa máis das que comezan xa a circular na rede. “Chégannos noticias de que se están pedindo fondos ao noso nome, para financiar o proxecto dos respiradores. Non é certo, non fomos nós, somos voluntarios traballando desinteresadamente. Se nalgún momento isto cambia porque sexa necesario fabricar en masa, ou por outra circunstancia, fariámolo saber a través deste foro, da web coronovirusmakers.org e do twitter oficial @CoronavirusMak3 “
A Garda Civil de Huesca detivo un home de 39 anos como presunto autor dun delito de tenencia e distribución de pornografía infantil en Vigo, segundo informou o instituto armado.
A operación, denominada ‘Sinbomba II’, iniciouse no verán de 2018 tras a denuncia dun particular, pola que se detivo unha persoa por un suposto delito contra a liberdade sexual. Ademais, axentes dos Equipos de Delitos Telemáticos (Edite) da Benemérita realizaron unha análise do material informático que se lle incautou.
Tras varios meses de investigación, descubriuse que esta persoa mantivera conversas a través de chats de Internet e que acumulaba numerosos arquivos de contido pornográfico infantil, o que fixo que se abrise unha segunda fase na operación.
Deste xeito, a Garda Civil descubriu que o autor dos feitos, para realizar a distribución do material, accedía a aplicacións informáticas cunha identidade falsa e mantiña conversas con outras persoas nas que lles enviaba contido pedófilo coa intención de recibir novas imaxes ou vídeos.
Unha vez recompilados os datos e arquivos, axentes da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil de Huesca desprazáronse a semana pasada a Vigo, onde detiveron a un home de 39 anos como presunto autor dun delito de tenencia e distribución de pornografía infantil.
O detido quedou en liberdade, coa obriga de personarse en sede xudicial cando sexa solicitado, a requirimento do Xulgado de Instrución número uno de Boltaña (Huesca), onde foron entregadas as dilixencias instruídas.
A Policía Local de Vigo denunciou a catro usuarios de patinetes eléctricos durante o pasado fin de semana por diferentes infraccións.
Segundo informaron fontes policiais, o domingo pola noite foron interceptados un home e unha muller, circulando en senllos patinetes, e que o facían en sentido contrario pola calzada na rúa Colombia.
Por outra banda, tamén se formulou denuncia contra outros dous usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal na madrugada deste luns.
O primeiro deles foi localizado na rúa Jenaro de la Fuente, circulando a gran velocidade pola beirarrúa e facendo zigzag. O condutor de patinete, de 29 anos de idade, non levaba ningún dispositivo luminoso e, ademais, deu positivo no test de alcoholemia (0,48 e 0,46 mg/l) e de drogas (cocaína).
O outro condutor denunciado esta madrugada foi interceptado na Travesía de Vigo, cando circulaba “de forma perigosa”, sen dispositivo de iluminación, e tras saltar dous semáforos en vermello.
A portavoz do grupo municipal Popular de Vigo, Elena Muñoz, propuxo a rehabilitación do antigo aparcadoiro do asilo para os residentes do Casco Vello.
Mediante un comunicado, Muñoz insistiu na importancia do “problema de aparcadoiro” do Centro histórico, que, ao seu xuízo, mediante a medida proposta, podería solucionarse coa creación de 100 prazas. Ademais, criticou que “no canto de buscar unha solución”, ao Goberno local “só ocórraselle multar”.
A concelleira popular tamén volveu a reivindicar a gratuidade do aparcadoiro do Auditorio para que os veciños e comerciantes do barrio de Torrecedeira poidan ter acceso a estas prazas de estacionamento.
Para o BNG de Vigo o resultado do pleno extraordinario de onte mércores, convocado para abordar un asunto de tanta importancia como o grave accidente do Marisquiño, foi “lamentábel”.
“Foi o contrario do que as 467 vítimas, as súas familias e o conxunto das veciñas e dos veciños de Vigo merecemos”, afirmou o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, que xa fixo público que non seguirá no cargo, e compareceu esta mañá en rolda de prensa, acompañado polo deputado no Parlamento galego, Luís Bará.
“Temos que denunciar con claridade que é precisamente a incapacidade duns e doutros de poñer por diante os intereses da cidade, a súa falla de capacidade para cooperar entre institucións, unha das causas que explican o estado de abandono do paseo das Avenidas, do de Bouzas e doutros ámbitos da cidade. A súa incapacidade para poñer Vigo por diante supón, como nos demostrou fatidicamente o accidente do Marisquiño, unha imprudencia temeraria”, aseguraron.
