InicioSociedadeCarmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade”...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata de Nós Universidade pon o foco na planificación, na solvencia e no coidado do capital humano para situar a institución “no lugar que merece” nas eleccións do 6 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este luns a súa campaña para as eleccións ao Reitorado que se celebrarán en maio, reivindicando a importancia de “avanzar con seriedade” e con “planificación”. A catedrática encabeza a candidatura Nós Universidade, unha das tres opcións que competirán nas urnas o vindeiro 6 de maio. Precisamente a idea de planificación, fronte á improvisación, foi un dos eixos máis repetidos do seu discurso, no que puxo o foco na solvencia, na capacidade de xestión e na necesidade de deixar atrás os “parches”.

Nun acto celebrado no auditorio da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, García Mateo quixo tamén poñer en valor os 12 membros da súa candidatura, aos que definiu como un equipo “serio” e con “capacidade de execución”. A aspirante falou da necesidade de coidar o capital humano e de “situar a UVigo no lugar que se merece tanto por talento como por historia”. “Todas as persoas contan”, insistiu, reivindicando os meses de traballo previos que, segundo sinalou, lle permitiron recoller a voz dos distintos colectivos que forman parte da universidade.

Carmen García Mateo repasou tamén os principais eixos da súa proposta, entre eles o seu “compromiso” cunha xestión eficaz, a vontade de impulsar un proxecto compartido e a necesidade de abandonar o “minifundismo” para que a UVigo actúe como “motor de Galicia”. Noutras presentacións previas da súa candidatura tamén defendera unha universidade construída desde os tres campus, con máis autonomía e peso estratéxico para cada un deles.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...