Os Elefantes de Papel despídense por un tempo coa derradeira parte da entrevista realizada á súa volta a Galicia, trala súa experiencia na illa grega de Lesbos, onde tentaron axudar aos refuxiados ou cando menos difundir as condicións nas que sobreviven.
P- Como están levando o retorno ao “primeiro mundo”?
R- Eu (Alberto) era moi de ver a TV para desconectar, agora xa non podo. O outro día estaban lendo o futuro no cú dunha persoa. Como vai saír ben a sociedade? Preguntoume a miña cuñada, ao regresar da viaxe, que tal? Pois readaptándome.
Ti volves, pero eles se quedan. E comeza a parecerte noxenta a sociedade na que vives, unha persoa protestando no supermercado porque non teñen a súa marca de papel hixiénico. No campo de Moria caben 1.400 e hai 8.000 dentro e miles fóra, ao redor. A xente vive a ras, con auga para dúas horas diarias. Hai violencia, é peor que o cárcere porque está fóra de control.
P- Póñense na pel das persoas que atópanse encerradas alí, e tentaron con esta viaxe amosar a todo o mundo esta situación.
R- O medo, a sensación de abandono. Preferirían moitos ter morto afogado que regresar ao teu país. Non hai futuro. E Siria era un país rico, máis que España. Pois pasas a depender das esmolas.
O outro día falábase de que Undargarín estaba triste no cárcere de mulleres, pois estas persoas? En Moria violan a mulleres cada dos por tres, non poden ir solas ao baño. Estaban na súa vida e, de súpeto, no inferno. O ser humano tenta adaptarse… Pero saber que non hai segunda oportunidade, tendo nenos…
Moria estaba a 3 km do Lydl. O día de menos calor eran 31 graos. Pois mirabas familias a pleno sol, camiñando polo asfalto. E igual non era peor que agardar baixo unha lona, rodeados de bechos e virus, e de gardas que por catro duros teñen que controlar a miles de persoas. As condicións son inhumanas.
P- E logo, de volta á terriña, comprobar o vicio no que vivimos.
R- Daste conta de que aquí somos programados constantemente para vivir nesta sociedade, reedúcante desde o colexio, a base de medo. Despois, nun país como Lesbos descobres que non pasa nada se non tes certas cosas. Manipúlannos. Sempre que sae unha noticia de refuxiados na tele, aparece nalgún momento a palabra delincuencia, e bomba, e traballo.
P- Ademais da experiencia cos refuxiados, que anécdota curiosa recordan de Grecia?
R- A forma de conducir. Alí, na illa de Lesbos, deben de caer coches ao mar seguido, que tiñamos que conducir a 20 ou 30 km por hora, eran cantís sen luz. Os semáforos non existen.
Se ves a alguén que leva casco na moto é porque é un vixilante. Multan só aos de fóra: non gritan tanto. Cada vez que morre alguén, deixan un sinal na estrada, basílicas en miniatura. Podes atopar 30 seguidas, a unha beira e a outra”.
ÍNDICE
CAP 0: Entrevista a María e Alberto antes da viaxe
CAP 1: Curando aos nenos o trauma do mar
CAP 2: “O lixo acumúlase ás portas. O cheiro é indescriptible”
CAP 3: “Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten refuxio”
CAP 4: “Unha broma macabra”
CAP 5: “A importancia de sentirse realizado”
CAP 6: “A Policía entrou pola noite no campo repartindo paus e gases lacrimóxenos”
CAP 7: “O vergoñento cemiterio dos Sen Nome, da illa que non podía absorber máis cadáveres”
CAP 8: “Nunca perdas o brillo que ilumina a túa mirada”
CAP 9: Cambiando a perspectiva do que realmente importa
CAP 10: Moria, onde sobreviven a 10 graos, con apenas auga e mal alimentados
CAP 11: “Non podemos deixar atrás esa praia de pedras blancas e cadáveres negros”
CAP 12: “O perfil do refuxiado son familias, que escapan enteiras e chegan a metade”