Pleno do Marisquiño/ Miguel Núñez
Sobre esa premisa, o BNG anunciou que se dirixirán formalmente ao Goberno municipal, á Autoridade Portuaria e á Xunta de Galiza para exixir que poñan fin ao enfrontamento institucional e insistir, máis unha vez, na proposta de que se poña en marcha unha Mesa do Porto de Vigo que facilite a cooperación entre todas as administracións e os axentes sociais implicados na vida portuaria e na cidade.
Otero reclamou que de maneira inmediata se realice unha auditoría arquitectónica e de seguridade do estado de toda a superficie e instalacións portuarias de acceso público de cara a acordar a súa remodelación.
Pleno do Marisquiño/ Miguel Núñez
A negativa do Goberno municipal a investigar as circunstancias do grave accidente producido na última xornada do Marisquiño é para o BNG algo “ofensivo e intolerábel”. “É inaceptábel que se neguen a investigar que fallou para que un espazo público da cidade se viñese abaixo poñendo en perigo a vida de millares de persoas”, reprocharon. Por outra parte tamén cargaron contra a actuación do Partido Popular a quen acusan de practicar un “oportunismo cínico” utilizando esta cuestión para a súa guerra partidista.
En resposta a preguntas dos medios de comunicación presentes na rolda de prensa a respeito de quen encabezará a candidatura do BNG de Vigo para as eleccións municipais do próximo ano, Serafín Otero explicou que a organización local está desenvolver o proceso de configuración de candidaturas con “absoluta normalidade, nun excelente clima interno e atendendo os procedementos e prazos definidos a nivel nacional”.
O anuncio de novas subas nas peaxes da autoestrada AP-9 tamén motivou a reacción do BNG. Luís Bará rexeitou esa medida asegurando que “as obras de ampliación da Ponte de Rande e o propio convenio ao que están vinculadas estas subas recolle que en todo caso estas deberían aplicarse o ano próximo”.
Bará cargou contra os reiterados abusos da concesionaria e cualificou de “burla” a falta de acción do goberno do Estado que considera de “total complicidade coa empresa”.
Diante desta situación o deputado presentou no día de hoxe unha batería de iniciativas no Parlamento galego, propoñendo a revisión e anulación dos convenios subscritos entre Fomento e Audasa en 2011 e 2013, por recoller cláusulas abusivas a favor da concesionaria.
“Hai dez días varias centenas de persoas vían como o chan se viña abaixo mentres asistían a un concerto. O derrubamento de boa parte do paseo marítimo das Avenidas provocou 467 persoas feridas. Varias delas de gravidade. Felizmente non houbo perda de vidas nun suceso que podía ter acabado en traxedia. Emporiso, o grave accidente producido na derradeira xornada do Marisquiño debe marcar un punto de inflexión“, subliña Xabier P. Igrexas, responsable da Acción Municipal do BNG en Vigo.
“Despois dunha madrugada contendo a respiración, o shock deu paso a unha pregunta, tan obvia como imprescindíbel: como puido pasar? Vigo é unha cidade con dilatada experiencia na organización de eventos de grande magnitude. Feiras, congresos, festivais, ciclos de concertos”, recorda.
O Marisquiño 2018/ Miguel Núñez
De feito, O Marisquiño leva celebrándose desde o 2001, “e consolidouse como unha referencia mundial na cultura e deporte urbanos. Un evento do que podemos e debemos sentirnos orgullosos e orgullosas. Precisamente por iso coñecer que foi o que fallou é imperativo. Non só para depurar responsabilidades, que tamén, senón sobre todo para evitar que nunca máis poida pasar algo parecido”.
Cooperación
“A investigación xudicial en curso debe, pois, poñer luz sobre o accidente”, destaca P.Igrexas: “Cómpre unha resposta por parte de todas as administracións implicadas e da propia empresa promotora do evento. Autoridade Portuaria, Concello e Xunta, deben poñer en marcha os mecanismos técnicos que permitan determinar que medidas se deben tomar para asegurar a máxima seguridade no uso de instalacións de acceso público como o paseo das Avenidas”.
“É pois a hora da cooperación institucional.De sumar esforzos, capacidades e recursos ao servizo das solucións. Todo o contrario do intolerábel e bochornoso espectáculo que desde o primeiro momento están a ofrecer PSOE e PP, utilizando algo tan grave como este accidente para seguir a mazarse na súa permanente lea partidista. Reproches, acusacións cruzadas e moita verborrea, pero ningún compromiso en buscar solucións”, lamenta.
