InicioSociedadeMáis de 300.000 euros para a posta en valor do castro de...

Máis de 300.000 euros para a posta en valor do castro de Montealegre en Moañ

Tamén se traballará sobre os petróglifos existentes e acondicionarase un camiño de acceso, coa plantación de especies autóctonas, e construiranse dous portais de entrada para peóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia publicou este luns a licitación, por 320.000 euros, das obras para a posta en valor do castro de Montealegre, un conxunto arqueolóxico situado na parroquia de Domaio, en Moaña.

As actuacións inclúen labores de limpeza, reexcavación arqueolóxica, consolidación e restauración das estruturas, documentación e limpeza de petróglifos, e acondicionamento e sinalización dos accesos.

Os primeiros traballos neste conxunto protexido (incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia) realizáronse entre 1925 e 1926, por un equipo dirixido por Antón Losada Diéguez. Posteriormente, con motivo da construción do Corredor do Morrazo, volveuse a intervir neste conxunto, con sondaxes e escavacións realizadas en 2004.

Entre 2016 e 2017 realizáronse novas actuacións, debido ao desdobramento do corredor para convertelo nunha autovía. Os traballos permitiron conservar ‘in situ’ a totalidade dos restos pero só se fixeron actuacións puntuais de conservación, polo que algunhas estruturas presentan problemas de estabilidade.

Por iso, coa licitación publicada este luns, preténdese abordar un estudo previo da zona (no que se revisará a documentación bibliográfica e documental das escavacións anteriores), para redactar o proxecto de posta en valor, que inclúe a reexcavación, limpeza e retirada de vexetación.

Tamén se traballará sobre os petróglifos existentes e acondicionarase un camiño de acceso, coa plantación de especies autóctonas, e construiranse dous portais de entrada para peóns.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...