InicioMedio Ambiente e PatrimonioVídeo: Así foi a loita da veciñanza comuneira de Tameiga contra unha...

Vídeo: Así foi a loita da veciñanza comuneira de Tameiga contra unha cidade de cemento

O documental preséntase este sábado.

PUBLICADO O

Ecoloxistas en Acción presenta este sábado 16 no auditorio do centro social As Pedriñas o documental: “Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal‘.
Se realizarán dous pases, ás 18 proxección exclusivamente para a veciñanza comuneira e ás 20h para persoas e colectivos convidados. Ao remate de cada proxección se fará unha pequena charla para recoller as impresións dos asistentes.

O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para defender o seu monte. A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva e macro centro comercial coma un feito consumado ata a actualidade na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir o macro centro nos montes comunais de Tameiga.

A narración do largometraxe aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o pelotazo urbanístico e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescatanse antigas imaxes das mobilizacions que misturanse coas entrevistas.

Coa realización desta testemuña audiovisual, Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga “para que a súa fouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos”.

ÚLTIMAS

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición...

Decretado o ingreso en prisión do home detido pola súa suposta vinculación co crime da maleta

O maxistrado do xulgado de instrución número 4 de Vigo acordou este venres o...