O responsable do BNG considera moi preocupante “a falla de transparencia por parte do Concello e mais da Autoridade Portuaria a respecto da autorización do evento e das súas condicións de seguridade.
O Marisquiño 2018/ Miguel Núñez
Pero faise especialmente insoportábel ver como o Partido Popular aproveita, sen disimulo nin reparos, o sinistro para facer campaña. Un festival da irresponsabilidade e do oportunismo”.
Para P. Igrexas, “até o momento, os únicos que estiveron á altura foron os servizos de emerxencia e o persoal sanitario. Debemos agradecerlle o seu esforzo profesional, actuando con eficacia e rapidez para atender o prioritario: as vítimas. Son elas, as 467 persoas feridas e as súas familias, as que reclaman facer do Marisquiño un punto e a parte que poña fin a este espectáculo indecente. Son elas as que merecen que ningunha administración se poña de costas e que todas, en conxunto, poñan todos os medios necesarios para atender as súas necesidades. Sanitarias, psicolóxicas e legais”.
Vítimas
“Dez días despois deste grave accidente, sen precedentes na historia da cidade, causa rubor e ofende que aínda non se puxera en marcha unha oficina integral de atención ás vítimas (abrirá este luns), e que teña que ser a Federación Veciñal quen ofreza os seus escasos medios para atendelas. As declaracións de Abel Caballero xustificando a demora nos “prazos administrativos” é dun burocratismo insensíbel que non podemos aturar”, considera.
Marisquiño / Miguel Nuñez
“Abonda xa de tirapuxas partidistas. Abonda de deserción nas responsabilidades. Cómpre investigar a fondo, como vén de propor o BNG reclamando unha Comisión de Investigación no Parlamento de Galiza. Investigar para ter respostas á pregunta chave: como puido pasar? E, por riba de todo, para tomar as medidas para que nunca máis o chan se derrube baixo os nosos pés. Para que o desleixo, duns e doutros, no mantemento de instalacións públicas non volva poñer en risco a vida de ninguén. As vítimas, as súas familias e o conxunto da veciñanza desta cidade non merecen menos”, conclúe.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, vén de presentar un novo curso de cociña
infantil na súa Aula de Cociña da Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26). Así,
durante o mes de xuño impartirase o curso «Verán azul cos pequechefs».
Dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, será impartido por Vanessa Sende os días 4, 11, 18 e 25 de xuño en horario de 18:00 a 20:00 h. Todas as prazas dispoñibles para participar foron cubertas.
Prato elaborado / Photopin
Os asistentes aprenderán a elaborar receitas típicas da dieta mediterránea, ideal para
o verán. Coñecerán produtos saudables e aprenderán a cociñalos, gozando de sabores
e recendos estivais.
Cociñarán «tortisalmón», cítricos azar e chocolate, milanesa de lentellas con xudías e améndoas, pastel mediterráneo con caramelo, paella valenciana, tortiñas de muesli con amorodos, empanadiñas de queixo con espinacas ou milfollas de chocolate e mousse de mango.
O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defende que as administracións autonómicas transfiran competencias aos gobernos locais para “mellorar a atención a cidadáns”. “Os concellos somos a entidade que presta os servizos coa mellor calidade, na proximidade e no diálogo permanente cos cidadáns”, reivindica o tamén alcalde de Vigo, que contrapón esta situación con que “as comunidades autónomas cada vez se afasten máis”.
Por iso, considera que “é o momento” dunha transferencia de competencias desde as administracións autonómicas ás locais. Ademais, sinala que resulta preciso pór fin ao “novo centralismo”, que, ao seu xuízo, aplican algúns gobernos autonómicos e permitir que os recursos cheguen aos municipios para manter a prestación de servizos á cidadanía.
Neste sentido, o presidente da FEMP defenderá a necesidade dunha “segunda descentralización” durante a súa intervención no acto institucional organizado polo Concello de San Fernando (Cádiz) para conmemorar o 211 aniversario das Cortes Xerais e Extraordinarias de 1810 e que terá lugar este venres.
Tras máis de dous séculos das Cortes que promulgaron a Constitución de 1812, Caballero subliña a importancia das cidades “na España moderna” do século XXI. Previamente, na tarde deste xoves, Abel Caballero participará nunha reunión cos máximos órganos de goberno da Federación Andaluza de Municipios e Provincias, pertencente á FEMP, na mesma localidade gaditana.