InicioO ex alcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño, ingresado no Cunqueiro tras...

O ex alcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño, ingresado no Cunqueiro tras se rescatado nunha praia de Aldán

A súa familia di que o peor xa pasou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exalcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, de 72 anos de idade, permanece ingresado en planta do Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, onde foi evacuado a última hora deste mércores, tras ser rescatado do mar nunha praia de Aldán, en Cangas, cando sentía indisposto.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia e de Urxencias Sanitarias-061, un particular chamou a Emerxencias pouco antes das 21,00 horas do mércores, para alertar de que varias persoas sacaran do mar a un home “cun baixo nivel de consciencia”.

Ata o lugar, nunha praia da parroquia canguesa de Aldán, desprazáronse unha ambulancia e un facultativo da PAC de Cangas, así como unha ambulancia medicalizada con base en Vigo, que foi a que trasladou a Pérez Mariño ao hospital.

O exalcalde de Vigo ingresou polo servizo de Urxencias do hospital vigués e, segundo puido confirmar Europa Press, permanece ingresado en planta. Fontes próximas á familia sinalaron que “o momento crítico xa pasou” e “parece que se vai a recuperar”.

Ventura Pérez Mariño, maxistrado xa xubilado, foi deputado entre 1993 e 1995 e, en xuño de 2003, foi investido alcalde de Vigo polo PSOE e formou goberno co BNG de Lois Pérez Castrillo. Pero as diferenzas en materia de política urbanística acabaron cunha ruptura do pacto e desembocaron nunha moción de censura, na que o socialista perdeu a alcaldía, que foi asumida por Corina Porro (PP) en decembro dese ano, cos votos do seu grupo e do BNG.

ÚLTIMAS

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...

O TSXG tumba a suspensión da licenza do Centro de Asociacionismo de Vigo e a Xunta estuda reclamar os custos ao Concello

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado pola Xunta...

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...