InicioSociedadeMáis de mil persoas fabrican material médico en 3D desde Vigo

Máis de mil persoas fabrican material médico en 3D desde Vigo

O proceso é artesanal, voluntario e sen ánimo de lucro, de modo que funciona unicamente coas achegas de particulares e empresas interesados en arrimar o ombreiro para superar a pandemia canto antes e da mellor maneira.

PUBLICADO O

Uns 1.300 galegos uníronse xa ao Colectivo  CoronaVirusmakers para deseñar, producir e distribuír gratuitamente material sanitario de primeira necesidade fabricado con impresoras 3D a hospitais e centros onde se produce a primeira liña de batalla contra a pandemia do coronavirus.

Hai xente de todo tipo: enxeñeiros, deseñadores, programadores e moita xente que ten e cede impresoras 3D”, explicou Juan Carlos Ortega, portavoz do colectivo en Galicia, quen explica que a Universidade de Vigo cedeu as súas impresoras a esta iniciativa cidadá que trata de paliar as carencias coas que se está batendo o sistema público de saúde. Os deseños de máscaras, batas ou respiradores son realidades á espera de ser homologados polas autoridades sanitarias para a súa distribución en hospitais, residencias, centros de saúde ou calquera outro lugar ou institución onde este material sexa necesario, que “son todos ou case todos”, segundo detectou CoronaVirusmakers.

De momento, están homologadas unhas  viseras de plástico, parecidas ás que utilizan os soldadores, que foron probadas con éxito para minimizar o risco de contaxio do coronavirus e cuxa produción caseira pode alcanzar en Galicia as 2.000 unidades diarias. Hoxe mesmo comezou a distribución en Vigo, e mañá ou pasadomañá como moi tarde farao no resto de Galicia, explica Ortega.

O proceso é artesanal, voluntario e sen ánimo de lucro, de modo que funciona unicamente coas achegas de particulares e empresas interesados en arrimar o ombreiro para superar a pandemia canto antes e da mellor maneira.


Unha destas empresas é a Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (COFANO) que de forma altruísta comprométese a recoller nas farmacias o material que a rede de  CoronaVirusmakers vaia deixando nelas para trasladalo a aqueles lugares onde sexa necesario, como o Hospital Povisa, que xa pediu algunhas destas  viseras en 3D.

Colabora tamén na distribución  Vigofarma, e na produción de batas  Mavesa, empresa de Vigo dedicada á fabricación de bolsas, sacos e afíns.“A resposta da xente está a ser espectacular”, recoñece Ortega, quen sinala que a estas alturas a rede  CoronaVirusmakers está xa en contacto “con todo o mundo”, incluídos hospitais e o Servizo Galego de Saúde, que segue de preto os seus avances.

Actualmente o colectivo ten en período de probas dúas  respiradores, un nun hospital da Coruña e o outro no País Vasco, á espera de comprobar se funcionan como se espera para que os 12.000 membros que en toda España ten o Colectivo  CoronaVirusmakers poida comezar a fabricalos. A partir de mañá o colectivo poñerá en servizo unha web que servirá para poñer en contacto oferta e demanda, de maneira que os doantes de material necesario para a produción de material sanitario saiban onde envialo e o Colectivo  CoronaVirusmakers poida distribuílo.

“Buscamos contactos para poñer a xente en contacto”, explica Ortega, que lembra que de ningún modo aceptan diñeiro, pero si material, ideas e, sobre todo, impresoras 3D

Non pediden diñeiro

No foro de coronavirusmakers.org advirten que non piden diñeiro, e non teñen campaña algunha para pedir fondos. Podería ser unha estafa máis das que comezan xa a circular na rede.
Chégannos noticias de que se están pedindo fondos ao noso nome, para financiar o proxecto dos respiradores. Non é certo, non fomos nós, somos voluntarios traballando desinteresadamente. Se nalgún momento isto cambia porque sexa necesario fabricar en masa, ou por outra circunstancia, fariámolo saber a través deste foro, da web coronovirusmakers.org e do twitter oficial @CoronavirusMak3

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...